Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

21.01.2021
COMUNICADO DA FGM

Novas restricións para o deporte federado

As novas con condicións para o deporte federado son as seguintes:

Aprázanse todas as competicións da FGM de todas as especialidades deportivas.
Aprázanse todos os cursos de formación deportiva da FGM.
Todos e todas aquelas deportistas que vivan nun municipio confinado, non se poderán desprazar fora del para os adestramentos.
A FGM non pode emitir certificados de mobilidade e quedan sen efecto os expedidos ata hoxe.
O adestramento terá que ser fundamentalmente individual, e en caso de ser grupal, o número máximo será de catro, excluindo ao adestrador - monitor.
É obrigatorio o cumprimento do toque de queda. Hai que rematar con antelación o adestramento para atoparse na casa segundo o toque de queda vixente.
Aqueles clubs que teñan salas de adestramento terán que cumprir a normativa: grupos máximos de catro, excluíndo o técnico, e sempre que non se supere o 50 % do aforo permitido.
A día de hoxe non temos data de cando se desactivaran as restriccións, supoñemos que estará en función da evolución da pandemia.

A todo o colectivo de federados vos pedimos paciencia e especialmente moita precaución para non verse afectado ou afectada pola infirmidade da COVID 19.




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net