Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Novas

10.01.2011
O GRUPO DE ALTA MONTAÑA ESPAÑOL ten previsto facer un Stage de Alpinismos Invernal, que tera lugar nos Alpes Franceses de 15 ao 22 de Xaneiro do 2011, durante estos días os alpinistas seleccionados poderán realizar, de forma autonoma, activodades invernais asesorados polos responsables do GAME.
O club Montañeiros Celtas pode suxerir posibles participantes.
Os mesmos deberán ser alpinistas activos e menores de 26 anos.A data límite de presentar candidatos(co seu historial alpinisticos) e o 10 de Xaneiro do 2011.O prezo do "stage" e de 160 Euros e inclúe aluxamento en réximen de media pensión.
05.01.2011
Debido a un erro nos prezos na parte correspondente á Responsabilidade Civil, publícanse uns novos prezos das licencias de espeleo

A FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA ven de publicar os prezos para as licencias de 2011.

02.01.2011
MACIZO DE UBIÑA - Peña Ubiña - Torrebarrio (San Emiliano - León)
30 Prazas en liteiras
Auga corrente, servizos, ducha con auga quente, luz eléctrica, calefacción, lugar para cociñar e cheminea.
Reserva
986 208 758
Federados 2'50€
Non federados (acompañados por federados) 8€
01.01.2011
O pasado 5 de Decembro puxeron fin a súa aventura os nosos socios Andrés Fraga e Juan Rivas "Coru" despois de sete meses de andaina, percorrer 11 paises, 7000 km e gastar 7 pares de zapatillas, chegaron a Santiago.
A súa aventura que comezou no mes de Abril en Nordapp chegou o seu fin na Praza do Obradoiro onde foron acompañados nos seus últimos paso por varios socios do Club.
Noraboa!!!!

Para coñecer máis de esta aventura podedes entrar na súa páxina:
http://6mpasos.com/?lang=es
01.01.2011
FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO xa ten o prezo das licencias 2011.
2 Aseguradoras a elixir
10 Modalidades de seguros a elixir - Segundo a súa actividade.
Mutualidad General Deportiva
ASEFA S.A.
Solicite información no seu clube de modalidades e coberturas.
Te da dereito a participar con preferencia nas actividades federativas.
Dereito a participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).
Axudas económicas nalgunhas actividades federativas a nivel galego, estatal e internacional.
Dereito a usa-los refuxios galegos e os que teñan convenio.
Prezos moi reducidos nos refuxios galegos.
Comunicacións periódicas.
Calendario de actividades.
Actividades divulgativas.
Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña.
01.01.2011
Estimado/a socio/a de Club Montañeiros Celtas,

Résidence Eco Le Ruitor na estación de esquí de Sainte Foy Tarentaise, Alpes franceses, ofrece un desconto especial do 20% aos socios de Club Montañeiros Celtas. Para beneficiarse deste desconto só ten que introducir o código MONTCELTASVIGO na nosa páxina de reservas ou facilitárnolo por teléfono.
Para consultas e reservas chamen o 902 106 173 (chamada nacional)
Paxina web www.ecoleruitor.com
Saúdos cordiais,
Beti Villares
18.12.2010
No Triquel de Cholo teñen unhas Xornadas de Formación sobre NUTRICIÓN DEPORTIVA. Estas novas Xornadas van encamiñadas a coñecer tódalas peculiaridades dunha boa nutrición, tanto antes, como durante e despois da realización dunha importante actividade física en Montaña. Incluímos ademais, algúns temas novos relacionados co esforzo físico, como son, os exercicios de control de respiración (Pranayama) e os temas de relaxación muscular.

28.11.2010
Os socios de Club Montañeiros Celtas Andres Fraga e Juan Rivas iniciaron no vindeiro mes de Abril un longo Camiño. Tratase de percorrer a distancia que hai entre as zonas maís ao norte de Noruega ea capital Galega.
XA ESTAN NOS PIRINEOS, FALTAN 1.000 KLM. PARA SANTIAGO, QUEREMOS DAR ANIMOS DENDE O CLUB A OS NOSOS COMPAÑEIROS NA SUA AVENTURA, PODEDES MERCAR O SEU DVD, PARA FINANCIAR A SUA VIAXE.
25.11.2010
A Semana de Cine Submarino cumpre o seu vixésimo aniversario coa estrea de dous documentais galegos que coproduciu e nos que se reflicte a riqueza das costas e os ríos da comunidade.
O certame, organizado polo Club Subacuático Baía de Vigo e a Universidade, desenvolverase os próximos días 24,25 e 26 no Centro Cultural Caixanova,o seu director Jose Luis González asegurou que as imaxes submarinas da lagoa onde nace o Miño sorprenderán máis dun: "O reflexo azul da auga obrígate a pechar os ollos. Recorda a vos Cenotes de México".
Tamén se proxectarán dous capítulos da serie Life, unha superprodución da BBC, outro documental da cadea británica que alerta sobre a desaparición de especies no Pacífico Sur e un vídeo español rodado no enclave canario de Las Gerardias.
25.11.2010
Os próximos 24, 25 e 26 de novembro no ITE de Caixa Galicia (Rolda de Nelle 31 - A Coruña) celebrarase a VII edición da Semana da montaña da Coruña co seguinte Cartel:
Día 24: Sechu López. "Gasherbrum, ás montañas luminosas: Un galego a 8000 metros"
Día 25: Juan Goyanes "Un ano Tolo: Escaladas en Patagonia, Oeste americano e Himalaia India"
Día 26: Irmáns Pou "7 paredes 7 continentes"
Todos os días ás 20 hrs.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net