Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

01.10.2010
A Xunta permite a instalación de parques eólicos nas Serras Da Groba eo Galiñeiro, os nosos montes poderian ter os seus cumios, cheos de muiños de vento, as serras estan a punto de ser masacradas en nome da ecoloxía.
A Conxellería de Economía e Industria na sua derradeira orden publicada o pasado 31 de Marzo establece catro parques na comarca.
O parque eólico chamado ”Serra do Galiñeiro” dispondria de 40 megavatios de potencia a explotar en Vigo, Gondomar, Mos, Porriño e Tui.
04.09.2010
As probas valedeiras para a Copa Galega de Andainas de 50 km no ano 2010 son as seguintes:
17/abril - VII Camiñada de Montaña de Entrimo - Concello de Entrimo - Folleto - Boletín inscrición
24/abril - III Andaina Bisbarra do Sar - ver enlace externo
8/maio - Marcha dos 50 Km de Santiago de Compostela - enlace externo
29/maio - Marcha de Montalegre (Portugal) - Carrilheiras do Barroso
19/xuño - Ruta do Lobo - Bombeiros Voluntários de Melgaço
4/setembro - VIII Andaina Popular - Concello de Ribeira - Asociación As Miñoteiras
Para clasificarse é preciso rematar un mínimo de 4 probas.
03.09.2010
O vindeiro 3 de setembro Sechu partirá cara ao Himalaia para intentar o ascenso ao Manaslú, montaña de 8163 metros.
Ao igual que o pasado ano cando acadou o cumio de Gashembrum II, Sechu intentará a ascensión de modo independente, aínda que compartirá expedición con Carlos Soria e outros alpinistas españois, e ten previsto o seu regreso o 27 de outubro, aínda que esta data pode variar.
De novo un socio do Club intantará facer cumio nesta montaña que xa outros alpinistas de Montañeiros Celtas intentaran no ano 1989, ainda que daquela non no puideron conseguir.
Desde esta páxina desexámoslle o mellor dos éxitos. Poderedes seguir todos os acontecementos a través do seu blog: www.sechugalicia.com
20.08.2010

Son case 1.000 quilómetros de ciclovías que corren paralelas ao segundo maior río de Europa, superado só polo ruso Volga, e discorren a través do corazón de Europa Central: Alemaña, Austria, Eslovaquia e Hungría.
O seu camiño é claramente adecuado para todo tipo de ciclistas, dende os novatos aos expertos.

O traxecto é bastante plano, só o 5% do percorrido son ladeiras.

A cuestíón é que os socios Pedro, Carlos, Cristina e Pepón, sen ser unhas máquinas, estiveron moitas horas subidos na bici e o fixeron. Basta ter paciencia, boa compañía e gañas de gozar.
17.08.2010
Noraboa a Jose Carlos Lorenzo e Ana Rodriguez que acaban de acadar o cumio de pico Lenin. !!!
Nunha tempada que está sendo bastante difícil e na que teñen fracasado moitas expedicións, temos que destacar este importante logro deportivo por parte dos nosos socios.
Á alegría polo cumio engádese o feito de que Ana é a primeira muller en conseguilo este ano. Seguro que cando estean de regreso non contarán más polo miúdo a súa experiencia.
O pico Lenin está situado na cordilleira Trans- Alai, na rexión do Pamir, na fronteira entre Kiguistán e Tayikistán, e é o segundo pico máis alto da antigua Unión Soviética.
15.08.2010
A nosa socia Marisa Núñez Suarez nos conta a súa actividade polas montañas de Perú, relatando a actividade realizada nas montañas adinas.

Este verán cumprín uns dos meus anhelos, cruzar o “charco” e viaxar a Perú. De paso coñecer un pouco a cidade Inca do Machu Picchu e a cidade de Cusco, onde os restos incas misturados coas construccións coloniais conforman un lugar cheo de encanto, que no mes de xuño celebra a súa festa máis importante, o Inti Raini (festa de grazas á Pacha Mama, a Nai Terra).
Pero se esta parte da viaxe foi interesante, tamén o foi o traslado á cidade de Huaraz, no norte, centro por antonomasia e lugar de encontro e reencontro de montañeiros.
09.08.2010
Os protagonistas desta actividade,Gaspar Ribé, José A. Sueiro, Gerard Fernández, M. Román e finalmente Eliseo F. Leon.

É unha viaxe perfecta para os amantes do alpinismo, dende día 9 de agosto, sairon de Vigo a Venecia, vía París, ata Xoves 19 de Agosto, na que foi a volta, a súa aventura foi a de escalar nos Dolomitas.

Non hai que subestimar a dificultade das escarpadas paredes dos Dolomitas, as cales só deben ser escaladas co adestramento e o equipamento axeitado, os que teñen menos práctica poden empezar nos fermosos parques de alpinismo ou nas vías ferratas panorámicas.

As oportunidades de practicar alpinismo nestas montañas son case infinitas, ademais do enorme atractivo que estas paisaxes exercen sobre montañeiros e camiñantes, cóntannos a continuación o relato das súas actividade....
01.08.2010
En Xullo deste ano 2010, os Socios do Club José Carlos Lorenzo e Ana RodrÍguez, partiron de expedición ao Pico Lenin de 7.134 m.
Trátase do cumio máis altoa da cordillera Trans-Alai, situado na fronteira entre Tayikistán e Kuguistán.
Dende o Club queremos dalles ánimo neste novo reto deportivo.
Terémosvos informados do transcurso de esta aventura.

01.07.2010
Os socios Chao e Fernando, acompañados de Laura, unha moza, promesa da escalada de Madrid, estiveron escalando oito días, a finais de xuño, na escola de San Bartolo, que se atopa no térmo municipal de Tarifa, dentro do parque Natural del Estrecho. Trátase dun lugar exótico
Estas pedras de fina e branca arenisca están unha altura máxima de 444 m sobre o nivel do mar, os seus riscos están acariciados polo vento do poñente. Mentres escalas pódense ver as fermosas praias de Bolonia ou Tarifa e Punta Paloma, o que posibilita tamén practicar deportes acuáticos e praias.
Comparte zona de vías clásicas con rutas deportivas de todos los niveles.
21.06.2010
unha foto do cartel do sendeiro PR-G2 ao Aloia, vemos como deixou un camiñante a modo de denuncia colga as cintas do cartel.
A falta de responsabilidade da organización de alguha proba deportiva, que deixa tiradas sen recoller as cintas plasticas que utilizan como marcas na sua actividade, e non e primeira vez que outros recollemos o lixo dos demais.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net