Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
27.02.2016
MENÚ 30€: Aperitivo variado, vieiras ao gratén, entrecot a prancha ou rodaballo con boutequier de legumes e champiñóns, tarta de xema tostada, café e licores. Tamén opción de menú vexetariano 20€ AS 22 HORAS NO HOTEL COIA Animarvos a vir, estades todos os socios e socias convidados ao café!!! Pasaremos un bo ratiño!!
05.02.2016
Gran festa de carnaval para nenos e maiores!!!!!!!!! Ven disfrazado a divertirte connosco, o venres 5 de febreiro, a partir das 20:00H, ao noso local social. Haberá un desfile-concurso para nenos e maiores!!! E para rematar un chocolatiño :-) ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Temos música, disfraces, xogos, chocolate e moita diversión!!!!!!!!!!!!!!!!!!
18.12.2015
Este ano, coma en anos anteriores, nos reuniremos no local social para despedílo ano. Será o venres 18 de decembro a partires das 20:30h. Vos convidamos a un pincho e un viño, ademáis de contar coas vosas viandas doces e salgadas para encher os bandullos. Agradecemosvos que vos comuniquedes coa oficina para non repetir viandas. Ademáis realizarase o sorteo das mochilas!!!! (que por certo, ainda quedan números por comprar, non o deixedes pasar (1número=1euro)!!!) Vémonos o día 18 non faltedes!!
08.11.2015
8 de novembro Monte Aloia Un ano máis, e xa é o cuarto, ó último desta lexislatura, celebraremos o Magosto Social no refuxio do Aloia. A partír das 11:00 horas faremos un paseo micolóxico de recoñecemento de setas guiados polos nosos compañeiros de A Zarrota, As 14:30 farase un xantar social e degustaranse as castañas asadas que algún ou algunha voluntaria preparará. Último día para anotarse 6 de novembro CADA PERSOA DEBE LEVAR UTENSILIOS PARA COMER E BEBER PREZO: SOCIOS: 1€. NON SOCIOS: 7€ (comida, bebida e castañas) Este ano traeremos castañas do Caurel, se estades interesados podemos traer máis quilos, consultádeo na oficina
18.07.2015
Queridos amigos, e socios, en definitiva querida familia montañeira, Este ano o campamento social de verán, facémolo no Grove, no Cámping Moreiras, rodeado de praias, e pegadito ao acuario. Sera o sábado 18 de xullo a partir das 12:00, ata o domingo 19 de Xullo, antes das 12:00. Teremos como todos os anos, actividades de, bici (para maiores de 16 anos), sendeiro, e piragua. E por suposto cenita todos xuntos, este ano o cámping ten a amabilidade de deixarnos un local, con terraza, e vistas ao mar.... Esperámosvos a todos, PREZOS: Socios 9.00-€ No socios.-14,00.-€ Os nenos socios ata 12 anos Gratis. Os non socios.-7,00.-€ Piragua doble.-15,00.-€ Individual.-20.00.-€
18.07.2015
Como parte das actividades do Campamento de Verán do Club (vos recordamos: playita no Grove, sendeirismo, bici, churrascada, durmir no cámping e piragua!!!) deixaremos o listón ben alto cunha preciosa ruta ciclista rodeando a península do Grove. Sairemos do Cámping Moreiras e comezaremos a rodear a parte norte da illa pegados á costa, gozando das praias e dalgún bañito que seguro caerá (a dura vida do bicimontañero) Unha vez finalizado o percorrido de ida, volveremos atravesando o interior da illa por pistas, ata chegar ao Miradoiro dá Sirandella (opcional, só para o percorrido longo), que cos seus 135 m nos ofrece unhas vistas espectaculares dende as Cíes ata Fisterra. Dende aí poñeremos rumbo de novo ao norte para completar o percorrido. Volveremos a tempo para gozar da tradicional cea-churrascada coa que nos obsequiará o Club no cámping e onde algúns mesmo intentarán descansar para coller forzas para o día seguinte. ¡ ¡ Confirmade a vosa asistencia enviando un email a info@celtas.net!!! Se non, non haberá comida nin nos preocuparemos por vós na saída :P As actividades de bici e sendeirismo son gratis, pero recordámosvos os prezos do cámping e a piragua: CÁMPING: Socios 9.00-€ No socios.