Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
19.07.2014
O campamento de verán chega ao Camping de Francón, en Aldán (Cangas), onde nos citamos o sábado para comenzar actividades ás 5 da tarde, uns a dar unha volta en bici,... ¿chegaremos a Cabo Home, a Cabo Udra...?, outros a descubrir andando a Serra da Magdalena, dende o nivel do mar ao seu cúmio, por corredoiras e costas, subindo e baixando, tamén unha pequena ruta para os máis cativos,... e outros disfrutarán do baño e da praia de Francón ou de Menduiña. Ás dez degustaremos o sabroso churrasco e ...¡a saber cantas cousas máis!, conviviremos e gozaremos esa velada nocturna na praia, pero non ata moi tarde porque o domingo, ás dez da mañán teremos que sair en piragua dende a sede do Club de mar Ria de Aldán, no muelle de Aldán. ¡¡esperámosvos!! pd: Tedes que apuntarvos na oficina do Club, para o campamento e para a piragua tamén. Para o sendeiro e a bici se non quedades a cear non será necesario apuntarse con antelación.
28.02.2014
Gran festa de carnaval para nenos e maiores!!!!!!!!! Ven disfrazado a divertirte connosco, o venres 28 de febreiro, a partir das 19:30, ao noso local social. Haberá música, xogos para nenos e maiores!!! E para rematar un chocolatiño :-) ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Temos música, disfraces, xogos, chocolate e moita diversión!!!!!!!!!!!!!!!!!!
15.02.2014
Como todos os anos, animámosvos a todos a que participedes na xa tradicional cea anual, que servirá para encontrarmonos cos amigos cos que non soemos coincidir, pero ademáis tamén será un pretexto para homenaxear a aqueles socios que xa levan con nós 50 e 25 anos, demostrando así a súa fidelidade e cariño ao noso Club. Lugar: Hotel Coia (Calle Sanxenxo nº1, Vigo) Hora: 22.00h Menú Aperitivo variado Salpicón de marisco da ría Entrecot ou Rodaballo a plancha Tarta de San Marcos Café, licores Viños, cervexas, refrescos e auga Prezo: 32 euros Homenaxeados (50 anos no club): Jose Luis Vázquez Almuiña Juani Rodríguez Nuño Mª Teresa Alvarez Ruiz Enrique Benaches Perez Alfredo Rial Graña Maria Jose Bautista Veloso Homenaxeados (25 años no club): Francisco Jose Pereira Gallego Olga Millos Dominguez Jose Rosales Tenorio Susana del Carmen Soto Matos-Pita Enrique Soto Campos Serafin Valencia Triviño Jose Carlos Valencia Almansa Ivan David Valencia Almansa Javier Fernandez Comesaña Alaska Docampo Figueirido
20.12.2013
Este ano, coma en anos anteriores, nos reuniremos no local social para despedí-lo ano. Será o venres 20 de decembro a partires das 20:30h. Vos convidamos a un pincho e un viño, ademáis de contar coas vosas viandas doces e salgadas para encher os bandullos. Agradecemosvos que vos comuniquedes coa oficina para non repetir viandas. Vémonos o día 20 non faltedes!!
17.11.2013
Comezaremos o noso magosto social no refuxio do Monte Aloia (Tui) ás 11:00 horas cun paseo micolóxico de recoñecemento de setas. Faremos un xantar social sobre as 14:30 seguido do magosto sobre as 16:00. Último día para anotarse 11 de novembro CADA PERSOA DEBE LEVAR UTENSILIOS PARA COMER E BEBER PREZO: SOCIOS: A vontade ou un producto non perecedero que donaremos ó banco de alimentos. NON SOCIOS: 7€ (comida, bebida e castañas)
20.07.2013
Xa está aquí..., xa chegou o calorciño, e con el, o noso campamento de verán, que este ano celebraremos os días 20 e 21 de xullo no Camping Santa Tecla de A Guarda. Zambullirémonos nas augas do Miño, navegaremos pola súa desembocadura en piragua e andaremos polo seu magnífico estuario, á pé ou en bici. Como xa é tradicional, o sábado pola noite saborearemos unha estupenda churrascada, ou sardiñada, esta vez dentro do propio camping, así que poderemos compartir unha magnífica velada, contando coa vosa axuda, colaboración e participación, e como non, contando cos maravillosos "churrasqueiros" do ano pasado. Entrada no Camping, sábado 20 a partir das 12:00h. Precio Camping Socios.-8.-€, Precio Camping No Socios.-12 por persona, en grupos de máis de 2 persoas por tenda. Precio Aluguer Piragua: 15.-€ por persoa Precio Aluguer Bici: 10.-€ por persoa O Camping dispón dun pequeno  albergue con cuartos de literas de 2, 3 ou 4 prazas, a 35 euros o cuarto pornoite. (capacidade 25 persoas) Animádevos. Esperámosvos a todas e todos."
