Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

02.01.2020
Velaquí unha reseña na Voz de Galicia sobre a nosa tradicional subida ao Galiñeiro
18.12.2019

ATT. PÚBLICO – SECRETARÍA
Luns a Xoves: 17:30 a 21:45
Venres: 18:30 a 21:45

BOULDER
Luns e Mércores: 10:00 a 13:00 / 18:30 a 21:45
Martes: 18:30 a 20:00
Xoves: 17:30 a 20:00
Venres: 18:30 a 21:45
29.10.2019
Xa temos a Sechu de volta despois de percorrer 801 km. polas provincias do Cantábrico:
- Asturias (13 etapas): 361,8 km.
- Cantabria (6 etapas, máis 6 km): 227,7 km.
- Bizkaia (Euskadi) (4 etapas, menos 6 km): 128,8 km
- Gipuzkoa (Euskadi) (3 etapas): 83,5 km

Moitos parabéns, compañeiro!!
23.10.2019
O noso socio e amigo Sechu López xa leva 22 etapas e 30 días de aventura. Agora está a percorrer a costa vasca, na que o tempo non o está a acompañar.
Ánimo Sechu!
03.10.2019
O 22 de setembro o noso socio e amigo Sechu comezou unha nova aventura: a travesía en kaiak de mar polo Cantábrico, para percorrer a costa de Asturias, Cantabria e Euskadi.
As condicións meteorolóxicas non son as máis adecuadas pero xa completou a Costa Occidental de Asturias.
24.03.2019
Na Gala da Federación Galega de Montañismo, celebrada o día 23, os premios recoñecidos e otorgados pola Federación Galega de Montañismo houbo unha nutrida participación e nomeamentos de Club Montañeiros Celtas. Os nomeamentos foron:
- Antonio Veiga, membro honorífico da EGAM (foi o primeiro director da EGAM)
- Cholo, membro honorífico da EGAM
- Chito Veiga: membro honorífico da EGAM, á título póstumo. Recolleu o premio a súa filla Marta.
- Moncho Melón: membro honorífico da EGAM, a título póstumo. Recolleu o premio a súa neta Noa e o seu fillo Roi.
- Chus Lago: premio á mellor traxectoria de Montañismo
- Club Montañeiros Celtas: Trofeos ao Mellor club Galego do ano 2018 e dous trofeos máis por participación en competicións de escalada base e por promoción de licencias.

Na foto (feita por Sechu) a entrega do trofeo ao mellor Club, a Presidenta na compaña de Antonio e Cholo.

Estaban, ademáis, as socias e socios: Sara, Sechu, Fernando, Conchi B, Evaristo, Manuel, Xosé Manuel, Zoila, Santi...etc

Felicidades Montañeiras e Montañeiros Celtas!!!
12.03.2019
O vindeiro xoves 14 de marzo celébrase a 20ª Gran Gala do Deporte de Vigo e da súa Comarca.
A Federación nomea por montañismo á nosa querida socia e presidenta Lourdes Castiñeira.
¡Moitos Parabéns, Lourdes!!

Se alguén está interesado en ir á Gala hai invitacións disponibles no club.

08.03.2019
¡A seguir subindo cumes, compañeiras!
26.02.2019
A nosa socia Chus Lago e as súas compañeiras na expedición Compromiso con la Tierra venceron as adversidades e chegaron onte ao extremo norte do lago Baikal (Siberia). Tras 24 días de travesía sobre o xeo e 640 kilómetros precorridos de sur a norte, Chus Lago, Verónica Romero e Rocío García rematan a súa aventura e o reto con 6 días de antelación.

Mañá, día 1 de marzo chegarán ao aeroporto de Vigo ás 11h50. Agardámosvos para que nos contedes as vosas aventuras!!
Noraboa as nosas compañeiras!
14.02.2019
Chus Lago: Compromiso con la Tierra. Lago Baikal

A expedición liderada por Chus Lago no lago Baikal, en Siberia, cumple xa once xornadas cun total de trescentos kilómetros percorridos. O obxetivo da alpinista viguesa, que realiza a travesía xunto a mosense Verónica Romero e a granadina Rocío García, é de percorrer de sur a norte sobre o xeo a chamada "perla de Asia", unha xigantesca masa de auga ubicada no centro de Siberia que se extende por 31.494 kilómetros
cuadrados.

Podedes facer o seguimento da ruta no seguinte enlace:
https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?ll=50.803572861296466%2C105.34143347041015&z=7&mid=1OEEqStQUVgSkIOQoANxY8_4-cuOLGMQ6

ANIMO COMPAÑEIRAS!!!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net