Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
07.05.2010
O Venres 7 de Maio será a festa de primavera no local social do Club a partir das 20:30, e faremos unha sangría aproveitando a froita de esta época do ano, tamen esperamos contar coa aportación dos socios, para que deleiten ao seus compañeiros, co seu mellor repertoro gastronómico, todo será benvido doce ou salgado. FAREMOS ENTREGA DOS DIPLOMAS DO CONCURSO DE MONTAÑA Montaña Excelsior - Concepción Silva Veiga -Juan Carlos moráis matos -Jose Lucrecio Álvarez Pousa - Víctor Revenga Lama Montañeiro de 1ª categoría - Mónica Martínez - Javier Balado Montañeiro de 2ª categoría - Fernanda Marcos Fernández Montañeiro 3ª categoría - Purificación Collazo Martínez
27.02.2010
Celebrarase no Hotel Coia o precio é de 31 € o menú é: Aperitivo variada Langostinos á plancha con dúas salsas Cordeiro e tenreira asada con guarnición de legumes e champiñóns Tarta de San Marcos Cefé e licores Socios que cumpren 50 anos: Margarita Ferradás Pastoriza, Jose Juán Montes Cardalda. Socios que cumpren 25 anos:Conchi Barciela Villar,Iago Tomé Feijoo Roldán,José Rodríguez Oveja.
26.02.2010
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2010 CONVOCATORIA A actual Xunta Directiva, ao abeiro dos nosos Estatutos e do disposto nos seus artigos 20 e 21 convoca ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o día Venres 26 de Febreiro de 2010, ás 20:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas, na segunda, no local Social da nosa entidade sito na Avda. Camelias núm. 78, oficina K, de Vigo, coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Saúdo do presidente e presentación da actual Xunta Directiva do Club Montañeiros Celtas. 2. Aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 6 de Marzo do 2009. 3. Aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral Extrordinaria celebrada o 6 de Marzo do 2009. 4. Presentación e debate de memorias de actividades do ano 2009. 5. Presentación e aprobación, se procede, das contas do ano 2009, Balance, Liquidación de Orzamento. 6. Presentación e aprobación do Orzamento para o ano2010. 7. Rogos e preguntas Esta convocatoria foi aprobada pola Xunta Directiva na súa reunión do día 20 de Xaneiro do 2010. Notas: -As actas da Asemblea do 6/03/09 non se lerá na Asemblea. -Estará a disposición dos socios na oficina do Club e/ou no Taboleiro de anuncios a seguinte documentación: · Actas da Asemblea antes indicadas, · Censo dos socios con dereito a voto nesta Asemblea, · Balance do ano 2009.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net