Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

02.09.2013
O luns día 2 marcha o noso querido socio Sechu López coa intención de facer cumio no Shinsha Pangma (8027m) no Tíbet, China.

Desexámoste que disfrutes da montaña e que nos traias moitas historias e anécdotas que contar á túa volta en Outubro.

Moita sorte Sechu, todo o Club está contigo!!!
20.08.2013
NORABOA!! a ANA RODRÍGUEZ E JOSE CARLOS LORENZO fixeron cumio o pasado 20 de agosto no STOK KANGRI, pico de 6.150 metros situado no Himalaia Indio. Noraboa!
Regresarán a Vigo o día 31.08.13
17.07.2013
Lembramos que como en Agosto a oficina do Club permanece pechada, se tedes algunha xestión que facer no mes de agosto, rógase adianten a estas semanas de xullo esas xestións pendentes.

Durante ese mes para calquera urxencia ou necesidade de comunicarse co Club, rógase envien un correo a presidencia@celtas.net.

Ademáis disto, desexámosvos a tódolos socios un bo verán e mellores vacacións de parte da Xunta Directiva.
29.06.2013
O sábado 29 de Xuño celebráronse as asambleas extraordinaria e ordinaria da FEDME en Zaragoza. @s representantes do montañismo español federado se desplazaron a aquela ciudade para participar nesta asamblea.

Asistiron 63 asambleístas:

Aprobouse por maioría as contas 2012, e presuposto 2013 e programa deportivo.

Algúns datos de xestión e participación do ano 2012:
14.05.2013
Como se aprobou na asamblea xeral, o rocódromo do club ampliouse cun panel máis,para desfrute de tódolos socios interesados na escalada!! Vinde a velo!!
29.04.2013
Xa temos todo preparado para dar comenzo a XLVI OPERACIÓN BENXAMÍN.
O tres de maio temos a presentación no Club.
Adxuntamos triptico con toda a información.
22.04.2013
Queredes ter novas experiencias? Queredes vir ó Club para comezar a probar o rocódromo? Tódolos mércores do mes de maio estaremos no local social a partires das 17h para que practiquedes.

Vinde a apuntarvos!

IMPORTANTE: Impresdindible licencia federativa en vigor que cubra escalada.
21.03.2013
PARABÉNS AO NOVO CAMPIÓN E AOS SEUS COMPAÑEIROS DE PODIUM!!!

Felicidades tamén ao resto dos particimantes, xa que esta II Liga Social foi un éxito e augura continuidade como actividade anual.

Aquí vai a clasificación final:
21.03.2013
O pasado 21 de marzo o noso compañeiro, amigo, e montañeiro, Sechu López Pérez foi designado Mellor Deportista Masculino do ano 2012, na XIV Gran gala do deporte de Vigo e comarca por alcanzar o cume do Annapurna.

Chega así o recoñecemento a unha preparación, esforzo e obxectivo cumprido dun deportista de Club Montañeiros Celtas, que ademais do recoñecemento polo ascenso ao cume, supón unha divulgación do deporte da montaña e unha luz a seguir para os que seguro veñen detrás.

Desde Club Montañeiros Celtas queremos felicitar novamente a Sechu polo premio conseguido (a outra felicitación, maior, foi cando volveu do Himalaia), co recoñecemento de compartir con nós os teus soños, aventuras e a túa disposición a divulgar entre todos, pero sobre todo entre os maís cativos, as túas vivencias e experiencias coa montaña.

Noraboa!!!!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net