Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
30.11.2017
MONTAÑEIROS CELTAS: 75 ANOS DE AVENTURA DATA: 30 novembro LUGAR: FUNDACIÓN BARRIÉ (Policarpo Sanz, 31) HORA: 20:00 h ÁNGEL GARCÍA, "GELO", é un gran amigo dos espeleólogos de Montañeiros Celtas, é espeleólogo dende hai máis de 35 anos, explora a comarca do Asón en Cantabria, macizos de Picos e Pireneos, entre outra xeografía subterránea. Actualmente participa na exploración do Sistema Mortillano, co seu grupo o AER e outros grupos, onde van máis de 142km explorados. Tamén en expedicións noutros paises como a Patagonia. Contaranos como foi a aventura: ÚLTIMA PATAGONIA 2017. EXPEDICIÓN ISLA MADRE DE DIOS, que compartiu con outros espeleólogos cántabros e tamén locais.
29.11.2017
MONTAÑEIROS CELTAS: 75 ANOS DE AVENTURA DATA: 29 novembro LUGAR: FUNDACIÓN BARRIÉ (Policarpo Sanz, 31) HORA: 20:00 h Socio de Montañeiros Celtas dende hai máis de 50 anos. Vogal da Sección de Actividades Subacuáticas do 73 ao 79. Instructor de mergullo desde 1977, 40 anos instruíndo baixo as aguas, descubrindo tesouros polo mundo mariño, e tamén en lagos e pantanos. Iniciouse no mergullo a finais dos anos 50 e continúa mergullando na actualidade. Contaranos o porque dunha Sección de Actividades Subacuáticas nun Club de Montaña, e moitas anécdotas e experiencias dentro e fóra do Club, pero sempre polos fondos mariños.
20.11.2017
MONTAÑEIROS CELTAS: 75 ANOS DE AVENTURA DATA: 20 novembro LUGAR: CLub Faro de Vigo (R/ Oporto) HORA: 20:00 h Máis dun cento de Expedicións montañeiras noutras tantas montañas e países: Escalada Eiger e Cervino, Travesía Elbrus, Aconcagua, Kilimanjaro, Travesía Andes en solitario, Mc Kinley, Volcáns de Virunga, Volcán Sangay, Cayambe, Aconcagua, Cotopaxi (primeira exploración mundial do cráter)… ilustrarán recordos, vivencias e actividades narradas e contadas nesta proxección. A conferencia será presentada por Sechu López. Socio de Montañeiros Celtas, Ex-presidente. Alpinista. Montañeiro e  aventureiro
19.11.2017
DATA: 19 novembro LUGAR: Refuxio Monte Aloia Un ano máis chega o outono e chega o tempo das castañas e dos paseos polos soutos cheos de follas. En Montañeiros Celtas xa estamos facendo os preparativos para ter un magosto cargado de actividades e deliciosas viandas. Estate ao tanto!!
17.11.2017
MONTAÑEIROS CELTAS: 75 ANOS DE AVENTURA DATA: 17 novembro LUGAR: Sede Fundación Barrié (R/Policarpo Sanz 31) HORA: 20:00 Aroa Sío: corredora e nai, ou ...nai e corredora,.... unha muller que acaba de caer do ceu nas carreiras por montaña, e corre, corre como se a perseguiran. Acada todos os poidums que lle poñen diante. No 2016 fai o seu primeiro maratón en Somiedo, queda 3ª na clasificacón xeral, Trail (17km 600m) en Portugal, acada o 2º posto, no ano actual 1ª clasificada no Quiroga Trial, 2ª clasificada no Tres Valles, no Alto Sil Kilómetro vertical e ReventON, Desafío Somiedo, primeira no Madeira Island e Ultra Porto, ... e para rematar o ano na Ulta Sanabria By stagess (94km 4500m) queda de primeira. Contaranos como vive as carreiras, a súa experiencia nas distintas distancias e desniveis, e as anécdotas que vai acumulando na súa vida de CORREDORA.
16.11.2017
DATA: 16 novembro HORA: 18:30 LUGAR: Fundación Barrié (R/ Policarpo Sanz 31 Acto de inauguración da exposición que percorre a historia de montañeiros Celtas a través das diferentes seccións e dos mateiriais empregados nas actividades. A exposición estará aberta ata o 14 de decembro, de mates a domingos en horario de mañan e de tarde.
