Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

04.10.2018
Yosemite National Park (California,EEUU)

Yosemite National Park (California,EEUU)
O noso socio Joël Rodríguez e amigo xunto a José Juán Domínguez, tamén amigo, fixeron unha boa aventura na parede do Capitán. Mandáronnos un pequeno resumo.
Felicidades!!!

"O dia 19 de agosto Joël Rodríguez (Club Montañeiros Celtas) e José Juán Domínguez (Club Aromón) arrancamos dirección Yosemite National Park (California, EEUU), coa intención de escalar a parede do Capitán. Esta parede mide aproximadamente 900m de altura, o noso principal obxectivo da viaxe era ascender esta parede pola vía Triple directa en menos de 24 h. Con unha lonxitude no seu percorrido de 1100m aproximadamente, a media de días que se sole invertir para ascender é de 3 a 4 días, esto supón transportar auga e comida entre outros para afrontar esos días na parede, o noso proxecto básase en intentar realizar no día e polo tanto adoptar unha estratexia de ascender máis rápido e máis lixeiros. Finalmente o ascenso conseguiuse nun total de 38h en total dende a base da parede ata o cúmio, tendo que facer unha noite na parede, o ambicioso proxecto de facela en menos de 24h non pudo ser, pero só o feito de intentalo mereceu a pena e témolo disfrutado. Unha vez realizado o plan principal, realizamos máis actividades de menor envergadura en outras paredes emblemáticas do valle como a combinación das vías Moratorium con East Buttress ao capitán, e a impresionante Leaning Tower entre otras. Desde aquí agradecer á xente que de forma directa ou indirecta nos tendes apoiado e seguido neste gran proxecto. Gracias e unha forte aperta."




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net