Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
15.02.2019
DATA: 15 de Febrero HORA: 20:30 h LUGAR: Local Social Montañeiros Celtas O noso compañeiro Fernando Diago e Jean-François Fabriol compartirán con todos nos as súas Andainas polo Nepal nunha charla fotográfica. Agardámosvos!!!
02.02.2019
DATA: 2 de febreiro HORA: de 16h a 19h LUGAR: Club Montañeiros Celtas O sábado 2 de febreiro agardamosvos no club para pasar unha tarde divertida xogando en familia. Haberá algúns xogos pero traede tamén algún dos vosos para compartir unha tarde diferente onde a diversión está asegurada. Non esquezades a merenda! Inscripción ata o 1 de febreiro
25.01.2019
DATA: 25 de Xaneiro HORA: 20:30 h LUGAR: Local Social Montañeiros Celtas O noso compañeiro Yoël Rodríguez e José Juan Domínguez (Club Aromon)l compartirán con todos nos nunha charla fotográfica as súas vivencias cando escalaron a parede do Capitán no Yosemite Park. Agardámosvos!!!
21.12.2018
DATA: 21 decembro LUGAR: local social Montañeiros Celtas HORA: 20:30 Un ano máis chega decembro e ven a hora das comidas cos amigos para lembrar as cousas que se fixeron durante o ano e proxectar as do ano que ven... Montañeiros Celtas convida aos seus socios o día 21 de decembro no seu local social ao que xa ven sendo o clásico pincho de despedida do ano montañeiro. O pincho e o viño ponno o club e convidamos a que os socios e socias poñades as lambonadas doces e salgadas que consideredes. Este ano contaremos con algunha sorpresiña! Animádevos a participar! Data limite de inscrición: 21/12/2018
11.11.2018
DATA: 11 de Novembro LUGAR: Monte Aloia Un ano máis, celebraremos o Magosto Social no refuxio do Aloia. A partir das 11:00 horas faremos un paseo micolóxico de recoñecemento de setas guiados polos nosos compañeiros de A Zarrota, As 14:30 farase un xantar social. O menú estará feito con productos de tempada (cabaza, setas…) e elaborado polos e polas chefs da Zarrota e dos Montañeiros Celtas. De postre degustaranse as castañas asadas que algún ou algunha voluntaria preparará. CADA PERSOA DEBE LEVAR UTENSILIOS PARA COMER E BEBER PREZO: SOCIOS: 1€. NON SOCIOS: 7€ (comida, bebida e castañas)
28.09.2018
DATA: 28 de setembro LUGAR: Local social HORA: 20:30 O venres faremos unha proxección de fotos e videos, resumo das actividades montañeiras en Pireneos2018. Se queredes traer algunha foto ainda estamos a tempo pero non o demoredes moito. Acompañaremos a proxección con un viño da terra. Esperámosvos a todas e todos!!!
21.07.2018
DATAS: 21 e 22 de xullo LUGAR: Vilanova de Arousa Volvemos á Ría de Arousa (cámping, praias, illas, churrasco, ….). O lugar escollido: Campin El Terrón en Vilanova de Arousa. O campamento dará comezo o sábado a partir das 12, coa recepción de participantes. Despois de xantar poderemos gozar dun paseo ou unha ruta en bici. Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco. O domingo haberá piraguas e poderemos gozas das marabillosas praias da zona. PREZOS ALOXAMENTO: * 0-5 anos de balde * 6-18 anos: socios de balde / non socios 5 € * >18 anos: socios 7€ / non socios 10 € PREZOS PIRAGUAS: *Piragua individual 5 euros *Piragua dobre 3 euros por persoa Esperámosvos!!! Actividade Subvencionada pola DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
27.04.2018
DATA: 27 abril HORA: 21:00 h LUGAR: Local Social Montañeiros Celtas Proxección de fotos da expedición ao Nepal realizada por soci@s do club no mes de outubro de 2018. Poderemos disfrutar coas fotos e as anécdotas que nos van contar os nosos compañeir@s. VALO PERDER??
20.04.2018
Data: 20 de abril Hora: 20:00h Lugar: Local Social ASEMBLEA XERAL ORDINARIA A actual Xunta Directiva en reunión do día 13/03/2018 acordou, ao abeiro dos artigos 20 e 21 dos nosos Estatutos, convocar Asemblea Xeral Ordinaria o próximo día 20 de abril ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no local social situado en Avda. Camelias 78 oficina K, segundo á orde do día que se expón a continuación: Orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria 1) Aprobación se procede, das actas anteriores Asemblea Ordinaria e Asemblea Extraordinaria 2) Presentación e aprobación, se procede da Memoria de actividades do ano 2017 3) Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais de 2017 4) Presentación e aprobación, do calendario de actividades do ano 2018 5) Presentación e aprobación se procede, do orzamento para o ano 2018 6) Informe xestións local anexo 7) Propostas dos asociados 8) Rogos e preguntas As actas anteriores das Asembleas Xeral Ordinaria e Xeral Extraordinaria non serán lidas e estarán a disposición dos socios na oficina do Club e/ou no Taboleiro de anuncios a partir do día 05/04/18, xunto coa seguinte documentación: Censo de socios con dereito a voto, Balances e conta de resultados de 2017. As Propostas dos asociados deberán presentarse segundo os estatutos con 5 días de antelación a celebración da asemblea. PARTICIPA!!
17.02.2018
CEA ANUAL 2018 DATA: 17 febreiro LUGAR: Hotel Coia R/Sanxenxo, 1. Vigo HORA: 22:00 Animamos a participar na Cea Anual, encontro anual de socios e socias, amigos e compañeiros, e como non, animamos a compartir a homenaxe a socios e socias que durante 50 anos e 25 anos mantén o bo facer deste Club. Lembrade que tamén podedes vir tomar un café despois da cea e compartir uns momentos!!! MENÚ Xeral: 33€ (Aperitivos, Vieiras, Rodaballo ou Solomillo de Ternera, tarta de chocolate) MENÚ VEXETARIANO: 20€ (Ensalada mixta completa, parrillada de verduras e legumes, variado de queixos) MENÚ INFANTIL: 12€ (Aperitivos, pechuga de polo) E para remátalo acontecemento, contaremos con actuación musical en directo para animarvos a movelo esqueleto e prolongar así a xuntanza. O derradeiro día para anotarse é 14 de febreiro Os socios homenaxeados este ano son: Socios que cumpren 50 anos (ano de alta 1968) David Casado Neira José Blanco Puga Manuel Pérez Castell Pablo Moa Rodríguez Marta Santalla Ferradas Socios que cumpren 25 anos (ano de alta 1993) Maruxa Barros Rodríguez María Ángeles Prieto Casado Antonio Caldelas Alén Olga Campos Franco Alejandro Caldelas Campos Raquel Baliño Pérez María Dolores Campos Franco Raúl Campos Franco María Pilar García Gracia Sechu López Pérez Antonio Álvarez Díaz Daniel Rodas López Jacobo Ulloa Vázquez Helena Casado Estévez FELICIDADES A TODAS E TODOS!!!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net