Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

19.12.2014
SORTEO NAVIDEÑO!!!!

O próximo día 19 de decembro na festa de fin de ano sortearanse dúas mochilas como a da fotografía. Cada número custa 1 euro, e poderanse coller un máximo de 5 números por persoa para cada mochila. (Teredes que estar presentes na festa para recollela!!).

Podedes participar ata o mesmo día da festa!!!! Animadevos!!

Sorte a todos!!!
13.12.2014
O dia 13 de decembro celebráronse as elección na Federción Galega de Montañismo, concurrindo a elas dous candidatos á presidencia, o que non sucedía dende hai moitas décadas. Os candidatos eran Adolfo Puch, presidente saínte, e Alejandro López. Resultando elexido Adolfo Puch.

A asemblea quedou constituída por 20 clubs, entre os que se encontra Club Montañeiros Celtas, 9 deportistas, dos que dous, Antonio Alemparte e Fernando Fernández, son de Celtas, 2 técnicos e 2 árbitros dos que un, Manuel Domínguez, é tamén de Celtas, máis o noso Club non acadou suficiente respaldado para entrar na Comisión Delegada.

É de resaltar a masiva participación de Clubs e deportistas de toda Galicia o que consideramos moi positivo para o montañismo e esperamos que non decaiga o ánimo.

Felicitamos ó actual presidente, Adolfo Puch, e especialmente a Alejandro López por ter a ilusión e valentía de afrontar un reto tan grande.
11.12.2014
Hoxe no DIA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS, sumámonos á iniciativa da FEDME, "...quere difundir o compromiso de moitos refuxios de montaña co medio ambiente e propoñer a extensión da xestión ambientais a tódolos refuxios nos que, polas súas condicións, sexa posible..." En Club Montañeiros Celtas, dende a súa fundación, fomentouse este compromiso co medio natural, creando unha rede de refuxios, en áreas montañosas de interés medioambiental: Visiador, Domaio,(agora abandonado por non poder darlle uso a causa das antenas que o rodean e por non poder facer frente aos requerimentos esixidos pola Comunidade de Montes en Man Común de Domaio), refuxio-abrigo na Serra do Suído, Galiñeiro (na base das vías-escola de escalada) e Aloia (no Parque Natural do Monte Aloia), estes dous ubicados na Serra do Galiñeiro, que tan importante é para montañeiros e montañeiras, están actualmente servindo ao compromiso mencionado.

¡feliz día internacional das MONTAÑAS!
13.11.2014
O día 27 de outubro de 2011 constituíuse a actual Xunta Directiva. Dende esa data producíronse cambios, quedando como segue:

Cargo - Nome

Presidencia - Lourdes Castiñeira Souto
Vicepresidencia1 - Cristal Fernández Cabezas
Vicepresidencia2 - Marisa Núñez Suárez
Secretaría - Rosa Soliño Alonso
Tesourería - Alberto Fontenla Pita-Baamande
Vogalía Montañismo e Sendeirismo - Carmen Pérez Orge
Vogalía Escalada - Iago Rodríguez Estévez
Vogalía Esquí - Marcos Rodríguez González
Vogalía Espeleoloxía - Carolina Rodríguez Domingo
Vogalía Subacuáticas - Miguel Boquete director da Escola de Mergullo
Vogalía Infantil - Penélope Aranda Ortega
Vogalía Xuvenil - Alberto Fontenla Pita-Baamonde
Vogalía Bici - Pedro Rodríguez Durán e Carlos Arca Fernández
Vogalía Actividades Sociais - Concepción Núñez Bar
Vogalía Biblioteca - Colaboradora: Rosa Ana Díaz Fariña
Vogalía Refuxios - Rosa Soliño Alonso
Vogalía Material - Miguel Caramés Rodríguez e Iago Rodríguez Estévez
Colaboradora páxina web - Sara Núñez Bértolo (empleada)

Pedimos desculpas por non telos publicados a medida que se producían, tanto aos vogais e colaboradores como aos socios e socias.
18.10.2014
Onte, con esta brétema abrazando o refuxio, quedaron rematadas as obras do Refuxio do Aloia, á falta de algunha pequena avería que se irá arranxando a medida que se poida.
A partir do sábado día 18, volve a estar o refuxio do Aloia dispoñible para a pernocta e que poidades realizar actividades no entorno e disfrutar do refuxio novamente!
07.10.2014
Mañán a partir das 18:00 horas estaremos no Local Social de Montañeiros Celtas dobrando os boletíns, todos os que poidades vir a axudar seredes benvidos.

Moitas gracias!!
30.09.2014
Agosto deixounos unha morea de novas ideas para poñer en marcha...¡atentos á web e demáis publicacións!....
Como mostra: pequemarcha de acampada, novo curso de escalada, xornadas de horta en balcón, roteiro de recoñecemento de plantas silvestres comestibles,... ¡e máis...!
Contamos con todas e todos vós para compartir, para colaborar, para participar,...

E como primeira participación despois das vacacións esperamos o relato das vosas saídas montañeiras, contádenos como foron, donde, cando, con quén,... etc e acompañádeo dun par de fotos para darlle contido as nosas publicacións.
A Xunta Directiva
15.09.2014
Dende o 28 de Xullo non se prestará o refuxio do Aloia xa que se atopará en obras ata novo aviso.
Disculpen as molestias.
Club Montañeiros Celtas
31.08.2014
Lembrade que en Agosto a oficina do Club permanece pechada, se tedes algunha xestión que facer no mes de agosto, rógase adiantedes a Xullo esas xestións pendentes.

Durante ese mes para calquera urxencia ou necesidade de comunicarse co Club, rógase envien un correo a presidencia@celtas.net.

Desexámosvos a socios e socias un bo verán e mellores vacacións

A Xunta Directiva.
02.07.2014
*A FGM estará pechada por vacacións do 15 de xullo ao 15 de agosto.
Horario de atención o público de Luns a Venres de 9´00 a 14´00 horas.
Non se poderán cursar licencias despois do día 11 de xullo (venres) ata o 16 de agosto.
*A FEGAS está pechada os venres pola tarde
As licencias se tramitarán so ata os xoves
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net