Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

25.11.2010
A alpinista guipuscoana Edurne Pasabán esfiará a súa traxectoria nas 14 montañas mais altas do planeta, despois de converterse na primeira muller en conquistar tódalas cimas destas mastodónticas montañas e única muller no mundo en ter alcanzado a cima e baixado con vida do colosal K2, todo elo cas súas experiencias, anécdotas e un análise persoal deste mundo, asemade de contarmos os seus próximos retos como o de escalar o Everest sen oxixeno na primavera que ven.
Xoves 25 de novembro as 20:30 h.:AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE “EDURNE PASABÁN 14 x OCHOMIL”
ORGANIZA: CLUB ALPINO OURENSÁN
Outras conferencias :
Mércores 24 de novembro as 20:30 h.:
“PATAGONIA-ALPES UNHA AVENTURA CON ESQUIS DE MONTAÑA” por Rubén Estevez Rodríguez.
Venres 26 de novembro as 20:30 h.:
“KILIMANJARO A LIBERDADE DUN PAIS” por Pablo Ferro, Ignacio Rafael e Cesar Saco.
24.11.2010
Os que non poideses ver a proxección do “Karakórum 2009” en Vigo o 23 de abril, tedes agora dúas novas oportunidades de facelo:
- Venres 5 de novembro, en Pontevedra
- Mércores 24 de novembro, en A Coruña

No mes de novembro, como é tradicional, celebraranse varias conferencias/proxeccións en Galicia sobre diversos temas relacionados coa montaña:

19.11.2010
Convoca: Fesan Escola de Tempo Libre en colaboracion con a Cocelleria de Xuventude.
Contido: Curso de monitor/a de tempo libre en Vigo. Título oficial homologado pola Xunta de Galicia. 200 horas teórias e 150 horas prácticas.
01.11.2010
A empresa IESPORT ofrece Cursos Técnico en Dirección de Entidades Deportivas, na modalidade semipresencial, dirixido a todas aquelas persoas relacionadas co deporte e que queiran adquirir os coñecementos necesarios para xestionar eficazmente calquera tipo de entidade relacionada co sector deportivo.
A información do Centro, así como os temarios dos Programas homologados de Dirección Deportiva.
Podes acceder a documentos técnicos redactados polos seús profesionais que recibides
semanalmente para confeccionar unha Biblioteca Virtual e complementar cada
unidade didáctica que esteades a estudar con estes exemplos esclarecedores de
actualidade deportiva.informacion en www.iesport.es
01.11.2010
A Asociación Monte Pindo Parque Natural preséntase en sociedade e organiza unha conferencia informativa en Carnota, O pasado 17 de outubro de 2010 naceu no Pindo a Asociación Monte Pindo Parque Natural para promover a declaración deste insigne espazo natural baixo a citada figura de protección ambiental, maís información en www.montepindo.org
01.11.2010
A Escola de Tempo Libre Pasatempos en colaboración coa Asociación de Oceanógrafos de Galicia convoca diversos cursos de tempo libre:
CURSO DE DIRECTORES DE TEMPO LIBRE
Datas: 15 de Xaneiro ó 16 de Marzo 2011 (Fíns de Semana)
CURSO DE MONITORES DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE
Datas: 15 de Xaneiro ó 17 de Abril de 2011. (Fíns de Semana)

01.11.2010
A Federación Madrileña de Montañismo xunto coa Consejeria de Educación da Comunidade de Madrid, asinaron o Convenio que permitiu a creación do Centro de Formación da Escola Madrileña de Alta Montaña, situado no complexo educativo de Ciudad Escolar.
A partir do curso 2005 reiniciouse en Madrid a formación para obter as titulacións de Técnicos Deportivos en Montaña e Escalada.
Se estás interesado e queres recibir información dos Cursos de Técnicos Deportivos en Montaña e das Probas de acceso mandanos os teus datos a: infotecnicos@fmm.es
Ao longo do curso 2010 2011 impartirase 1 curso do Primeiro Nivel do Grao Medio do "Certificado de Iniciación ao Montañismo" de forma consecutiva.También realizaranse as probas de acceso para os cursos de segundo nivel nas especialidades de Escalada e Media Montaña
20.10.2010
Ás actividades dá Agrupación Micoloxica a Zorrota de Outono 2010.

13 E 14 DE NOVEMBRO 2010
Exposición de cogomelos frescos non Salón Rexio do Círculo Mercantíl e Industrial de Vigo, concurso de composicións e cestos con cogomelos.

LUNS MICÓXICOS: do 11 de outubro ou 20 de decembro a partir dás 19:30 horas en Camelias 78 of. K, local onde reúnese a Agrupación.(cedido polo Club Montañeiros Celtas)

16.10.2010
Hoxe, día 16 chego a Vigo en tren, Sechu lópez, tiña varios dedos vendados debido ás conxelacións sufridas, foi tratado nun hospital de Zaragoza das súas lesións, parecia contento e bastante animado a pesar de todo, nos falou do seu fastidio por non realizar cumio no Manaslu.
Varios socios do club foron a recibilo a estación e esperamos que nun futuro non moi afastado, nos conte con detalle a súa aventura e ensínenos as súas fotos da expedición.
03.10.2010
Foto de hoxe no CB: Sechu con Pauner (esquerda da imaxe) e con Soria (dereita). Onte, 1 de outubro, acadaron o cumio do Manaslu 8.163 m.
Sechu conta que Mañá saen para arriba el, Stefano,Unai Llantada e Xavi Arias co serpa destes últimos, contan facer cumio o día 6, agora mesmo está a nevar e a mayoria das expedicións están a marchar.
Dixo que mañá intentaría actualizar o blog comunicando que empeza a ascender, seguiremos informando cada vez que teñamos noticias.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net