Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

16.01.2014
Estimados socios, nos comprace informarvos que para mergullarnos con bo pé neste próximo 2014, a Escola de Mergullo de Montañeiros Celtas convoca para a segunda semana do mes de xaneiro, curso de iniciación ao mergullo con equipo autónomo. A continuación describímosvos en que consistirá o curso, así como todos os detalles do mesmo.
01.01.2014
Dende a Xunta Directiva desexámosvos un maravilloso ano 2014!!
09.10.2013
Sechu atópase xa en Kathmandu, descansando, celebrandoo con outros alpinistas e poñendo orde no seu material á espera da viaxe que o traerá de volta á nosa cidade o día 13. Moitas felicidades Sechu, esperámoste desexosos de celebralo contigo!!
02.10.2013
Acaban de comunicarnos que Sechu alcanzou o cumio, pero non o cumio principal, e que está volvendo ao C1.
Cando teñamos novas comunicámolo via web.

Felicidades ao noso socio e tamén a todo o club.
01.10.2013
Sechu López xa se atopa no Campo 3, e mañá, día 2 ten previsto facer cumio!!

Ánimo Sechu que xa non queda nada!!
28.09.2013
Comenza o ataque ao cúmio, hai previsións de bo tempo e se todo vai ben, o día 2 teremos a Sechu no cúmio do Shisha Pangma.

Denque aquí moita sorte para Sechu e todos os demáis alpinistas que van coincidir na ascensión ese día, animo!!
28.09.2013
O Pindo, o noso outro "Galiñeiro" ardeu. A plataforma "Monte Pindo Parque Natural" organiza un roteiro para o día 28 de setembro.

Dende o Club cordinamos o desprazamento a zona fletando un autobús, que sairá o sábado as 08:30 horas dende Celtas e regresará despois de xantar.

Prezo do bus: 13€
19.09.2013
No día de hoxe Sechu alcanzou o C2, e descenderá ao C1 e CB en canto descanse un pouco, seguindo coa fase de aclimatación.

Ánimo sechu que xa o tes!!
11.09.2013
Despedimos o día dous ao noso socio e amigo Sechu e nestes momentos encóntrase no Campo Base Chino a 5020 m, no Tibet. Ten un par de días máis para aclimatar e a continuación comenzará as aproximacións cara o cumio. Todo está indo sobre o previsto sin incidentes de importancia. ¡MOITO ÁNIMO SECHU!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net