15.11.2017
MONTAÑEIROS CELTAS: 75 ANOS DE AVENTURA DATA: 15 novembro LUGAR: Sede Afundación Vigo (R/ Policarpo Sanz 24) HORA: 20:00 Carlos Soria, de 78 anos, segue subindo grandes montañas, inmerso no proxecto de alcanzar as máis altas da Terra, os catorce ochomiles (só lle faltan dous), que vai máis aló de ser un fito deportivo. Ademais da culminación dunha carreira dedicada á montaña, os valores transmitidos por Carlos, como exemplo de tenacidade e superación, convertéronse nunha auténtica referencia internacional. É o único alpinista que escalou once montañas de máis de 8.000 metros despois de cumprir os 60 anos.- A conferencia consiste nun percorrido polas montañas que escalou despois de cumprir 70 anos, con fotos e vídeos curtos, ademais dalgunhas fotos antigas comparando como cambiou todo, e tamén falando sobre os seus adestramentos. A conferencia será presentada por Sechu López. Socio de Montañeiros Celtas, Ex-presidente. Alpinista. Montañeiro e  aventureiro
14.11.2017
MONTAÑEIROS CELTAS: 75 ANOS DE AVENTURA DATA: 14 novembro LUGAR: Sede Afundación de Vigo (R/ Policarpo Sanz 24) HORA: 20:00 H Ferran Latorre conquistou o seu primeiro oito mil, o Annapurna, en 1999, durante unha rodaxe co programa de TVE "Al Filo de lo imposible". Coa ascensión ao Everest o pasado 27 de maio, concluíu o seu proxecto de escalar os 14 cumes de máis de 8000 metros, converténdose no primeiro catalán e cuarto español en conseguilo. A conferencia será presentada por Sechu López. Socio de Montañeiros Celtas, Ex-presidente. Alpinista. Montañeiro e  aventureiro
08.11.2017
MONTAÑEIROS CELTAS: 75 ANOS DE AVENTURA DATA: 8 novembro LUGAR: Club Faro de Vigo (R/ Oporto) HORA: 20:00 h As expedicións ás afastadas rexións polares son e foron sempre arduas empresas, ás veces imposibles e sempre milagres permanentes ao bordo de explotar. Sobre espazos baleiros e sen refuxio, o explorador realiza sempre dous itinerarios; o do camiño en se e o da súa mente, ás veces leste é o camiño máis complicado pero tamén pode ser o máis cómico. Vou contarvos o que nunca se conta das grandes viaxes ao extremo. Chismes baixo a lona dunha tenda, o serio e tamén os nosos temores. A conferencia será presentada por Sechu López. Socio de Montañeiros Celtas, Ex-presidente. Alpinista. Montañeiro e  aventureiro
29.10.2017
DATA: 29 de outubro LUGAR: Tatín (Mondariz) HORA comenzo: 11,00h en Aparcamento Tatín HORA REMATE: 18,00h. Do Verdugo ao Tea, nos dous ríos as súas augas proceden da Serra do Suido, unhas van cara a Ría de Vigo e outras van cara o Miño, estes ríos proporcionan unha riqueza hídrica inmensa a toda a comarca, ademáis de paixasística, ecolóxica, lecer, deportiva, ... etc. Faremos unha rutiña á medida dos máis pequenos e pequenas, e aproveitaremos o percorrido para aprender un montón de cousas, xantaremos compartindo as viandas que levemos e antes de volver á casa... ¡unha grande sorpresa!!! que mantemos en secreto para que cause todo o seu efecto. Para chegar ao aparcamento Tatín: Vigo-Mondariz-Tatín. Vos pasaremos a ubicación se a precisades. Unha Suxerencia: Saíde da autovía en Cans en dirección Ponteareas pola N120, para non ter que cruzar o centro de Ponteareas. Ademais de levar roupa e calzado axeitados, tamén gorra, crema solar e comida e auga! Inscricións ata o día 25 de outubro PREZOS: - nenos menores de 2 anos 0€ - nenos socios: 5 euro - nenos non socios: 6 euros - adultos socios: 8€ - adultos non socios: 10€
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net