Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

14.10.2011
Aquí chega a Operación Benxamín!!

Carta de presentación da Operación Benxamin 2011

Estimados pais e nais:
Tal e como se comentou no último boletín temos retomado a Operación Benxamín. Este ano desenvolverase a XLIV OPERACIÓN BENXAMÍN, durante os meses de outubro e novembro.

Como sabedes, coa Operación Benxamín intentamos que os rapaces e rapazas vaian descubrindo e disfrutando da montaña en todas as súas vertentes: senderismo, escalada, orientación…. Este ano aumentamos o límite de idade (8-16 anos), para que o gusanillo de descubrir novas formas de pasar o tempo libre lles faga participar na vida actual do Club e tamén que eles mesmos demanden actividades que lles interesen realizar. Sabemos que os rapaces e rapazas de hoxe serán os montañeiros e montañeiras de mañá.

Así, que se queredes que os vosos fillos, sobriños, amigos....estean durante dúas fins de semana e media ampliando os seus coñecementos no mundo da montaña e compartindo ilusións cos seus amigos, .....pasádevos polo club para inscribirlles na XLIV Operación Benxamín. A data límite é o 17 de outubro (luns) e a reunión informativa para os pais e nais é o 14 de outubro ás 20,00h no Local do Club.
Enviámosvos o díptico desta edición, esperando atopedes toda a información que precisades. De todos xeitos, no club vos contestaremos a calquera dúbida que teñades.
Esperamos vervos!!
Un saúdo,

A Sección Infantil




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net