Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
08.02.2013
Gran festa de carnaval para nenos e maiores, ven disfrazado a divertirte connosco, o venres 08 de febreiro, a partir das 19:30, ao noso local social. Temos música, diversión, e tres premios para os disfraces infantís, mais orixinais e logrados. Remataremos, cun chocolate quentiño, para todos....
21.12.2012
Este ano, coma en anos anteriores, nos reuniremos no local social para despedí-lo ano. Será o venres 21 de decembro a partires das 20:30h. Vos convidamos a un pincho e un viño, ademáis de contar coas vosas viandas doces e salgadas para encher os bandullos. Gustaríanos contar coas vosas ideas e participación para facela máis amena e divertida. Escribide ao noso correo electrónico: social@celtas.net con calquera idea ou suxerencia que teñades. Vémonos o día 21!! Non faltes!!
11.11.2012
Magosto Social!!! Domingo 11 de novembro, Monte Aloia 11:00h: Paseo micolóxico de recoñecemento de setas 14:00h: Concurso de cociña* 14:30h: Xantar do 70 Aniversario 16:00h: Magosto Cada persoa debe levar utensilios para comer e beber. Último día para anotarse: 8 de novembro. Prezo: Socios: de balde Non Socios: 5€ *Bases do concurso de cociña: Tódalas recetas deben ter como ingrediente principal as castañas. Cada participante pode presentar ata tres pratos, adxuntando ademáis a receta por escrito. Entre tódolos pratos se concederán catro premios: Mellor prato doce. Mellor prato salgado. Mellor presentación. Mellor elaboración. Mais información na oficina do club ou en info@celtas.net
21.07.2012
Preparade a sombriña e a toalla, que imos á praia. O 21/22 de xullo esperamos vervos no Campamento Social de Verán na Illa de Arousa. Ademais da churrascada do sábado á noite, á que estades invitados, realizaremos unha excursión en piragua dende o faro da illa de Arousa ata o Illote do Areoso, tamén chamado dos mortos, pararemos nunha batea para explicar a evolución deste cultivo na Ría de Arousa. O illote do Areoso é un lugar espectacular para a práctica de snorkel,( mergullo sen botella), con augas moi cristalinas e gran variedade de flora e fauna mariña. Ademais podemos observar as últimas aparicións arqueolóxicas como dolmens e mámoas que os ventos e o traballo das mareas nos foron descubrindo. A duración aproximada das dúas actividades é dunhas 4h. E pódense facer por separado. Para os que non se queiran mollar, teremos a posibilidade de percorrer os sendeiros marcados ao redor da illa. A Sección de Bici fará a “Volta á illa de Arousa” que partindo dende o cámping permitirá coñecer toda a illa. Un total de 23 quilómetros, practicamente llana para que non haxa escusas, incluso haberá paradiñas para cando apeteza darse un chapuzón. Prezo Camping 8€ por persoa, 12€ para NON SOCIOS, grupos de máis de 2 persoas por tenda porque o espazo é reducido Se pagas antes do 17 de xullo o prezo é o seguinte: Socios: 18€ Non socios: 27€ Se pagas despois do 17 de xullo o prezo é o seguinte: Socios: 20€ Non socios: 29,7€ Hora saída: 21 de xullo as 12:00 horas dende Celtas Hora chegada: 22 de xullo (aprox)20:00 horas a Celtas O sábado pola tarde hay a opción de facer un sendeiro ou a ruta de bici Hay posibilidad de alquilar bici media jornada por 10€ O domingo pola mañá hay a opción de facer piragüa ou Snorkel Prezo alquiler piragüa 15€ prezo snorkel 10€
03.03.2012
O venres 3 de Marzo ás 20:30h no local social do club haberá unha proxección adicada ao documental "7 Cumes, 7 Continentes". Esta proxección nos conta a experiencia polos principais cumios dos 7 continentes da alpinista asturiana Rosa Fernández, que será compañeira de Sechu nesta a súa próxima expedición ao Annapurna
17.02.2012
Gran festa de entroido para nenos e maiores; ven disfrazado a divertirte con nosco!! O próximo venres 17, a partires das 19:30h, no noso local social. Temos música, diversión, e tres premios para os disfraces infantiles máis orixináis logrados. Remataremos con un chocolate ben quentiño para todos!!!!!
