Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

30.05.2017
O noso compañeiro Sechu López comeza aventura que o levará a percorre 1.500 km en Kaiak de mar pola beira do mar de Galicia
09.05.2017
Aínda quedan prazas para anotarse ao campamento que Montañeiros Celtas vai realizar nos Alpes Berneses entre o 1 e o 12 de agosto.
18.04.2017
Baffin, 18 de abril de 2017. O novo reto de Compromiso coa Terra foi superado: Chus Lago, Verónica Romeu e Rocío García acaban de culminar os 200 quilómetros de percorrido polo inhóspito casquete polar de Barnes, na illa de Baffin (Canadá), non sen dificultades e converténdose así na primeira expedición feminina a nivel mundial que o logra. Así lograron o seu obxectivo desde o 24 de marzo: dar un paso máis no ambicioso proxecto 1.000 quilómetros de xeo, a suma das distancias percorridas en Laponia 2016, Baffin 2017 e Groenlandia 2018. Baixo a lema de novo de Compromiso coa Terra, as aventureiras percorreron 200 quilómetros en condicións extremas, nun dos lugares máis inaccesibles de todo o planeta, sorteando numerosas barreiras de xeo e superando alturas de máis de 1.000 metros, para alertar ao mundo dos efectos do cambio climático, patentes no desxeo. Durante estes días superaron numerosos obstáculos, como unha inoportuna gripe que se cebou con Chus e Verónica e debilitounas notablemente ao comezo da travesía, unha treboada intensa de vento que as deixou bloqueadas durante case tres días no medio da nada, improvisando un iglú, gretas xeadas, paredes verticais case infranqueables e o temido whiteout, unha densa néboa que impide distinguir ceo e terra e dificulta enormemente o esquí. Agora, as aventureiras confésanse ?emocionadas? polo reto conseguido e Chus confesa que lle encantou a experiencia ?na que nos axustamos como equipo como nunca?. O seguinte paso é alcanzar hoxe o Generator Lake, onde serán recibidas polos inuits, que as trasladarán a Clyde River e de aí emprenderán a súa odisea de voos ata España. Unha expedición do Proxecto Universo Muller do CSD A expedición, que forma parte do Proxecto Universo Muller do Consello Superior de Deportes, foi apadriñada polo presidente do CSD, José Ramón Lete, que quixo mostrar o seu compromiso coas aventureiras, como exemplo de compromiso co planeta e superación deportiva, nunha fazaña nunca realizada. A expedición conta co patrocinio de CLUN, a cooperativa nada da unión de Feiraco, Vos Irmandiños e Melisanto a través das súas marcas comerciais Únicla e Clesa, da compañía de distribución alimentaria Gadisa e da marca de roupa Ternua, que mostraron na presentación todo o seu apoio ao proxecto 1.000 quilómetros de xeo polo seu mérito deportivo e social.
24.03.2017
As Socias do Club: Chus Lago e Verónica Romero, xunto a Rocío García partiron hoxe de Madrid rumbo a Baffín comenzando así a expedición que forma parte do Proxecto "Universo Mujer" do Consello Superior de Deportes, que as levará a percorrer 1000 km de xeo, para alertar ao mundo dos efectos do cambio climático.

Podemos seguir a súa aventura en:
https://www.facebook.com/compromisoconlatierra/
http://chuslago.com


Moito animo!!!
20.03.2017
Chus lago presenta a súa nova expedición polar ‘compromiso coa terra. 1.000 quilómetros de xeo’ o vindeiro luns, 20 de marzo, en Vigo.
16.03.2017
O Vindeiro xoves, 23 de marzo, Vigo rende homenaxe aos seus deportistas máis destacados
20.01.2017
Este é o noso logo para esta celebración, grazas a Angel Álvarez polo seu diseño, él tamén é un da Operación Benxamín.

A celebralo!!!
20.01.2017
Este é o noso logo para esta celebración, grazas a Angel Álvarez polo seu diseño.

A celebralo!!!
04.01.2017
"Sobre huellas de gigantes" por Chus Lago
Radio Marca, programa emitido o día 3 de xaneiro de 2017

31.08.2016
Pasado o 30 de xuño cambian os horarios. Tomade nota dos horarios das federacións nos meses de XULLO e AGOSTO por se tivérades que realizar algún trámite de licencias ou similar.

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

Xulllo: 9:00h a 14:00h, de luns a venres.
Agosto: PECHADO

FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA

Xulllo: VACACIÓNS do 16 ao 31
Agosto: VACACIÓNS do 16 ao 31

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net