Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

20.08.2010

Son case 1.000 quilómetros de ciclovías que corren paralelas ao segundo maior río de Europa, superado só polo ruso Volga, e discorren a través do corazón de Europa Central: Alemaña, Austria, Eslovaquia e Hungría.
O seu camiño é claramente adecuado para todo tipo de ciclistas, dende os novatos aos expertos.

O traxecto é bastante plano, só o 5% do percorrido son ladeiras.

A cuestíón é que os socios Pedro, Carlos, Cristina e Pepón, sen ser unhas máquinas, estiveron moitas horas subidos na bici e o fixeron. Basta ter paciencia, boa compañía e gañas de gozar.
17.08.2010
Noraboa a Jose Carlos Lorenzo e Ana Rodriguez que acaban de acadar o cumio de pico Lenin. !!!
Nunha tempada que está sendo bastante difícil e na que teñen fracasado moitas expedicións, temos que destacar este importante logro deportivo por parte dos nosos socios.
Á alegría polo cumio engádese o feito de que Ana é a primeira muller en conseguilo este ano. Seguro que cando estean de regreso non contarán más polo miúdo a súa experiencia.
O pico Lenin está situado na cordilleira Trans- Alai, na rexión do Pamir, na fronteira entre Kiguistán e Tayikistán, e é o segundo pico máis alto da antigua Unión Soviética.
15.08.2010
A nosa socia Marisa Núñez Suarez nos conta a súa actividade polas montañas de Perú, relatando a actividade realizada nas montañas adinas.

Este verán cumprín uns dos meus anhelos, cruzar o “charco” e viaxar a Perú. De paso coñecer un pouco a cidade Inca do Machu Picchu e a cidade de Cusco, onde os restos incas misturados coas construccións coloniais conforman un lugar cheo de encanto, que no mes de xuño celebra a súa festa máis importante, o Inti Raini (festa de grazas á Pacha Mama, a Nai Terra).
Pero se esta parte da viaxe foi interesante, tamén o foi o traslado á cidade de Huaraz, no norte, centro por antonomasia e lugar de encontro e reencontro de montañeiros.
09.08.2010
Os protagonistas desta actividade,Gaspar Ribé, José A. Sueiro, Gerard Fernández, M. Román e finalmente Eliseo F. Leon.

É unha viaxe perfecta para os amantes do alpinismo, dende día 9 de agosto, sairon de Vigo a Venecia, vía París, ata Xoves 19 de Agosto, na que foi a volta, a súa aventura foi a de escalar nos Dolomitas.

Non hai que subestimar a dificultade das escarpadas paredes dos Dolomitas, as cales só deben ser escaladas co adestramento e o equipamento axeitado, os que teñen menos práctica poden empezar nos fermosos parques de alpinismo ou nas vías ferratas panorámicas.

As oportunidades de practicar alpinismo nestas montañas son case infinitas, ademais do enorme atractivo que estas paisaxes exercen sobre montañeiros e camiñantes, cóntannos a continuación o relato das súas actividade....
01.08.2010
En Xullo deste ano 2010, os Socios do Club José Carlos Lorenzo e Ana RodrÍguez, partiron de expedición ao Pico Lenin de 7.134 m.
Trátase do cumio máis altoa da cordillera Trans-Alai, situado na fronteira entre Tayikistán e Kuguistán.
Dende o Club queremos dalles ánimo neste novo reto deportivo.
Terémosvos informados do transcurso de esta aventura.

01.07.2010
Os socios Chao e Fernando, acompañados de Laura, unha moza, promesa da escalada de Madrid, estiveron escalando oito días, a finais de xuño, na escola de San Bartolo, que se atopa no térmo municipal de Tarifa, dentro do parque Natural del Estrecho. Trátase dun lugar exótico
Estas pedras de fina e branca arenisca están unha altura máxima de 444 m sobre o nivel do mar, os seus riscos están acariciados polo vento do poñente. Mentres escalas pódense ver as fermosas praias de Bolonia ou Tarifa e Punta Paloma, o que posibilita tamén practicar deportes acuáticos e praias.
Comparte zona de vías clásicas con rutas deportivas de todos los niveles.
21.06.2010
unha foto do cartel do sendeiro PR-G2 ao Aloia, vemos como deixou un camiñante a modo de denuncia colga as cintas do cartel.
A falta de responsabilidade da organización de alguha proba deportiva, que deixa tiradas sen recoller as cintas plasticas que utilizan como marcas na sua actividade, e non e primeira vez que outros recollemos o lixo dos demais.
14.06.2010
Os Pou escalan Pan Aroma, a vía maís dificil dos Alpes, nos Dolomitas, nas "tres cimi do Lavadero" Pan Aroma 8c/500 m. liberada por Alex Huber no 2007, podedes ver un video en neste link : http://vimeo.com/14008866
01.06.2010
Montañeiros Celtas publica un novo boletín especial, xa é o quinto neste novo formato, e coma sempre fala das actividades que se fan no club, e tamen publica artigos de interes xeral.
01.05.2010
Dende hoxe podes obter moitas máis vantaxes coa túa licenza federativa FEDME.
Qué é "Vantaxes FEDME"
Vantaxes FEDME é a recompensa á fidelidade de tódolos nosos deportistas federados. Aquí poderás atopar o resultado dos acordos exclusivos que negociamos cun extenso catálogo de empresas e establecementos para que só ti goces de vantaxes inigualables. Para isto, reunimos unha selección adaptada á maioría das túas necesidades deportivas e persoais; selección que seguiremos ampliando e renovando día tras día para que atopes a oferta máis competitiva en todo momento.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net