08.02.2013
Gran festa de carnaval para nenos e maiores, ven disfrazado a divertirte connosco, o venres 08 de febreiro, a partir das 19:30, ao noso local social. Temos música, diversión, e tres premios para os disfraces infantís, mais orixinais e logrados. Remataremos, cun chocolate quentiño, para todos....
21.12.2012
Este ano, coma en anos anteriores, nos reuniremos no local social para despedí-lo ano. Será o venres 21 de decembro a partires das 20:30h. Vos convidamos a un pincho e un viño, ademáis de contar coas vosas viandas doces e salgadas para encher os bandullos. Gustaríanos contar coas vosas ideas e participación para facela máis amena e divertida. Escribide ao noso correo electrónico: social@celtas.net con calquera idea ou suxerencia que teñades. Vémonos o día 21!! Non faltes!!
11.11.2012
Magosto Social!!! Domingo 11 de novembro, Monte Aloia 11:00h: Paseo micolóxico de recoñecemento de setas 14:00h: Concurso de cociña* 14:30h: Xantar do 70 Aniversario 16:00h: Magosto Cada persoa debe levar utensilios para comer e beber. Último día para anotarse: 8 de novembro. Prezo: Socios: de balde Non Socios: 5€ *Bases do concurso de cociña: Tódalas recetas deben ter como ingrediente principal as castañas. Cada participante pode presentar ata tres pratos, adxuntando ademáis a receta por escrito. Entre tódolos pratos se concederán catro premios: Mellor prato doce. Mellor prato salgado. Mellor presentación. Mellor elaboración. Mais información na oficina do club ou en info@celtas.net
21.07.2012
Preparade a sombriña e a toalla, que imos á praia. O 21/22 de xullo esperamos vervos no Campamento Social de Verán na Illa de Arousa. Ademais da churrascada do sábado á noite, á que estades invitados, realizaremos unha excursión en piragua dende o faro da illa de Arousa ata o Illote do Areoso, tamén chamado dos mortos, pararemos nunha batea para explicar a evolución deste cultivo na Ría de Arousa. O illote do Areoso é un lugar espectacular para a práctica de snorkel,( mergullo sen botella), con augas moi cristalinas e gran variedade de flora e fauna mariña. Ademais podemos observar as últimas aparicións arqueolóxicas como dolmens e mámoas que os ventos e o traballo das mareas nos foron descubrindo. A duración aproximada das dúas actividades é dunhas 4h. E pódense facer por separado. Para os que non se queiran mollar, teremos a posibilidade de percorrer os sendeiros marcados ao redor da illa. A Sección de Bici fará a “Volta á illa de Arousa” que partindo dende o cámping permitirá coñecer toda a illa. Un total de 23 quilómetros, practicamente llana para que non haxa escusas, incluso haberá paradiñas para cando apeteza darse un chapuzón. Prezo Camping 8€ por persoa, 12€ para NON SOCIOS, grupos de máis de 2 persoas por tenda porque o espazo é reducido Se pagas antes do 17 de xullo o prezo é o seguinte: Socios: 18€ Non socios: 27€ Se pagas despois do 17 de xullo o prezo é o seguinte: Socios: 20€ Non socios: 29,7€ Hora saída: 21 de xullo as 12:00 horas dende Celtas Hora chegada: 22 de xullo (aprox)20:00 horas a Celtas O sábado pola tarde hay a opción de facer un sendeiro ou a ruta de bici Hay posibilidad de alquilar bici media jornada por 10€ O domingo pola mañá hay a opción de facer piragüa ou Snorkel Prezo alquiler piragüa 15€ prezo snorkel 10€
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net