Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

14.11.2017
Maxistral, sería o calificativo da conferencia-proxección de Ferrán Latorre.
Grazas Ferrán.


http://www.atlantico.net/articulo/deporte-local/vamos-sitios-mas-bellos-planeta/20171114235759617709.html
09.11.2017
CLUB MONTAÑEIROS CELTAS: 75 ANOS DE AVENTURA

CONFERENCIA DE CHUS LAGO: HISTORIAS DUNHA EXPEDICION AO XEO

Bonitas historias para contar e escoitar.
Grazas Chus.

http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/11/09/chus-lago-engancha-aventura-nuez/1782468.html
17.10.2017
Os incendios que asolagaron os nosos montes nesta fin de semana deixaron cinzas e destrución ao seu paso.
13.06.2017
Angeles Alonso, hoxe tocoulle a ela, finou. Naceu no 26 e acababa de cumplir 64 de socia de Club Montañeiros Celtas.
Socia Distinguida e muller incansable, botámola en falta na últma festa de fin de ano en decembro e na cea anual, citas as que non faltaba, e sempre viña provista daquelas sabrosísimas viandas de cogumelos, ou outras, faltounos a súa compaña, as súas risas, a súa colaboración sempre disposta nesta súa casa que sempre dicía.
Todas e todos no club, que pasamos dos 50, tivemos o pracer de usar algunha das prendas de montaña que ela “diseñaba”, ou comercializaba, pioneira en Galicia do material de montaña máis técnico. ¿quen non tivo unha tenda marca Sualonso?, ¿e un saco?,… unha marca de referencia que se vai con ela, SUALONSO.
Cando lembraba a Antonio, o seu marido, dicía que era un amante da montaña e de Club Montañeiros Celtas e que ela sempre o seguira a onde el iba, fora montaña ou cova, que a súa lúa de mel fora na montaña. Toda unha familia entregada ao Club e a montaña, ou á montaña e ao Club.
Reseñable e entrañable é aquela relación creada e mantida cos veciños de Supena en Mondoñedo a raíz da primeira expedición á cova do Rei Cintolo, que fixo que sempre tiveran as portas abertas para os membros de Club Montañeiros Celtas.
A súa entrega na construcción dos refuxios, sobre todo no de Domaio…. Todos lembramos a foto cosendo os colchóns no Aloia,….
O noso máis agarimoso cariño á familia, Toñi, Pablo, María José, que forman tamén parte desta outra familia Celta que vos trasmite unha grande aperta.
O Voso Club

