Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Faite Socio - Ficha de inscrición

Faite socio do Club Montañeiros Celtas e disfruta da montaña, da natureza e de todos os servizos da asociación.

Condicións de Inscrición

  • Cubrir a ficha cos DATOS DE SOCIO, incluíndo a conta bancaria. Unha vez cuberta a ficha de socio deberán enviala por correo a info@celtas.net.
  • Entregar 1 fotografía tamaño carné por persoa.
  • Abrir a Cota de Entrada.
  • Aboar a parte proporcional da cota do semestre actual.

Cotas de Socio

Cota de entrada

  • Os menores de idade non teñen cota de entrada.
  • Aos maiores de idade correspóndelles unha cota de entrada de 29€ (só unha cota de entrada por tipo de cota de abono, sexa abono individual ou conxunto).

Cotas semestrais de abono individual*.

  TIPO DE SOCIO IDADES COTA DE SOCIO
INFANTIL A 0 7 0,00 €
B 8 13 8,70 €
XUVENIL C 14 17 13,06 €
NUMERARIO D 18 26 17,41 €
E 27 64 21,76 €
F 65 - 10,88 €
VETERANO G 65 - 4,35 €

Abonos Conxuntos

*Para favorecer ás familias e aos socios que convivan, establécese un sistema de descontos que se aplicará aos socios que compartan unha mesma conta bancaria (cota de abono coxunto) e que cumpran cun ou cos dous requisitos seguintes:

  • Socios membros da mesma familia en liña ascendente e/ou descendente, ademáis dos irmáns: entendéndose como tales membros: pais/nais, fillos/fillas, netos/netas, avós/avoas e irmáns.
  • Socios conviventes no mesmo domicilio.

Aclaracións

  • A cota semestral cobrarase mediante recibo bancario, nos meses de xaneiro e xullo.
  • As cotas mostradas na táboa son as correspondentes ás cotas de abono individual (só un socio). Consultar o desconto correspondente en función do número de socios agrupados na mesma conta bancaria (familiares ou conviventes).
  • Para saber a idade de cada socio considerase só o ano de nacemento, sen ter en conta o día nin o mes. Por exemplo unha persoa nacida en 1990, a efectos de cotas ten 20 anos dende o 1 de xaneiro de 2010.
  • O tipo F tamén é aplicable aos pensionistas. Os de tipo G teñen unha antigüidade de 25 anos no Club.
  • Estas son as Cotas 2019 [calculadas en función da Cota Base 21,76 €/semestre].



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net