Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

01.03.2011
a ANDAINA REIVINDICATIVA pola Serra do Galiñeiro de hoxe DOMINGO 20 de febreiro foi un éxito rotundo.
Unhas 1400 persoas nun día de chuvia e con néboa circundamos toda a Serra para mostrar o noso máis profundo desexo de protexer este enclave único do sur da provincia de pontevedra.
Un grupo de ciclistas de todas as rías baixas abriron a marcha e destrás cidadáns de Vigo, O Morrazo, a Louriña, o Miñór e de outras bisbarras fixemos o camiño que se quere surcar de aeroxeradores. Grandes cartaces, que oportunamente colocaron os nosos
Grandes cartaces, que oportunamente colocaron os nosos compañeiros montañeiros, mostraron o impacto paisaxístico, acústico e ambiental da pistas e outras infraestruturas que este polígono requiriría.
Antes de volver ao Parque Forestal do Galiñeiro en Vincios, punto de onde partiramos dúas horas e media antes, no vértice xeodésico á 704 metros de altitude, lemos o Manifesto para expresarmos a nosa decidida vontade de defender a serra, emblema de cinco concellos.



01.03.2011
Nalgúns afastados outeiros presérvase, case como un tesouro esquencido, a principal proba dos tempos difíciles que seviviron durante a decadencia e caída do Imperio Romano: son as grandes fortalezas en altura de Galicia , construídas para protexer as vidas dunha numerosa poboación. Estes antigos castelos representan, ademáis, unha fascinante
síntese de dúas culturas : o ancestral mundo dos castrose a confluencia co poder e a sociedade romana. estes sitiosarqueolóxicos son unha xoia da Historia de Europa que, miragreiramente, se preservaron ata hoxe no centro da antigaprovincia de Gallaecia, na actual Galicia. O Castelo do Galiñeiro constitúe un dos exemplos mellor conservados deste tempo do que nos falta moito por coñecer..............

Resumen do interesante artigo dos autores que podese ver no link:
http://es.scribd.com/doc/49075101/O-Castelo-do-Galineiro
Manuel Gago, xornalista e profesor da USC -Xosé Gago, Historiador da arte- Rafael Rodriguez , arqueólogo -Xurxo Salgado , xornalista. fotografías : soledad felloza
01.03.2011
Adolfo Puch, novo presidente da FGM , envia unha carta dirixida a os presidentes dos Clubs e federados , solicitando colaboración na nova etapa, destacamos como os seús obxetivos e comentarios de futuro:
"Temos o reto de aumentar as licenzas, e podémolo acadar con novas actividades"
"Afronto o reto como moita ilusión e con gañas de apostar pola promoción infantil"
"O montañismo ten moitas facetas, a escalada en xeo, roca, o barranquismo, o esquí de montaña e o senderismo, que neste momento é un fenómeno social en Galicia"
"o montañismo e Galicia goza de boa saúde pero pode mellorar moito máis. Un dos retos que temos é aumentar o número de licencias deportivas, podemos acadalo aumentado as actividades e os cursiños didácticos que outro dos retos que temos na nova xunta directiva".
23.01.2011
Os membros máis destacados do alpinismo vigués e galego uníronse onte aos familiares e amigos de Constancio "Chito" Veiga para dedicarlle o seu último adeus ao montañista, falecido o martes aos 79 anos de idade. Os seus restos mortais repousan xa no Cemiterio de Pereiró.
Moitos dos presentes achegáronse a Pereiró co seu piolet, o instrumento que representa o alpinismo, e formaron cos seus picos en alto un corredor de respecto e admiración cara a Chito Veiga

22.01.2011
Hoxe día 18 chéganos a triste nova do falecemento do noso querido socio Constacio Veiga Gonzalez.
Chito Veiga para todos os amigos que son moitos o noso club, a súa xenerosidade con todos e en en especial que esta sociedade, sempre estaran na nosa memoria.
Non é momento de enumerar as súas numerosas fazañas deportivas, soamente os que o coñecemos sabemos que estara na nosa memoria a súa calidade como persoa.
Dende o Club queremos dar o pesame á súa familia e acompañalos neste momento dificil para todos.
20.01.2011
MANIFESTO
POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO
A Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui, alberga numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos esociais, polo que as asociacións cidadás que subscribimos este manifesto, consideramos que teñen que ser protexidos ao amparo das lexislacións europea, galega e municipal vixentes.

19.01.2011
A 4ª edición da Andaina Bisbarra do SAR, na cal aínda que nos atopamos en tempos pouco doados, manteremos a festa final e tentaremos superar a calidade da pasada edición.

Os que xa tedes participado ben sabedes que o río Sar, que baña as terras dos 3 Concellos: Dodro, Rois e Padrón, e o eixo polo que percorre esta camiñata. Ademais poderedes ir vendo: Cruceiros, Piornos, Casas e aldeiñas Rurais, Brañas, Pazos, Museos, Igrexas, Campo de golf en Rois, Ruta Rosaliana en Dodro e Padrón, Fundación Camilo José Cela, e tamén as zoas agrícolas onde se plantan os famosos pementos de Herbón, “ uns pican e outros non ........”.
10.01.2011
O GRUPO DE ALTA MONTAÑA ESPAÑOL ten previsto facer un Stage de Alpinismos Invernal, que tera lugar nos Alpes Franceses de 15 ao 22 de Xaneiro do 2011, durante estos días os alpinistas seleccionados poderán realizar, de forma autonoma, activodades invernais asesorados polos responsables do GAME.
O club Montañeiros Celtas pode suxerir posibles participantes.
Os mesmos deberán ser alpinistas activos e menores de 26 anos.A data límite de presentar candidatos(co seu historial alpinisticos) e o 10 de Xaneiro do 2011.O prezo do "stage" e de 160 Euros e inclúe aluxamento en réximen de media pensión.
05.01.2011
Debido a un erro nos prezos na parte correspondente á Responsabilidade Civil, publícanse uns novos prezos das licencias de espeleo

A FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA ven de publicar os prezos para as licencias de 2011.

02.01.2011
MACIZO DE UBIÑA - Peña Ubiña - Torrebarrio (San Emiliano - León)
30 Prazas en liteiras
Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica, calefacción, lugar para cociñar e cheminea.
Reserva
986 208 758
Federados 2'50€
Non federados (acompañados por federados) 8€
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net