Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

28.05.2011
O noso amigo Guille

A vida da voltas, e ás veces tórcese..iso foi o que lle aconteceu ao noso amigo, irmán e compañeiro do clube Guillermo de Oca Montero, Guille, que participaba no Campamento Galego de Descenso de Canóns en Mondoñedo o pasado día 28, cando sufríu un esvarón accidental durante o descenso do canon do Rego da Augalva, que rematou coa súa vida, e trocou as de todos aqueles que o coñeciamos, xa que era unha magnífica persoa e un grandísimo amigo. Isto é un gran baixón no mundo da montaña galega.

Non me saen as palabras para describir a dor dos seus seres queridos..

A vida segue e hai que asumilo. Ós que o acompañaban nese descenso, Carol, Gelo, Iago e Miguel non lles aconteceu nada, e vendo a imposibilidade de facer nada por él, chamaron aos servizos de emerxencia en canto foi posible, sendo rescatado o corpo sen vida do noso amigo polo helicoptero Pesca 2 que realizou un rescate limpo e sen complicacións.

O seu corpo foi velado no tanatorio Vigo Memorial, onde o luns 30 ás 17:00 se lle fixo unha ceremonia civil de despedida multitudinaria.

Guille, se puideras ver ese momento, estarías orgulloso da inmensa cantidade de xente que te quere e que quixo despedirse de ti. Nada voltará ser o mesmo sen ti.

Con isto despedimos a un gran deportista, amigo e montañeiro que morreu demasiado xove, pero que aproveitou a súa vida ó máximo.

Querémoste Guille, sempre estarás con nós.




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net