Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
10.11.2019
DATA: 10 de Novembro LUGAR: Monte Aloia HORA DE COMEZO: 11h HORA DE REMATE: 17h (Este ano pecharemos o refuxio ás 17h para que todo o mundo poida ir votar). Un ano máis, celebraremos o Magosto Social no refuxio do Aloia. A partir das 11:00 horas faremos un paseo micolóxico de recoñecemento de setas guiados polos nosos compañeiros de A Zarrota, As 14:30 farase un xantar social. O menú estará feito con productos de tempada (cabaza, setas…) e elaborado polos e polas chefs da Zarrota e dos Montañeiros Celtas. De postre degustaranse as castañas asadas que algún ou algunha voluntaria preparará. POR FAVOR, NON OLVIDEDES OS UTENSILIOS PARA COMER E BEBER PREZO (comida, bebida e castañas): SOCIOS: 1€. NON SOCIOS: 7€
04.10.2019
DATA: 4 de outubro LUGAR: Local social HORA: 20:30 O venres faremos unha proxección de fotos e videos, resumo das actividades montañeiras nas Illas Azores. Acompañaremos a proxección con un viño. Agardámosvos a todas e todos!!!
20.07.2019
LUGAR: Camping O Corgo. Mugueimes (Muíños) Parque Natural de Outeiro de Cela DATAS: 20 e 21 de Xullo A petición de moitos dos que xa o disfrutamos, este ano volveremos ao camping O Corgo, situado á beira do encoro das Conchas no Parque Natural de Outeiro de Cela. O campamento dará comezo o sábado a partir das 12h, coa recepción das persoas participantes. Despois de xantar poderemos gozar dun paseo ou unha ruta en bici, percorrendo as inmediacións do encoro. Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco á cargo da organización. O domingo pola mañán teremos á nosa disposición piraguas, esta vez sen monitor pero cun compañeiro/a de guía, para realizar a recomendable visita ás ruinas romanas, e á zona de baño augas termais. *Para os que o desexen hai posibilidade de reservar o camping a noite do venres ao mesmo prezo. PREZOS: Camping: - Socios adultos: 7,00€ - Non socios: 10,00€ - Socios menores (ata 14 anos) de balde - Non socios menores (ata 14 anos): 5,00€ Albergue: - Socios adultos: 10,00€ - Non socios: 12:00€ Prezos de piragua: - Piragua individual: 10,00€ - Piragua remo banco móbil: 15,00€ Agardámoste!!
24.05.2019
DATA: 24 de maio HORA: 20:00H LUGAR: Local Social APRAZAMENTO DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA Por problemas técnicos, a Xunta Directiva tivo que tomar a decisión de aprazar as asembleas do día 26 de abril ao 24 de maio. Rogamos disculpas. ASEMBLEA XERAL ORDINARIA Segundo os artigos 20 e 21 dos nosos Estatutos, convocamos Asemblea Xeral Ordinaria o próximo día 24 de maio ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no local social situado en Avda. Camelias 78 oficina K, segundo á orde do día que se expón a continuación: Orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria 1) Aprobación se procede, da acta da anteriore Asemblea Xeral 2) Presentación e aprobación, se procede da Memoria de actividades do ano 2018 3) Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais de 2018 4) Incremento de cuotas sociais 5) Informe de locais visitados para futuro local social 6) Presentación e aprobación, do calendario de actividades do ano 2019 7) Presentación e aprobación se procede, do orzamento para o ano 2019 8) Propostas dos asociados 8) Rogos e preguntas A acta anterior da Asemblea Xeral Ordinaria non será lida e estará á disposición dos socios na oficina do Club e/ou no Taboleiro de anuncios a partir do día 11/04/19, xunto ó Censo de socios con dereito a voto. A documentación: Balances e conta de resultados de 2018, estará dispoñible a partir do día 7 de maio. As Propostas dos asociados deberán presentarse segundo os estatutos con 5 días de antelación a celebración da asemblea. ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA Ao remate da Asemblea Xeral Ordinaria convócase Asemblea Xeral Extraordianaria co único punto da orde do día seguinte: 1) Modificación logo de Club Montañeiros Celtas para incluír o nome de “Celtas” Non ignores o dereito e deber de PARTICIPAR no funcionamento do teu CLUB. PARTICIPA!!!
10.05.2019
DATA: 10 de maio HORA: 20:30 h LUGAR: Local Social Montañeiros Celtas O Mustang, ruta que supera os 5.000, sorprendente, non deixou indiferente a ningún dos sufridos montañeiros Celtas que o percorreron no mes de novembro. Unha mostra do seu percorrido da man das fotos do noso compañeiro Fernando Diago que vos encherán os ollos e vos traerán desexos de apuntarvos ás novidosas rutas no vindeiro outono. Agardámosvos!!!
08.03.2019
¡A seguir subindo cumes, compañeiras!
16.02.2019
Coma tódolos anos no vindeiro mes de febreiro celebraremos a nosa cea anual na que homenaxearemos os nosos socios que levan 50 e 25 anos compartindo momentos e aventuras con todos nós. Este ano a cita para compartir unha boa cea, risas e baile será no Hotel Tryp Los Galeones o 16 de febreiro ás 21h30. Os socios homenaxeados son: 50 ANOS María Dolores Martínez Fernández Miguel Ángel Montero Rivero 25 ANOS Benito Mariño Gil Emilio Docampo Figueirido Faustino Portas Morán José Antonio Iglesias Otero Alicia Cabirta Landeira Ramón Cabirta Landeira José Ramón Cabirta Cadavid Francisco José García Lerma Carmen Pérez Orge Miguel Ángel Alejos Castro MENÚ: 34€: APERITIVO BENVIDA - ENTRANTES - BACALLAU EN COSTRA DE FROITOS DESHIDRATADOS  ou SOLOMILLO DE IBÉRICO RECHEO DE FOIE E GRATÉN DE PATACAS - BOMBA QUENTE DE CHOCOLATE CON XEADO DE VAINILLA MENÚ VEXETARIANO: 21€: APERITIVO BENVIDA - ENSALADA DE MAZÁ E QUEIXO ROQUEFORT - PARRILLADA DE VERDURAS E HORTALIZAS - TULIPA CROCANTE CON XEADO DE MANDARINA MENÚ INFANTIL: CROQUETAS E MILANESA CON PATACAS E para continuar o acontecemento, contaremos cunha actuación musical en directo para ben rematar a noite. Último día para anotarse: 12 de febrero Hotel Tryp Los Galeones Avda de Madrid, Nº 21 36204 Vigo
15.02.2019
DATA: 15 de Febrero HORA: 20:30 h LUGAR: Local Social Montañeiros Celtas O noso compañeiro Fernando Diago e Jean-François Fabriol compartirán con todos nos as súas Andainas polo Nepal nunha charla fotográfica. Agardámosvos!!!
02.02.2019
DATA: 2 de febreiro HORA: de 16h a 19h LUGAR: Club Montañeiros Celtas O sábado 2 de febreiro agardamosvos no club para pasar unha tarde divertida xogando en familia. Haberá algúns xogos pero traede tamén algún dos vosos para compartir unha tarde diferente onde a diversión está asegurada. Non esquezades a merenda! Inscripción ata o 1 de febreiro
25.01.2019
DATA: 25 de Xaneiro HORA: 20:30 h LUGAR: Local Social Montañeiros Celtas O noso compañeiro Yoël Rodríguez e José Juan Domínguez (Club Aromon)l compartirán con todos nos nunha charla fotográfica as súas vivencias cando escalaron a parede do Capitán no Yosemite Park. Agardámosvos!!!
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net