Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
10.03.2019
BICI DE MONTAÑA: ARMENTEIRA-MONTE CASTROVE Data: 10 de marzo Hora: 9:30 Lugar: Mosteiro de Armenteira Nivel de dificultade: moderada O mosteiro de Santa María da Armenteira é un mosteiro románico de transición, ou protogótico, que pertenceu desde a segunda metade do século XII á Orde do Císter. O roteiro toma como base para a saída e chegada este fermoso mosteiro. Subiremos ao monte Castrove (613 m), percorrendo os bosques de piñeiros que poboan as ladeiras do monte e gozando das fermosas vistas das Rías de Arousa e Pontevedra. O percorrido está en torno aos 30 km e 4 horas de duración, salvando un desnivel de 500 metros. Anímadevos e inscríbidevos a través de este link:
10.02.2019
Ruta ciclo turista circular por Entremuiños, Os Castros, Costa da Vela e Montes do Hío no Morrazo. Data: 10/02/2019 Hora e lugar de saída: As 9:00 da Iglesia do Hío. Chegada no mesmo lugar. Distancia e tempo: 28 Km. 4 horas mais ou menos. Dificultade: Moi fácil con algunha chincheta. Forma física: Moitas ganas de pasalo ben. Material: Bicicleta (non moto) casco e frontal (imprescindible). Observacións: Ruta moi recomendable para forancheir@s e xa sabedes vinde asead@s, ...s e ...s polo que poida pasar. Descrición da ruta: Sairemos as 9:00 da Iglesia do Hío cara o Viso, Limens, Outeiro e Balea onde poderemos tomar un refrixerante no Capri. Seguiremos cara Areamilla, Entremuiños, As Furnas, Santa Marta para acabar na praia de Liméns e comezar a subida a Nerga. Pasaremos por Temperáns e Os Castros para rematar na Praia de Nerga para seguir hasta Viñó onde nos dirixiremos cara Punta Subrido, Melide Punta Robaleira e cabo Home. Unha vez que cheguemos a aldea castrexa de Donón poderemos tomar outro refrixerante para encarar a subida o mítico Monte Facho onde poderemos alabar o noso deus Berobreo. Continuaremos polos montes de Donón e O Hío facendo un forte descenso hasta o Iglesario do Hío onde reporemos forzas aforanchando. Tras asearnos, iremos a un furancho en Chamiceira para repoñer forzas dando conta dun sabroso cocido. O prezo será de 10 euros máis o viño que se beba. Hai que anotarse no club indicando se se vai quedar ó xantar. Data límite o Xoves 7. Agardámosvos!!!
20.01.2019
Saída de Vigo o día 20 ás 8.30 dende o Sanatorio Concheiro. Inicio da ruta en Pexigueiro ás 10. Percorrido: Termas de Prexigueiro -Leiro - Termas de Prexigueiro (circular). Distancia: 35 km. Dificultade: Baixa, imos paralelos ó río Avia. Levar avituallamento para comer en ruta. Ó final da mesma poderemos recuperar do esforzo nas Termas e incluso visitar o Papuxa en Rivadavia.
16.12.2018
DATA: 16 decembro LUGAR: Bembrive (Vigo) SAÍDA: 9:30 desde a Igrexa Románica de Bembrive CHEGADA: en torno ás 14:30 ao punto de saída Para despedir o 2018 propoñémosvos este roteiro que discorre polos montes da parroquia de Bembrive, sendo o punto de saída e chegada a Igrexa románica de Santiago de Bembrive. O percorrido ten, aproximadamente, uns 30 km, sendo de dificultade moderada. Ao finalizar, para quen se anote previamente, degustaremos un cocido con sopa, sobremesa e viño nun furancho da zona (prezo 18euros).
01.12.2018
DATA: 1 de Decembro LUGAR: Ermida das Neves HORA: 09:30 h Ruta de bici de montaña con percorrido circular. Comezando na Ermida das Neves. Será aproximadamente unha ruta de 35km e non será demasiado dura. Ao finalizar hai a posibilidade de comer cachena estofada con setas e castañas no Monte do Castro en Herville. Para iso hai que anotarse previamente. Prezo da comida: 20€ (necesario reservar)
11.11.2018
DATA: 11 de novembro LUGAR: Refuxio Monte Aloia HORA: 10:00 h Coincidindo co magosto social que realiza Montañeiros Celtas no refuxio Aloia estamos a preparar unha actividade de bici de montaña que percorra os montes da contorna do Aloia. A actividade sae do refuxio de Montañeiros celtas no Monte Aloia e percorre 26 km polos montes de Gondomar e Tui, para voltar ao punto de inicio. Ao finalizar a actividade, todas aquelas persoas que se anoten previamente, poderán degustar as ricas viandas que nos terán preparadas no refuxio os nosos compañeiros e compañeiras que están a preparar o magosto.
14.10.2018
DATA: 14 de outubro LUGAR: SAXAMONDE (REDONDELA) SAÍDA: 9:30H. CHAN DAS PIPAS REMATE: 14:00H (?) CHAN DAS PIPAS Roteiro de dificultade moderada, 35 km de lonxitude, bo piso e tres tramos de pendente prolongada. 5 km finais por estrada (Amoedo-Os Valos). Hai alternativa se se vai ben de tempo. Inicio e remate en Chan das Pipas. Xa estades tardando!!!
30.09.2018
DATA: 30 de setembro LUGAR: Pontevedra SAÍDA: 9:30h Estación de autobuses de Pontevedra Comenzamos despaciño despois do verán, unha bonita ruta nos espera dende Pontevedra a Cotorredondo. ¿que sorpresas nos deparará? Percorrido circular: río Garfos, monte Salcedo, Lago Castiñeiras, mirador Cotorrdondo, regreso á estación de autobuses. Dificultade MEDIA. Si se quere quedar a comer (empanada e churrasco) avisade para encargar e pedir prezo. Veña, apuntádevos!!!
19.09.2018
DATAS: 22-23 SETEMBRO LUGAR: Cabana de Bergantiños (A Coruña) SAÍDA: as 8:30 de Concheiros (Vigo) ou ás 10:30 en cabana de Bergantiños CHEGADA: ás 20:00 h a Vigo QUEDA APRAZADA A NOVA DATA QUE VOS COMUNICAREMOS PROXIMAMENTE Sábado: Cabana- Ponteceso-Corme-Roncudo-Mirador foi Faro-praia de Niñóns-faro de Nariga- Torre de Menos volta a Cabana por estrada, +-8km. Total 65km. Dificultade moderada, rompepernas con tramos a pé. O sábado xantar en ruta Domingo: Cabana- Castro de Borneiro- Laxe-Cabana pola costa. 35 km con dificultade moderada. Máis información proximamente
27.05.2018
DATA: 27 maio LUGAR: Baños de Molgas (Ourense) SAÍDA: 8:30 desde Concheiro CHEGADA: 19:00 chegada a Vigo Saída de bici de montaña por terras ourensanas. O noso compañeiro Xabi tennos preparada un bonita ruta polos concellos de Taboadela, Baños de Molgas e Maceda, visitando restos romanos e megalíticos. O percorrido é circular con saída e chegada ao mesmo punto (que será o escollido para comer) e unhas 6 horas de duración estimada. Para ver indicacións do punto de saída mirade o enlace. Para os que saen de Vigo, organizaremos para compartir coches e saírmos todos xuntos desde Concheiro. Ao finalizar hai comida reservada (xabarín e outras esquisiteces da terra), pero hai que anotarse previamente.
1 2 3 4 5 6 7 8



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net