NON TE DIGO ADEUS ÁNGELES, PORQUE SEMPRE ESTARÁS CON NOS, TE DIGO DEICA LOGO

Amiga e querida Ángeles. Inda o pasado domingo falaba de ti coa filla de Natalio Abad, antigo socio do Club e coñecido pioneiro do montañismo galego. Ángeles, inda que xa eras maior cunha envexable idade, non o parecías, o teu eterno e alegre sorriso, a túa envexable vitalidade e claridade mental non parecía presaxiar
que nos ías deixar. De tódalas maneiras Ángeles, sempre quedará entre nos e para
nos a túa imaxe e a túa alegría sempre presente.
Pola miña parte, Ángeles, sempre vas a ser o recordo dos meus primeiros anos en Montañeiros Celtas, con Antonio o teu marido e teus fillos Toñi e Santi, nenos inda, pero coa talla dos magníficos montañeiros que anos máis tarde ían ser.
Ángeles, moitas son as imaxes que me pasan pola cabeza agora que fuches ascender a ese monte do cal xa non se volve nunca, imaxes de o Campamento Internacional no Pirineo Aragonés onde se inaugurou o refuxo de Góriz, os campamentos cos amigos portugueses, a interminable construción do refuxo de faro de Domaio, do cal Antonio e ti fúchedes Alma Mater, todas as actividades do Club xa fosen deportivas ou sociais, en fin, tardaría moito tempo en nomear tantos e tan bos momentos.
Ángeles, fuches para min e para outros moitos, a nosa nai montañeira e a nosa amiga na montaña, non sei, me gusta pensar que si houbese outra vida despois desta, poderíamos quedar para subir unha montaña, ou cantar unha canción nun campamento, ou probar uns cogomelos que tan ben preparabas. Ángeles non te digo
adeus, te digo ata logo porque sempre estarás con nós, mesturada entre a querida e recordada familia montañeira.
¡¡ DEICA LOGO ÁNGELES !!
O teu sempre amigo Cholo
12.06.2017
Hoxe tocou mañá de paseo, supermercado e de relaxación e bocata na praia de Aguiuncho, no norte da Illa de Arousa, diante do galpón da familia de Isabel Maestu, onde está aloxado dende onte, estupendo lugar para el e o seu kaiak que lle cederon para a miña estancia na Illa.
08.06.2017
Sechus López continúa o seu periplo de piragua pola Ría de Pontevedra.
30.05.2017
O noso compañeiro Sechu López comeza aventura que o levará a percorre 1.500 km en Kaiak de mar pola beira do mar de Galicia
09.05.2017
Aínda quedan prazas para anotarse ao campamento que Montañeiros Celtas vai realizar nos Alpes Berneses entre o 1 e o 12 de agosto.
18.04.2017
Baffin, 18 de abril de 2017. O novo reto de Compromiso coa Terra foi superado: Chus Lago, Verónica Romeu e Rocío García acaban de culminar os 200 quilómetros de percorrido polo inhóspito casquete polar de Barnes, na illa de Baffin (Canadá), non sen dificultades e converténdose así na primeira expedición feminina a nivel mundial que o logra. Así lograron o seu obxectivo desde o 24 de marzo: dar un paso máis no ambicioso proxecto 1.000 quilómetros de xeo, a suma das distancias percorridas en Laponia 2016, Baffin 2017 e Groenlandia 2018. Baixo a lema de novo de Compromiso coa Terra, as aventureiras percorreron 200 quilómetros en condicións extremas, nun dos lugares máis inaccesibles de todo o planeta, sorteando numerosas barreiras de xeo e superando alturas de máis de 1.000 metros, para alertar ao mundo dos efectos do cambio climático, patentes no desxeo. Durante estes días superaron numerosos obstáculos, como unha inoportuna gripe que se cebou con Chus e Verónica e debilitounas notablemente ao comezo da travesía, unha treboada intensa de vento que as deixou bloqueadas durante case tres días no medio da nada, improvisando un iglú, gretas xeadas, paredes verticais case infranqueables e o temido whiteout, unha densa néboa que impide distinguir ceo e terra e dificulta enormemente o esquí. Agora, as aventureiras confésanse ?emocionadas? polo reto conseguido e Chus confesa que lle encantou a experiencia ?na que nos axustamos como equipo como nunca?. O seguinte paso é alcanzar hoxe o Generator Lake, onde serán recibidas polos inuits, que as trasladarán a Clyde River e de aí emprenderán a súa odisea de voos ata España. Unha expedición do Proxecto Universo Muller do CSD A expedición, que forma parte do Proxecto Universo Muller do Consello Superior de Deportes, foi apadriñada polo presidente do CSD, José Ramón Lete, que quixo mostrar o seu compromiso coas aventureiras, como exemplo de compromiso co planeta e superación deportiva, nunha fazaña nunca realizada. A expedición conta co patrocinio de CLUN, a cooperativa nada da unión de Feiraco, Vos Irmandiños e Melisanto a través das súas marcas comerciais Únicla e Clesa, da compañía de distribución alimentaria Gadisa e da marca de roupa Ternua, que mostraron na presentación todo o seu apoio ao proxecto 1.000 quilómetros de xeo polo seu mérito deportivo e social.
24.03.2017
As Socias do Club: Chus Lago e Verónica Romero, xunto a Rocío García partiron hoxe de Madrid rumbo a Baffín comenzando así a expedición que forma parte do Proxecto "Universo Mujer" do Consello Superior de Deportes, que as levará a percorrer 1000 km de xeo, para alertar ao mundo dos efectos do cambio climático.

Podemos seguir a súa aventura en:
https://www.facebook.com/compromisoconlatierra/
http://chuslago.com


Moito animo!!!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net