Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

23.12.2017
14 de decembro. HOMENAXE A ANTONIO VEIGA

Publicada en Faro de Vigo unha carta ao director sobre a entrañable a homenaxe a Antonio Veiga

Homenaxe a Antonio Veiga
antonio veiga ferro
vigo
18.12.2017 | 04:31

O pasado 14 de decembro o Club Montañeros Celtas homenaxeou ao seu socio máis antigo, Antonio Veiga.

Din que as homenaxes se reciben cando xa non se precisan. Eu son máis da opinión de que as homenaxes non se fan polo homenaxeado, senon para todos os demáis. Para que lembremos que na vida hai xente extraordinaria. Xente que cando chega onde nós xa quedamos contentos, continúan avanzando. E marcan o destino de moitos outros.

Como uns irmáns que un día colleron un tranvía e unha mochila cuns bocadillos e foron facer unha escursión ao monte. Desa primeira viaxe, sendo moi novos, queda un legado na figura dos dous irmáns Veiga, Chito, e o homenaxeado Antonio.

Esa primeira viaxe foi o detonante dun amor pola montaña, por visitar lugares, coñecer xentes, aprender e rexistrar toponimia, historia? E por ensinar a outros e outras.

Desa labor docente, como dixo Chus Lago no homenaxe, é resultado en parte que unha rapaza acabara coroando oitomiles. Desa inquedanza por descubrir a nosa terra por arriba e por abaixo é resultado que no máis fondo das Covas do Rei Cintolo exista un río chamado Celtas. Dese desexo de coñecer xente quedan viaxes ao Kilimanjaro, o Atlas, o Matterhorn e moitos máis.

No montañismo poden coroarse montañas, ou corazóns. Únicamente a xente extraordinaria conquire ambos. Logra deixar unha pegada non so en cumios de diferentes continentes, senon en xeracións e xeracións de nenos e nenas que, coas súas palabras, co seu exemplo, desenrolaron un amor pola natureza dos que quedan de por vida. Eles mesmos, esas primeiras xeracións de montañeiros, non son conscientes do impacto que tiveron en tantas e tantas vidas. Actos como o do día 14 sirven para deixalo claro.

Non sei se o meu pai precisa dunha homenaxe. Ou de cen. O que si teño claro é que todos os que estivemos reunidos nese acto precisamos que exista máis xente como Antonio Veiga.




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net