03.02.2012
Venres 3 de Febreiro ás 20:30hno local social do club. O título da proxección é: PERÚ, MOITO MÁIS QUE NEVADOS. Os que participamos na viaxe e a contaremos somos: Ricardo Veiga Rial, Raimundo Fernández Calvo e Manuel Veiga Rial. (Todos empadroados en Vigo, pero socios do Club Alpino Ourensán). Durante os meses de xullo e agosto de 2011, tres "vigheses" de pro (ou de contra -según se mire-), marchámonos á Cordillera Blanca de Perú, coa intención de realizar varias escaladas. Era a nosa primeira experiencia andina e á vista do que aló atopamos, de seguro, que non será a última. Na proxección falamos do entorno e das diferencias que nos atopamos no Perú, con respecto ó que estamos acostumados aquí en Europa, das nosas primeiras sensacións ó estar por riba dos 5.000 m., e, por suposto das actividades que realizamos. Aínda que non fixemos todo o que tíñamos previsto, e nos quedamos sin acada-los desexados 6.000 m., si que nos troxemos na saca varias actividades de diferente tipo: un par de ascensión de estilo andino (o Pisco e o Vallunaraju), unha escalada clásica en xeo (a vía Ferrari ó Alpamayo), e unha escalada clásica en rocha (a vía "La del 85" á Esfinge).
28.01.2012
Como todos os anos, aínda que este un pouco máis adiantados do que tiñamos por costume facer, animámosvos a todos a que participedes na xa tradicional cea anual, que servirá para encontrarmonos cos amigos cos que non soemos coincidir, pero ademáis tamén será un pretexto para homenaxear a aqueles socios que xa levan con nós 50 e 25 anos, demostrando así a súa fidelidade e cariño ao noso Club. O lugar será: Hotel Coia, pranta baixa Ahora: Ás 21:45h O menú: -Aperitivo variado -Vieiras al Gratén -Año Leital e tenreira asada -Tarta de "xema tostada" -Café e licores o prezo: 30 € Non deixedes de vir, que haberá música para amenizar as sobremesas.
27.01.2012
Presentación de Expedición “Annapurna 2012” Venres, 27 de xaneiro, 21.00 h O noso socio Sechu López iniciará pronto unha nova aventura, regresa ao Himalaia nepalí para intentar acadar o cumio do Annapurna (8.091 m). Sechu presentará no Club esta expedición. Falará dos preparativos, adestramentos, gastos, dos imprescindibles patrocinadores e colaboradores, e como non, contaranos cousas sobre esta montaña e como ten previsto afrontar a súa ascensión, a aproximación, a ruta prevista ata o cumio... Será unha boa oportunidade para saber como se prepara unha expedición a unha das grandes montañas do planeta, facerlle preguntas que satisfagan a nosa curiosidade e para darlle o noso apoio!!! Esta expedición gaña protagonismo por realizarse no “70 Aniversario de Club Montañeiros Celtas”
16.12.2011
O venres 16 de decembro será a festa de fin de ano no local social do Club, a partires das 21:00h. Xuntarémonos para celebrar a fin de ano, e agardamos contar coa aportación dos socios, para que deleiten aos seus compañeiros co seu mellor repertorio gastronómico: todo será benvido, doce ou salgado. Nós teremos preparados uns pinchos e algo para beber. Vos esperamos a todos, cantos máis sexamos, mellor o pasaremos, e si traedes preparado algunha panxoliña mellor, que mellor.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net