Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
30.03.2019
DATAS: 30-31 de marzo 2019 LUGAR: Cova de Praducelos (Pol-Lugo) SAÍDA: Sábado 30 de marzo ás 10h dende o club (Avda. Camelias) REGRESO: Domingo 31 de marzo sobre as 20h diante do club. Este ano imos organizar esta saída para ter unha nova experiencia espeleolóxica…imos durmir de vivac nunha cova!!! Compaxinaremos a actividade espeleolóxica cun roteiro pola zona. Necesaria licenza de espeleoloxía e autorización paterna (Documento adxunto) Haberá que levar: • Linterna frontal • Prato, cubertos e tancarillo • Saco e esterilla • Utensilios de aseo • Roupa de recambio (moi importante para durmir ben sequiños na cova) • Calzado de recambio • Roupa de abrigo • Roupa para cova (funda ou roupa vella) • Botas de goma ou calzado vello para cova Os participantes terán que traer a comida do sábado e a do domingo, correndo a cea do sábado e mais o almorzo do domingo a cargo da organización. O material para a pernocta na cova será proporcionado pola organización (levar saco e esterilla). O desprazamento será en coches particulares. O último día para apuntarse é o 27 de marzo!! (mércores) PREZO: a escote
02.03.2019
Datas: 2-3 marzo 2019 Lugar: Cobas-Rubiá (Ourense). Saída: Sábado 2 ás 9,30h dende Concheiro (Avda. Madrid) Regreso: Domingo 3 sobre as 20h diante do club. Unha oportunidade para practicar as técnicas de progresión vertical que precisaremos nas simas ou covas con pozos que nos podemos atopar no mundo subterráneo. Tamén intentaremos transmitirvos algunhas técnicas de autosocorro. Haberá que levar: -Saco e esterilla -Utensilios de aseo -Lanterna frontal -Equipo de vertical (se se ten) -Mono de cordura ou tela para a cova. Senón, roupa vella. -Botas de goma ou calzado vello para a cova -Roupa e calzado de recambio -Roupa de abrigo Os participantes terán que traer a comida do sábado e a do domingo, correndo a cea do sábado e o almorzo do domingo a cargo da organización. O desprazamento será en coches particulares. Último día para apuntarse: 27 de febreiro!! (mércores). Anotarse no club 986438505, ou a través do email espeleo@celtas.net. PREZO: 25€ Os federados pola FGM deberán aboar +6€ en concepto de pernocta no refuxio. Para os federados por algunha das federacións pertencentes á CEC, a cuota será de 3€. Para o resto de federados (FGE) a pernocta é gratuíta. Para aqueles que non conten con licenza federativa que cubra a práctica da Espeleoloxía en vigor, poderase tramitar un seguro deportivo que cubre espéleo (consulta no club o prezo do seguro para esta actividade).
01.12.2018
DATAS: 1 e 2 de Decembro LUGAR: Cobas (Rubiá-Ourense) Parque Natural da Encina Saída: Sábado 1 ás 9:30 do Concheiro (Avda de Madrid) Regreso: Domingo 2 sobre as 20h diante do Club Un ano máis chega o CAMPAMENTO SOCIAL DE ESPELEOLOXÍA, a cita prenavideña para xuntarnos, celebrar este gran ano espeleolóxico e adentrarse nas covas, esperando despedir o ano e recibir o que ven, que seguro chega con moita máis actividade. Será a fin de semana do 1-2 de decembro en Cobas (Rubiá-Ourense) Durmiremos no refuxio da FGE e o desprazamento será en coches particulares. Se non tedes a licenza de espéleo (ou de montaña que vos cubra esta disciplina) poderedes tramitar no club un seguro de accidentes para esta actividade. Tendes máis información na documentación adxunta. Contamos coa vosa participación!!
17.11.2018
DATAS: 17-18 Novembro 2018 LUGAR: Pedrafita do Cebreiro (Lugo) SAÍDA: Sábado 17 ás 9,30h dende Concheiro (Avda. Madrid) REGRESO: Domingo 18 sobre as 20h diante do club. Necesaria licenza de Espeleoloxía e autorización paterna (vai adxunta no correo) Haberá que levar: -Saco e esterilla -Utensilios de aseo -Prato, cuchara, tenedor e cantarillo. -Roupa e calzado de recambio -Roupa de abrigo -Roupa para a cova (funda ou roupa vella) -Botas de goma ou calzado vello para a cova Os participantes terán que traer a comida do sábado e a do domingo, correndo a cea do sábado e o almorzo do domingo a cargo da organización. O desprazamento será en coches particulares. Se algún neno/a necesita elevador, deberá traelo consigo. Último día para apuntarse:14 de novembro!! (mércores) PREZO: 25€ socios. 30€ non socios Para aqueles que non conten con licenza federativa que cubra a práctica da Espeleoloxía en vigor, poderase tramitar un seguro deportivo que cubre espéleo (consulta no club o prezo do seguro para esta actividade).