-14,00.-€ Os nenos socios ata 12 anos Gratis. Os non socios.-7,00.-€ PIRAGUA: Piragua doble.-15,00.-€ Individual.-20.00.-€ FICHA RESUMO Data: Sabado 18 de Xullo de 2015 Ruta: Volta a península do Grove Hora Saída: 16:45 (se vai moita calor atrasaríase) Lugar Saída: Entrada do Cámping Moreiras, ou Grove Coordenadas GPS: 42°28'59.7"N 8°53'27.4"W 42.483256, -8.890934 Distancia: 20 km opción curta 30 km opción longa (incluíndo suba ao miradoiro) Duración: 4h Dificultade: Técnica baixa, física baixa se non sobe ao miradoiro. Confirmade a vosa asistencia pasando polo Club, chamando por teléfono o 986 438 505 ou enviando un correo electrónico a info@celtas.net A Sección de Bici
28.02.2015
Como todos os anos, animámosvos a todos a que participedes na xa tradicional cea anual, que servirá para encontrarmonos cos amigos cos que non soemos coincidir, pero ademáis tamén será un pretexto para homenaxear a aqueles socios que xa levan con nós 50 e 25 anos, demostrando así a súa fidelidade e cariño ao noso Club. Menú: Aperitivo variado (Empanada de zamburiña, xamón c/queixo manchego, brocheta de uvas c/tetilla, calamares a la romana, pulpo estilo feira). Rodaballo a plancha con patatas ao vapor ou entrecot con legumbres e champiñóns Tarta de froitas café e licores Lugar: Hotel Coia R/Sanxenxo, 1, 36209 Vigo Hora: 22:00 h. Precio: 27 euros. Homenaxeados (50 anos no club) FRANCISCO ALFAYA FERNANDEZ ROBERTO BARREAL FERREIRA Homenaxeados (25 anos no club) YOLANDA NOYA URDIALES ENRIQUE CARRERA SOTO EVARISTO FANDIÑO PEREZ EMILIO R. REY VERA MARIA GORETTI GONZALEZ RODRIGUEZ JORGE J. SALES ILLAN GUILLERMO SALES SOTO JESUS REBOREDA GRAÑA JOSE MANUEL SIERRA CASTELO
13.02.2015
Gran festa de carnaval para nenos e maiores!!!!!!!!! Ven disfrazado a divertirte connosco, o venres 13 de febreiro, a partir das 19:30H, ao noso local social. Haberá música, xogos para nenos e maiores!!! E para rematar un chocolatiño :-) ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Temos música, disfraces, xogos, chocolate e moita diversión!!!!!!!!!!!!!!!!!!
09.11.2014
Este ano un remozado refuxio danos a benvida na celebración do magosto social. A partír das 11:00 horas faremos un paseo micolóxico de recoñecemento de setas guiados polos nosos compañeiros de A Zarrota, As 14:30 farase un xantar social e degustaranse as castañas asadas que algún ou algunha voluntaria preparará. Último día para anotarse 6 de novembro CADA PERSOA DEBE LEVAR UTENSILIOS PARA COMER E BEBER PREZO: SOCIOS: 1€. NON SOCIOS: 7€ (comida, bebida e castañas)
19.07.2014
O campamento de verán chega ao Camping de Francón, en Aldán (Cangas), onde nos citamos o sábado para comenzar actividades ás 5 da tarde, uns a dar unha volta en bici,... ¿chegaremos a Cabo Home, a Cabo Udra...?, outros a descubrir andando a Serra da Magdalena, dende o nivel do mar ao seu cúmio, por corredoiras e costas, subindo e baixando, tamén unha pequena ruta para os máis cativos,... e outros disfrutarán do baño e da praia de Francón ou de Menduiña. Ás dez degustaremos o sabroso churrasco e ...¡a saber cantas cousas máis!, conviviremos e gozaremos esa velada nocturna na praia, pero non ata moi tarde porque o domingo, ás dez da mañán teremos que sair en piragua dende a sede do Club de mar Ria de Aldán, no muelle de Aldán. ¡¡esperámosvos!! pd: Tedes que apuntarvos na oficina do Club, para o campamento e para a piragua tamén. Para o sendeiro e a bici se non quedades a cear non será necesario apuntarse con antelación.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net