26.01.2021
Bo día,
Tras as novas restricións impostas pola Xunta de Galicia no día de onte, 25 de xaneiro, vémonos obrigados a pechar o acceso ao boulder, ao local social e cancelar todas as actividades e clases ata novo aviso.
Mentres, seguiremos traballando para que cando a situación mellore poidamos retomar as actividades habituais.
Podedes tramitar as licenzas, facer consultas, preguntas, suxerencias a través
do correo electrónico: administracion2@celtas.net
por teléfono ou whatsapp no 604 08 68 23
Intentaremos contestarvos o antes posible.
Forza, paciencia e coidadevos moito, familia montañeira!