Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
24.09.2010
O Venres 24 de Septembro será a festa do reencontro no local social do Club a partires das 20:30. Xuntarémonos para contar as nosas aventuras despois do verán e esperamos contar coa aportación dos socios para que deleiten ao seus compañeiros co seu mellor repertorio gastronómico. Todo será benvido, doce ou salgado. A PARTIRES DAS 20:30 NO LOCAL SOCIAL DO CLUB MONTAÑEIROS CELTAS
22.08.2010
Ás dez da mañan do Domingo no refuxío do Galiñeiro como base, faremos traballos de mantenemento dos nosos sendeiros, como repintar, repoñer alún poste de sendeiro, desbrozar, etc., o Club levará empanadas para todos. Os que queran xa poden ir o sabado, para para preparar o traballo do domingo.
01.08.2010
Ás dez da mañan do Domingo no refuxío do Aloia faremos traballos de mantenemento do refuxío, como arranxo de goteiras, fiestras, pintar, etc., o Club levará empanadas para todos. Os que queran xa poden ir o sabado, para para preparar o traballo do domingo.
17.07.2010
En Galicia existen mil e un lugares onde perderse. Un deles está na rexión natural do Barbanza, no oeste da Península Ibérica, case Finis Terrae xeográfica, onde as praias salvaxes, case baleiras, augas cristalinas, o clima... fan do espazo un lugar ideal para visitar e gozar; unha serra cun encanto especial, cercada por cantís e praias. Este ano cambiaremos a nosa tradicional sardiñada por unha churrascada con criollos e viño, e tamén gozaremos da praia. Podemos camiñar até o mirador da Curota, a uns preto de 514 m sobre o nivel do mar, cun entorno forestal. Pódese admirar o Barbanza, a Ría de Arousa, as Illas de Arousa, Sálvora, dunas de Corrubedo, Cíes, Lagoas de Corrubedo e Vixán, Punta Xuño e Neixón. En días claros comeza unha vista magnífica sobre toda a costa oeste de Galicia, de Fisterra ao Monte de Santa Tegra (A Guarda).
07.05.2010
O Venres 7 de Maio será a festa de primavera no local social do Club a partir das 20:30, e faremos unha sangría aproveitando a froita de esta época do ano, tamen esperamos contar coa aportación dos socios, para que deleiten ao seus compañeiros, co seu mellor repertoro gastronómico, todo será benvido doce ou salgado. FAREMOS ENTREGA DOS DIPLOMAS DO CONCURSO DE MONTAÑA Montaña Excelsior - Concepción Silva Veiga -Juan Carlos moráis matos -Jose Lucrecio Álvarez Pousa - Víctor Revenga Lama Montañeiro de 1ª categoría - Mónica Martínez - Javier Balado Montañeiro de 2ª categoría - Fernanda Marcos Fernández Montañeiro 3ª categoría - Purificación Collazo Martínez
27.02.2010
Celebrarase no Hotel Coia o precio é de 31 € o menú é: Aperitivo variada Langostinos á plancha con dúas salsas Cordeiro e tenreira asada con guarnición de legumes e champiñóns Tarta de San Marcos Cefé e licores Socios que cumpren 50 anos: Margarita Ferradás Pastoriza, Jose Juán Montes Cardalda. Socios que cumpren 25 anos:Conchi Barciela Villar,Iago Tomé Feijoo Roldán,José Rodríguez Oveja.
26.02.2010
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2010 CONVOCATORIA A actual Xunta Directiva, ao abeiro dos nosos Estatutos e do disposto nos seus artigos 20 e 21 convoca ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o día Venres 26 de Febreiro de 2010, ás 20:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas, na segunda, no local Social da nosa entidade sito na Avda. Camelias núm. 78, oficina K, de Vigo, coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Saúdo do presidente e presentación da actual Xunta Directiva do Club Montañeiros Celtas. 2. Aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 6 de Marzo do 2009. 3. Aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral Extrordinaria celebrada o 6 de Marzo do 2009. 4. Presentación e debate de memorias de actividades do ano 2009. 5. Presentación e aprobación, se procede, das contas do ano 2009, Balance, Liquidación de Orzamento. 6. Presentación e aprobación do Orzamento para o ano2010. 7. Rogos e preguntas Esta convocatoria foi aprobada pola Xunta Directiva na súa reunión do día 20 de Xaneiro do 2010. Notas: -As actas da Asemblea do 6/03/09 non se lerá na Asemblea. -Estará a disposición dos socios na oficina do Club e/ou no Taboleiro de anuncios a seguinte documentación: · Actas da Asemblea antes indicadas, · Censo dos socios con dereito a voto nesta Asemblea, · Balance do ano 2009.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net