Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

08.12.2012
Afonso Tellado visita lugares de Galicia, interesándose por historias do día a día da xente. Cos socios de Montañeiros Celtas , grabou un programa en Monteferro no que , aparecemos facendo varias actividades como bici de Montaña , Senderismo, Escalada , Mergullo e podese ver hoxe día 8-11-2012 ás 17:00 na TVG.
04.12.2012
Montañeiros!!!

Vos informamos de que o vindeiro venres 7 de decembro o local social permanecerá pechado.
30.11.2012
A Plataforma organizou a entrega das alegacions a Xunta, as organizacions presentan tamen a súa Alegacion.

16.11.2012
A Agrupación Micolóxica "A Zarrota" fixo ó longo desta semana un ciclo de conferencias adicadas ao mundo dos fungos.

Este ciclo culmínase coa exposición de cogomelos frescos, concurso de composicións e cestos con cogomelos na Casa da Cultura Galega, Praza da Constitución (antiga Casa do Concello) Vigo, os días 17 de novembro de 12:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h, e o día 18 de novembro, de 12:00h a 14:00h.

Animádevos a ir, é un mundo moi interesante!!
03.11.2012
A Federación Galega de Montañismo remite esta nota:

"A partir do 31 de outubro de 2012 na que os nosos federados por MGD perden dita cobertura, procedemos do 1 de novembro ata o 31 de decembro do presente ano a cubrir todos os posibles accidentes dos federados por dita compañía "quebrada", mediante un reaseguro firmado coa Correduría Campos y Rial de Vigo ca compañía Zurich".

Tódalas persoas que no presente ano optaron pola opción Mutualidad General Deportiva continuarán perfectamente cubertas ata o 31 de decembro de 2012 polo novo seguro tramitado pola Federación Galega de Montañismo.

Ata o luns día 5/11/2012 no que facilitarán o teléfono 24 horas, podedes chamar ó número 606592328
11.09.2012
Como xa saberedes,entre os días 13 e 30 de Setembro estará aberta ao público a exposición "Club Montañeiros Celtas, 70 Anos de Montañismo", na Casa da Cultura Galega, situada na Praza da Princesa Nº 2, Vigo.

Os horarios das conferencias serán: de 19:45h a 21h, no salón de actod da Casa da Cultura Galega.
26.07.2012
Lembramos que como en agosto a oficina do Club permanece pechada, se tedes algunha xestión que facer no mes de agosto, rógase adianten a esta semana de xullo esas xestións pendentes.

Ademáis disto, desexámosvos a tódolos socios un bo verán e mellores vacacións de parte da Xunta ¨Directiva", e moitos folgos para comezar setembro cos preparativos da exposición do 70 aniversario, na que contamos coa colaboración e participación de tódolos socios.

Saúdos e felices merecidas vacacións!!
09.07.2012
Podium final, suma das probas da Copa Galega de Escalada Base 2012

INFANTIL (SUB 16)
1ª Javier Alejano García - Celtas (Vigo)
2ª Bruno Casal González - Celtas (Vigo
3ª Candela Reboiras Trincado - Celtas (Vigo)

CADETES (SUB 18)
1º Alejandro de Frutos Martínez - Xistra (Vigo)
2º Javier Vázquez Rodríguez - Celtas (Vigo)
3º Samuel Rodríguez Borines - Celtas (Vigo


Clasificación dos 3 primeiros da proba 1º proba celebrada en Vigo 16-6-2012.

INFANTIL (SUB 16)
1º Aturo Mateo Mañá - Celtas (Vigo)
2º Javier Alejano García - Celtas (Vigo)
3º Bruno Casal Gonzalez-Celtas (vigo)
4º Candela Reboiras Trincado - Celtas (Vigo)
5º Xacobe Daviña Fernádez- Celtas(Vigo)
6º Ana Mariño-Celtas (Vigo)
7º Martín Fernandez Foley -Celtas(Vigo)
8º Sara Pérez Lodeiro- Celtas (Vigo)
9º Jaime Diaz Caamaño-Celtas(Vigo)

CADETES (SUB 18)
1º Alejandro de Frutos Martínez - Xistra (Vigo)
2º Javier Vázquez Rodríguez - Celtas (Vigo)
3º Samuel Rodríguez Borines - Celtas (Vigo


Clasificación dos 3 primeiros da proba 2º proba celebrada na Coruña 30-6-2012

INFANTIL (SUB 16)
1º Javier Alejano García - Celtas (Vigo)
2º Felipe de Frutos Martínez - Xistra (Vigo)
3º Bruno Casal González - Celtas (Vigo)
4ª Candela Reboiras Trincado - Celtas (Vigo)

CADETES (SUB 18)
1º Alejandro de Frutos Martínez - Xistra (Vigo)
13.06.2012
se xa tiñas encargada a túa taza podes pasarte a buscala, e os que non, xa podedes pasarvos polo Club a mercar unha!
29.05.2012
Queridos socios:

Recordamosvos que o día 30 de maio entre as 17:30 e as 20:30 horas celebraránse nas instalación da Federación Galega de Montaña (sita en Luis Kasado 17, oficina 10) as eleccións da Federación Española de Montaña e Escalada (FEDME) ó:
Estamento de Deportistas
Pódese votar a 8 deportistas entre o listado que se presenta, dos cales 4 son galegos.
Acordadevos de levar o DNI.
Tódalas bases están na páxina da Federación Española, o link é o seguinte:

http://www.fedme.es/index.php?mmod=staticContent&IDf=191
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net