Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

09.03.2020
FALECEMENTO DO NOSO QUERIDO SOCIO ANTONIO VEIGA

Hoxe día 9 de marzo chéganos a triste nova do falecemento do noso querido socio Antonio Veiga Gonzalez.

Antonio Veiga, actualmente o socio con máis antigüidade no Club. Nomeado Socio Distinguido. Foi o primeiro Director da Escola Galega de Alta Montaña, asi como presidente de Montañeiros Celtas durante 12 anos, ocupando ademáis outros cargos directivos no seu amado Club.
Aparte da súa extensa faceta deportiva, a súa xenerosidade é recoñecida por todos os montañeiros e montañeiras galegas.

A onde vaiamos, montañas, covas, mergullo, arqueoloxía, fotos, rúas, en todos lados, hai unha semente túa pola que as montañeiras e montañeiros Celtas nos guiamos.

Dende o Club queremos dar o pésame á súa familia e acompañalos neste momento difícil para todos.

O enterro é mañán día 10 ás 17h no ceminterio de Pereiró.




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net