Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
29.10.2017
DATA: 29 de outubro LUGAR: Tatín (Mondariz) HORA comenzo: 11,00h en Aparcamento Tatín HORA REMATE: 18,00h. Do Verdugo ao Tea, nos dous ríos as súas augas proceden da Serra do Suido, unhas van cara a Ría de Vigo e outras van cara o Miño, estes ríos proporcionan unha riqueza hídrica inmensa a toda a comarca, ademáis de paixasística, ecolóxica, lecer, deportiva, ... etc. Faremos unha rutiña á medida dos máis pequenos e pequenas, e aproveitaremos o percorrido para aprender un montón de cousas, xantaremos compartindo as viandas que levemos e antes de volver á casa... ¡unha grande sorpresa!!! que mantemos en secreto para que cause todo o seu efecto. Para chegar ao aparcamento Tatín: Vigo-Mondariz-Tatín. Vos pasaremos a ubicación se a precisades. Unha Suxerencia: Saíde da autovía en Cans en dirección Ponteareas pola N120, para non ter que cruzar o centro de Ponteareas. Ademais de levar roupa e calzado axeitados, tamén gorra, crema solar e comida e auga! Inscricións ata o día 25 de outubro PREZOS: - nenos menores de 2 anos 0€ - nenos socios: 5 euro - nenos non socios: 6 euros - adultos socios: 8€ - adultos non socios: 10€
22.09.2017
DATA: 22 setembro LUGAR: Local Social HORA: 21:00 H Proxección de fotos dos campamentos de verán realizados por Montañeiros Celtas en Alpes Berneses e Pirineos. Comezamos coa proxección das fotos de Alpes Berneses e unha vez rematadas realizaremos un descanso no que se ofrecerá un pincho sorpresa. E despois do descanso, continuaremos coas fotos do campamento de Pirineos. ANÍMATE A PARTICIPAR E TRAE ALGO PARA COMPARTIR!!
15.07.2017
DATAS: 15 e 16 de xullo LUGAR: Bamio (Vilagarcía de Arousa) Este ano tócanos costa (cámping, praias, illas, churrasco, ….). O lugar escollido Vilagarcia de Arousa, aloxándonos no Cámping Río Ulla (www.campingrioulla.com), situado no lugar de Bamio, na desembocadura do Río Ulla e a 2 km de Carril, onde se atopa a Illa de Cortegada. O campamento dará comezo o sábado a partir das 12, coa recepción das persoas participantes. Despois de xantar poderemos gozar dun paseo ou unha ruta en bici. Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco á cargo da organización. O domingo pola mañán teremos á nosa disposición piraguas, esta vez sen monitor pero cun compañeiro/a de guía, para realizar un percorrido pola Ría de Arousa . Tamén hai a posibilidade de visitar a Illa de Cortegada, para o que imos contar cunha embarcación que nos achege ata alí. PREZOS ALOXAMENTO: * 0-5 anos de balde * 6-12 anos: socios de balde / non socios 7 € * >12 anos: socios 9€ / non socios 14 € PREZOS ALUGUER KAIAK: *Kaiak dobre: 30 € *Kaiak simple: 20 € NOTA: Ao anotarse hai que indicar as actividades que se queren realizar (sendeiro, bici, kaiak, visita Illa Cortegada) PARA SABER COMO CHEGAR AO CAMPING PREME NO ENLACE
03.03.2017
DATA: 3 de marzo LUGAR: Local Social Club Montañeiros Celtas HORA: 20:30 H Conferencia Fotográfica a cargo de: Jean-François Fabiol - Espeleólogo e fotógrafo Fernando Diago - aprendiz Viaxeiro
27.02.2017
XA ESTÁ A VENDA O CALENDARIO DE MONTAÑEIROS CELTAS DO 2017 Consigue o teu calendario, cunha boa colección de fotos montañeiras, polo PREZO DE 1 EURO
24.02.2017
DATA: 24 febreiro LUGAR: local social Gran festa de entroito para nenos e maiores!!!!!!!!! Ven disfrazado a divertirte connosco, o venres 24 de febreiro. A partir das 18:00h, haberá un desfile-concurso para nenos. E a partir das 20:00 h os maiores tomarán o relevo. E para rematar un chocolatiño quente :-) ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Temos música, disfraces, xogos, chocolate e moita diversión!!!!!!!!!!!!!!!!!!
