Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

09.05.2012
SECHU, O NOSO SECHU, FIXO CUME NO ANNAPURNA O DÍA 6 DE MAIO!!!

Atópase xa na aldea de Totopani co resto do grupo, desde aquí trasladarase a Pokara onde durmirá unha noite para posteriormente trasladarse a Katmandu e dende alí a CASA!!, pronto teremos a este campión entre nós outra vez!!

PARABÉNS SECHU!!

http://www.sechugalicia.com/2012/05/xa-na-civilizacion-en-totopani.html
01.05.2012
Xa está a información da nova Andaina pola Protección da Serra do Galiñeiro, podedes informarvos no seguinte enlace:

http://www.celtas.net/glg/actividades_ficha.php?id=247&tit=13%20de%20Maio:%20III%20Andaina%20pola%20defensa%20do%20Gali%F1eiro

Ademáis a continuación expoñemos a información relativa a Vitrasa para achegarse ata a zona
13.04.2012
Convócase Asamblea Xeral Ordinaria para o día 13 de Abril ás 20h en primeira convocatoria, 20:30h en segunda convocatoria.

Convócase tamén Asamblea Xeral Extraordinaria para o mesmo día, logo de rematada a Ordinaria.
24.02.2012
Con este título queremos iniciar una serie de pequenas rotas ou marchas familiares: nais e pais cos rapaces ata 10 anos. Os rapaces dispoñen da sección infantil desde os 8 anos, mais non había para máis pequenos nos que fosen acompañados polos pais.
17.02.2012
Continúa a Liga Social cun éxito de participación. O día 15 de Marzo será o cuarto encontro desta competición. Apurádevos a ir entrenar a vía!!!
09.02.2012
Dende a Plataforma pola Defensa do Galiñeiro promóvese este acto para debatir sobre os prós e contras e o impacto da enerxía eólica.
07.11.2011
Como xa sabedes, o día 27 de Outubro fíxose no local social do club a presentación oficial da nova Xunta Directiva,quedando os cargos e o persoa lelexido da seguinte maneira:
02.11.2011
O mércores 2 de novembro no Auditorio Municipal do Areal (Areal, 46) ás 20h farase unha proxección-coloquio sobre a experiencia de Roberto López e Abel Alonso no seu ascenso ao McKinley, o monte máis alto de Norteamérica.

O evento titúlase "Dos vigueses en la cumbre más alta de Norteamérica".

Intervirán Roberto López e Abel Alonso presentados por Sechu López.

Colabora: Deputación de Pontevedra.

ENTRADA LIBRE
24.10.2011
Rematado xa o proceso electoral, xa temos presidenta e o xoves 27 de outubro farase a presentación oficial da nova Xunta Directiva no local social do club, ás 21h.

Esperámosvos!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net