Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

08.06.2021
8 DE XUÑO: DÍA DOS OCÉANOS

Hoxe conmemórase o día dos Océanos.

Gustaríanos compartir outras imaxes, pero isto é un resumo do que atopamos.

As catro entidades organizadores: Anduriña, 13 Grados, Greenpeace e Montañeiros Celtas reuniron a un nutrido grupo de persoas participantes ás 10:30h na cabeceira da praia de Areamilla, o obxectivo principal era poñer de manifesto a importancia medioambiental da contorna Punta Balea celebrando á par o Día dos Océanos programando varias actividades para o coñecemento e posta en valor dos elementos existentes: lagoa Congorza, área intermareal, área postmareal, duna, etc.
As actividades programadas consistían en: recoñecemento da zona con un pequeno percorrido, observación de medio vexetal e animal, observación de aves e recollida de lixo na praia de Areamilla e duna.
Esta actividade comenzou cunha minuciosa búsqueda na área que abarca a praia de Areamilla e a súa duna cunha duración aproximada de dúas horas, un total de 60participantes.
O volúmen de lixo recollido é o equivalente a un contenedor e medio. Entre os residuos recollidos, separados e clasificados segundo as indicacións medioambientais, destacan os 286 tarugos das bateas; envases de bebidas en vidrio, lata e plástico; envases e envoltorios de alimentación de plástico; restos de aparellos, redes e cabos; unha aspiradora, un neumático de coche, anacos de porespán e millóns de "boliñas" soltas de porespán, cabichas, paus de piruletas e bastonciños de algodón; envases de cristal, entre outros residuos atopados de xeito testimonial.
Nos fondos mariños os residuos rescatados foron todos plásticos, e unha alfombra.
O Concello de Cangas a través da Concellería de Medioambiente colocaron no lugar indicado os contenedores para depositar o lixo unha vez clasificado e contado.




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net