Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

01.08.2016
Celtas todos/as: Estase a organizar, co perigo de conseguilo, que o Campamento de Montaña do club sexa en CHAM (pronunciar Xam) Cham? Si, claro, Chamonix (ler xamoní), nos Alpes.
Fernando, Marcos e algúns outros (incluso contamos con Pepón) e máis eu estamos a estudar e preparar o Campamento.
Por que? Hai tantas razón…, pero indico unha, de Coru: Cham é un parque temático enorme e variado de montaña.
Cando? En agosto, pero como é lonxe, hai que aproveitar, e será na primeira quincena.
Onde? Nun campin de Cham, no que haberá chalets (bungalows para os anglófilos) e/ou similares.
Como iremos? Trataremos de ir en avión, pero o bus non está descartado. Prontamente (o ano que vén, a mediados de xaneiro) darase toda a información.
21.06.2016
O noso máis agarimoso cariño á familia de Antonio Álvarez Ferreiro.

Hoxe nos chega, a Club Montañeiros Celtas, a triste nova do pasamento do noso querido socio e amigo Antonio Álvarez Ferreiro.
Antonio foi un dos creadores, xunto con Chito Veiga e Rogelio Pereira da Operación Benxamín, primeiro curso de iniciación ó montañismo, que leva celebrándose ininterrompidamente dende 1967 e que conseguiu diferentes e prestixiosos premios ó longo de todos estes anos, tanto a nivel autonómico como nacional.
Moitos son os vigueses que seguimos cantando algunha das cancións que durante tantos anos compuxo para ser ensaiadas durante a Operación Benxamín e cantadas por todos xuntos o día da clausura...

“...monta, montañero benjamín
Móntate sobre tus piernas y echa a andar
Porque en toda la montaña
No hallarás máquina extraña
Que te ayude,
no hallarás ni un mal patín”

Se famosas eran as súas cancións non o eran menos as súas historias de medo (que contaba ó caer a noite). Varias xeracións de montañeiros (moitos de eles xa avós) teñen a grata lembranza de Antonio co seu radiocassette para os ensaios, a súa gorra verde e o seu bo facer. Pero para Antonio non só eran as actividades dos máis pequenos, colaborador con diferentes directivas, participativo nas diferentes actividades (tanto deportivas como sociais) e sobre todo unha gran persoa.

Sempre conncosco Antonio

Este e o enlace do arquivo publicado polo Faro de Vigo sobre o noso querido Antonio Alvárez-
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/06/21/emprendedor-altruista-generoso/1484212.html
23.05.2016
A nosa socia Chus Lago presenta o día 24, ás 20h, o seu novo libro "Sobre huellas de Gigantes", no Auditorio municipal do Areal.
¡¡felicidades!!
23.05.2016
O noso socio DANIEL BALLESTEROS, ven de presentar a súa Tese doctoral en xeoloxía sobre investigación de cavidades, no macizo Occidental do Parque Nacional de Picos de Europa, estudiando a súa morfoloxía, os niveis freáticos, a dirección das escorrentías ou cursos activos de augas suberráneas, recursos hídricos, ...etc.

¡¡¡FELICIDADES DOCTOR!!!

30.03.2016
Xa podedes vir mercar os calendarios de Celtas o Club!!! para comezar o ano novo con nos!!!

Custan 2.50€ e xa están a vosa disposición!!!


FELIZ ANO MONTAÑEIROS!!
13.03.2016
O próximo domingo 13 publicáranse no Atlántico Diario as fotos da cea social do Club celebrada o pasado 27 de febreiro. Informamos por se algún asistente esta interesado en mercalo.

29.02.2016
Ampliamos as posibilidades de actividades: Club Montañeiros Celtas e Montañeiros de Pontevedra acordaron abrir as actividades de ámbolos clubs aos socios do outro Club, nas disciplinas de montaña, sendeiros, infantil-xuvenil, esquí,… de momento, con posibilidade de compartir tamén as demáis disciplinas nun futuro próximo. Esto implica que as condicións de inscripción son iguais para os socios de ámbolos clubs indistintamente de quen sexa o organizador.

26.02.2016
A expedición polar femenina liderada por Chus Lago, pionera en España, pone fin con éxito a su dura ruta por los lagos helados de Suecia y Finlandia.

Felicidades polo logro acadado a Chus Lago, Estela Estévez, Verónica Romero e Silvia Rey!!
04.02.2016
Chus Lago, a nosa socia distinguida, fará una expedición a Laponia acompañada por tres deportistas galegas. O próximo xoves 4 de febreiro ás 11:00h presentarase no Club Financiero de Vigo.

Adjuntamos pdf con toda a información.

Enlaces as noticias do evento:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/04/galicia/1454602418_800889.html

http://elprogreso.galiciae.com/gl/noticia/499748/mujeres-espanolas-lagos-helados-de-laponia-el-nuevo-reto-de-chus-lago
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net