Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
03.12.2010
Visualización de fotos de Chus e Alberto, ensinaran mediante fotos as súas aventuras por Tanzania, a fauna do lugar, a ascensión o monte Meru, o parque Ngorongoro... Anímate e pásate polo local social o venres a partir das 20:30!!!
26.11.2010
No local social as 20:30 presentado por Pedro. Contaranos a súa aventura en bicicleta a través dos Alpes, e a súa viaxe a pé e en autostop por Centroamérica.
19.11.2010
Visionado das fotografías da viaxe de Eliseo León, Gaspar e outros colegas ás Dolomitas (Italia) Ás 20:30h no local social do Club.
12.11.2010
Visionado e tertulia das fotografías dunha viaxe, de tres socios do club. Achegate a ver como foron 1000 Km en bici a orillas do Danubio.
06.11.2010
A próxima actividade social e gastronómica para os socios realizarase no Aloia, con ocasión do Magosto Social. Xa sabedes que estades todos invitados ás castañas e ao viño do Sabado 6 de Novembro, os que queiran vir pola noite ata o refuxio. O día seguinte Domingo 7 pola mañá, se faran xogos populares, petanca, e percorridos polo parque natural do Aloia. Abrirase unha lista no club para calcular o numero de persoas, e mercar castañas necesarias para todos..............................ANOTARSE CON ANTELACION....................................
05.11.2010
Visionado e tertulia das fotos do campamento de Pirineos de Agosto 2010. Comezará as 20:30 no local social do club.
22.10.2010
ELECCIONS 2010 A PRESIDENTE DO CLUB No presente ano finaliza o meu mandato como presidente de Club, que se iniciou en outobro do 2006, de acordo coa lei Xeral do Deporte da Xunta de Galicia, é necesario facer eleccións a Presidente do Club cada catro anos, coincidindo coa celebración das Olimpiadas de inverno. As Eleccións 2010 a Presidente axustarense ao Regulamento do Réxime Electoral do noso Club. Aprobado na Asamblea Xeral Ordinaria do 10 de Marzo do 2006, tamén, e tendo en conta o que decida na Asamblea Xeral Extrordinaria que se convoca para o día venres 22 de outubro, no que se inicia o Proceso Electoral. Este regulamento e a información relacionada con estas eleccións pódese obter na sede do club ou na nosa web www.celtas.net.
01.10.2010
Os socios do Club Ana RodrÍguez e José Carlos Lorenzo, presentaranos unha proxección de fotos no noso local, onde comentarán as experiencias da suá ascensión ao cumio do Pico Lenin de 7.134 m, na cordilleIra do Pamir. Compartirán con todos nós as fermosas fotos que fixeron nas montañas e nos contarán o sentimento alpinistico sentido despois de ter acadado o seú reto de ascender ao cumio. A PROXECCIÓN ESTÁ PREVISTA PARA O DÍA VENRES DIA 1 DE OUTUBRO AS 20:30 NO LOCAL SOCIAL DE MONTAÑEIROS CELTAS. AGARDAMOS A VOSA ASISTENCIA!!
24.09.2010
O Venres 24 de Septembro será a festa do reencontro no local social do Club a partires das 20:30. Xuntarémonos para contar as nosas aventuras despois do verán e esperamos contar coa aportación dos socios para que deleiten ao seus compañeiros co seu mellor repertorio gastronómico. Todo será benvido, doce ou salgado. A PARTIRES DAS 20:30 NO LOCAL SOCIAL DO CLUB MONTAÑEIROS CELTAS
22.08.2010
Ás dez da mañan do Domingo no refuxío do Galiñeiro como base, faremos traballos de mantenemento dos nosos sendeiros, como repintar, repoñer alún poste de sendeiro, desbrozar, etc., o Club levará empanadas para todos. Os que queran xa poden ir o sabado, para para preparar o traballo do domingo.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net