Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

24.03.2019
23 de marzo: GALA DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

Na Gala da Federación Galega de Montañismo, celebrada o día 23, os premios recoñecidos e otorgados pola Federación Galega de Montañismo houbo unha nutrida participación e nomeamentos de Club Montañeiros Celtas. Os nomeamentos foron:
- Antonio Veiga, membro honorífico da EGAM (foi o primeiro director da EGAM)
- Cholo, membro honorífico da EGAM
- Chito Veiga: membro honorífico da EGAM, á título póstumo. Recolleu o premio a súa filla Marta.
- Moncho Melón: membro honorífico da EGAM, a título póstumo. Recolleu o premio a súa neta Noa e o seu fillo Roi.
- Chus Lago: premio á mellor traxectoria de Montañismo
- Club Montañeiros Celtas: Trofeos ao Mellor club Galego do ano 2018 e dous trofeos máis por participación en competicións de escalada base e por promoción de licencias.

Na foto (feita por Sechu) a entrega do trofeo ao mellor Club, a Presidenta na compaña de Antonio e Cholo.

Estaban, ademáis, as socias e socios: Sara, Sechu, Fernando, Conchi B, Evaristo, Manuel, Xosé Manuel, Zoila, Santi...etc

Felicidades Montañeiras e Montañeiros Celtas!!!




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net