18.02.2017
DATA: 18 febreiro LUGAR: Hotel Coia (R/ Sanxenxo nº 1. VIGO) HORA: 22:00 MENÚ 32€: Aperitivo variado, vieiras ao gratén, cordeiro leital ou rodaballo con boutequier de legumes e champiñóns, tarta de chocolate-crema, café e licores. MENÚ VEXETARIANO 20€ (hai que comunicalo ao anotarense) MENÚ INFANTIL 12€ (para os máis pequenos) E para remátalo acontecemento, contaremos con actuación musical en directo para animarvos a movelo esqueleto e prolongar así a xuntanza. O derradeiro día para anotarse é 14 de febreiro
16.12.2016
Este ano, coma anteriores, reunirémonos no local social para despedir o ano. Será o venres 16 de decembro a partires das 20:30h. Convidámosvos a un pincho e un viño, ademáis de contar coas vosas viandas doces e salgadas para encher os bandullos. Agradecémosvos que vos comuniquedes coa oficina para non repetir viandas. Vémonos o día 16 non faltedes!!
06.11.2016
DATA: 8 de novembro LUGAR: Refuxio Montañeiros Celtas no Monte Aloia Un ano máis, celebraremos o Magosto Social no refuxio do Aloia. A partír das 11:00 horas faremos un paseo micolóxico de recoñecemento de setas guiados polos nosos compañeiros da Zarrota. As 14:30 farase un xantar social, no que degustaremos un plato de setas, cortesída da Zarrota, e castañas asadas que algún ou algunha voluntaria preparará. CADA PERSOA DEBE LEVAR UTENSILIOS PARA COMER E BEBER PREZO (comida, bebida e castañas) SOCIOS:1€. NON SOCIOS: 7€ (*) As castañas van ser do Courel. Se hai xente que estea interesada en encargar algún quilo de castañas que avise no club.
16.07.2016
CAMPAMENTO SOCIAL DE VERÁN DATA: 16 e 17 de xullo LUGAR: CAMPING O CORGO. MUGUEIMES (MUIÑOS) PARQUE NATURAL DE OUTEIRO DE CELA Este ano trocamos a costa polo interior. Na provincia de Ourense, gozaremos da paisaxe que envolve ao encoro de Salas, aloxarémonos no camping O Corgo, situado á beira do encoro das Conchas no Parque Natural de Outeiro de Cela. O campamento dará comezo o sábado a partir das 12, coa recepción das persoas participantes. Despois de xantar poderemos gozar dun paseo ou unha ruta en bici, percorrendo as inmediacións do encoro. Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco á cargo da organización. O domingo pola mañán teremos á nosa disposición piraguas, esta vez sen monitor pero cun compañeiro/a de guía, para realizar a recomendable visita ás ruinas romanas, e á zona de baño augas termais. Esperámoste!! Prezos aloxamento: * CAMPING: - Socios adultos: 7,00€ - Non socios: 9,00€ - Menores (ata 14 anos) de balde * ALBERGUE: - Socios adultos: 10,00€ - Non socios: 12:00€ Prezos de piragua: - Piragua individual: 10,00€ - Piragua remo banco móbil: 15,00€ Opcionalmente pode reservarse xantar e almorzo no albergue: xanta ou cea, 8 euros; almorzo, 3,5 euros. Hai piscinas con acceso dende o camping, con custe de 1,5 euros/día para menores de 14 anos e 2euros/día maiores
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net