Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
25.03.2011
Finalizado o mandato como presidente do Club, por parte Fernando Fernández Rey, que se iniciado en Outubro do 2006, de acordo con la lei Xeral do Deporte da Xunta de Galicia é necesario facer eleccións a Presidente do Club cada catro anos, coincidindo coa celebración de Olimpíadas de Inverno. E fixéronse eleccións no ano 2010 a Presidente axustárense ao Regulamento do Réxime Electoral do noso Club. Aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria do 10 de Marzo do 2006. Este regulamento e a información relacionada con estas eleccións pódese obter na sede do club ou na nosa web www.celtas.net. Aprobouse na Asemblea Xeral Extraordinaria que se convocou o día Venres 22 de Outubro, o inicio o Proceso Electoral, que rematou o 18 de Novembro na que os membros da Xunta electoral firmaron a acta da resolución da convocatoria electoral do Club Montañeiros do ano 2010. En dita acta se certificou que unha vez rematada a presentación de candidaturas, non se presentou ningún candidato as devanditas eleccións, polo que remata o proceso electoral a non haber candidatos que se presentaran a dito cargo. A partir de de ese momento os membros da directiva pasan formar unha Comisión Xestora, Segundo o artigo 43 dos estatutos do Club, e no artigo 43.2 indica que teñen que convocar novas elección antes dos seis meses, e por iso que se procede a facer a seguinte convocatoria: CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL EXTRORDINARIA Estimados asociados: Seguindo as disposicións dos estatutos e do regulamento de Réxime Electoral do noso Club, convócase Asemblea Xeral Extraordinaria, que se celebrará o día Venres 25 de Marzo 2011, ás 21:00 horas en primeira convocatoria e as 21:30 en segunda, no local social da nosa entidade , sito en Avda. Camelias 78, oficina K, de Vigo. De acordo coa seguinte: ORDE DO DÍA: 1º Eleccións a Presidente do Club Nomeamento Xunta Electoral Aprobación datas calendario proceso electoral A Comisión Xestora.
18.03.2011
Proxección de video- documental comercial sobre aludes e avalanchas, que nos dará pautas para o coñecemento das causas que os producen e técnicas de prevención
11.03.2011
Proxección de video doméstico realizado por os nosos socios durante a súa expedición ao Aconcagua
04.03.2011
As 20:30 no club, duración 55 minutos. Video proxectado polo alpinista galego Roberto López no que contará a súa aventura a esta importante montaña.
25.02.2011
O próximo 25 de Febreiro o COLECTIVO BERRA, como membro da PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO, organiza unha festa reivindicativa para recaudar cartos para esta loita. Será naTABERNA MARRUCHO, na Percibilleira, Baiona. Os cartos recadados da entrada, que terá un prezo de 5 euros, irán destinados á defensa do Galiñeiro. Horario e actividades: 17.00H. Actividades para cativ@s a cargo do grupo TRASNADAS. 18.00H. Espectáculo de Novo Circo da man da compañía CIRCO ESCARRANCHADO. 19.00H. Recital de poesía das Redes Escarlata. 20.00H. "Cabesa de Boi", monólogo. 21.00H. - 23.00H. Cea solidaria acompañada de boa musica en directo co grupo A SENEIRA. 23.30H. Actuacións musicais a cargo dos grupos SKACHA, TIRO NA TESTA e BERRA BANDA. A continuación fin de festa con Incrépula Sound e DJ Cheodemoskas que ambiantarán musicalmente ata que o corpo aguante!! Para entrevistas ou información: 647058114, Gabri.
28.01.2011
Alberto e Chus contaránnos a súa variada e polifacética aventura vivida en Venezuela. Enseñaránnos os arredores de Mérida e unha aproximación aos Andes venezolanos. Relataránnos a súa experiencia en parapente, así como un breve pero asfixiante paseo por o deserto venezolano, para despois refrescarnos nas cálidas augas do caribe no que practicaron buceo con snorkel. Para finalizar darán conta da súa visita ao Parque Nacional de Canaima e nos ensinarán o Salto del Angel, los Tepuis y el "Mundo perdido", así como a gran Sabana.
14.01.2011
Neste documental se nos conta a derradeira aventura do alpinista francés Patrick Berhault consistente na realización de ascender as 82 cumes de 4.000 metros dos alpes, realizados nos meses de marzo e abril do 2004. Idioma: Francés Duración: 50 minutos Pásate polo local social a partir das 20:30
17.12.2010
Montañeiros Celtas celebra na súa sede, a súa tradicional festa navideña, outro ano máis¡ o nadal está aí á volta da esquina, e como cada ano se organiza a festa de despedida de ano. o evento tera lugar no local social, o venres día 17 de Decembro a partir das 20:30, podedes participar levando algo de comer ou beber. ......Animádevos a participar co club para que a festa desde ano sexa inesquecible¡.......... En Galicia existe toda unha tradición oral relacionada co Nadal. Un tempo propicio para os contos, romances, vilancicos e cantos de reis
17.12.2010
A concelleira de Xuventude, presentou a segunda edición das xornadas Moceando, que se desenvolverán do 17 ao 19 de decembro nunha carpa instalada fronte ao Náutico. O obxectivo desta iniciativa, que inclúe concertos, proxeccións, xogos e obradoiros, é "amosar o que están facendo os mozos e mozas da nosa cidade no seu tempo de lecer e rachar cos estereotipos e a mala imaxe que moitas veces se transmite da mocidade". Montañeiros Celtas estara representado con un stand onde, ensinara a os mozos as actividades que se fan no club, facendo una labor de promoción entre a xuventude, e tamen presentara duas proxecións: 1º Sechu lopez queo 2 de Agosto do 2009, fixo cume no Gasherbrum II (8.035 m) na cordilleira do Karakoum , converteu un sono en unha xesta. 2º A actividade de Joel que xunto con Gonzalo, Pepe Zamorano e Jose e Jose Juan, presentarán o audivisual "pasión X as fendas" 30 días en USA.
10.12.2010
No local social a partir das 20:30 veremos as fotos da viaxe a canarias de Marisa, Carlos e María, na que nos ensinaran a súa ascensión o monte Teide, o teito de España, na sua versión light e rápida que protagonizou Nacho en 8 horas. Asi mesmo nos contarán a suás experiencia en descenso de barrancos "barranco de la Masca"...
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net