21.04.2018
Datas: 21-22 abril 2018 Lugar: Mondoñedo (Lugo). Refuxio FGE en Argomoso Necesaria licenza de espeleoloxía e autorización paterna (vai adxunta neste correo) Saída: Sábado 21 abril ás 10h dende o club (Avda. Camelias) Regreso: Domingo 22 abril sobre as 20h diante do club. Haberá que levar: - Prato, cubertos e tancarillo - Saco e esterilla - Utensilios de aseo - Roupa e calzado de recambio - Roupa de abrigo - Roupa para cova (funda ou roupa vella) - Botas de goma ou calzado vello para cova Os participantes terán que traer a comida do sábado e a do domingo, correndo a cea do sábado e mais o almorzo do domingo a cargo da organización. O desprazamento será en coches particulares. O último día para apuntarse é o 17 de abril!! (martes) PREZO: 30 € socios / 35 € non socios
17.03.2018
DATA: 17-18 marzo LUGAR: MONDOÑEDO SAÍDA: sábado 17 de marzo ás 9:30 desde Concheiro CHEGADA: domingo 18 marzo entorno ás 20:00 h a Vigo Xornadas nas que se instruirá sobre a aprendizaxe ou perfeccionamento das diferentes técnicas de progresión por corda que nos podemos atopar nunha cova de desenvolvemento vertical (con pozos). A práctica realizarase no interior da Cova do Rei Cintolo, no seu pozo. Animámosvos a participar nestas Xornadas, nas que trataremos sobre todo, de pasalo ben. Tedes máis info na documentación adxunta
16.12.2017
DATA: 16-17 de decembro LUGAR: Cobas - Rubiás (Ourense) SAÍDA: sábado 16 de decembro ás 16:00 desde Concheiro CHEGADA: domingo 17 de decembro ás 20:00 Ultimo campamento social de espeleoloxia do ano, que se vai celebrar en Cobas-Rubiás (Ourense). Para participar no campamento é necesario ter licenza de espeleoloxía en vigor. Último día de inscripción 13 de decembro (Prazas limitadas). Máis información no documento adxunto
07.10.2017
DATAS: 7-8 outubro 2017 LUGAR: Pedrafita do Cebreiro (Lugo) SAÍDA: Sábado 7 ás 9,30h dende Concheiro (Avda. Madrid) REGRESO: Domingo 8 sobre as 20h diante do club. Necesaria licenza de Espeleoloxía e autorización paterna (vai adxunta no correo) Haberá que levar: -Saco e esterilla -Utensilios de aseo -Prato, cuchara, tenedor e cantarillo. -Roupa e calzado de recambio -Roupa de abrigo -Roupa para a cova (funda ou roupa vella) -Botas de goma ou calzado vello para a cova Os participantes terán que traer a comida do sábado e a do domingo, correndo a cea do sábado e o almorzo do domingo a cargo da organización. O desprazamento será en coches particulares. Se algún neno/a necesita elevador, deberá traelo consigo. Último día para apuntarse: 4 de outubro!! (mércores) PREZO: 25€ socios. 30€ non socios Para aqueles que non conten con licenza federativa que cubra a práctica da Espeleoloxía en vigor, poderase tramitar un seguro deportivo que cubre espéleo (consulta no club o prezo do seguro para esta actividade).
22.07.2017
ACTIVIDADE CANCELADA!! DATA: 22-23 xullo LUGAR: Valadouro (Lugo) SAÍDA: sábado, 8:30 h O 22 e 23 de xullo faremosunha actividade de barrancos no Valdouro (Lugo). O sábado descenderemos tres canóns que combinados teñen unha duración de 5-6 horas e o domingo unha máis corta no río Lerias. Durmiremos no refuxio da FGE, en Mondoñedo, e iremos en coches particulares
24.06.2017
DATA: 24 de xuño LUGAR: Folgoso do Courel (Lugo) SAÍDA: sábado 24 de xuño ás 8.00h. dende Concheiro (Avda. Madrid, Vigo). Un ano máis organizamos esta actividade para que probedes a descender mediante cordas e material de progresión vertical un río da nosa xeografía, pola tarde iremos a unha cova para que poidades coñecer a espeleoloxía. Trátase dunha actividade dun só día (será o sábado 24 de xuño), e iremos en coches particulares. Temos que desprazarnos á zona Folgoso do Courel (Lugo). Faremos a actividade de descenso de canóns pola mañá no rego de Feienteiras, en Folgoso do Courel, haberá que camiñar un rato ata chegar ao inicio do descenso, uns quince minutos, e para saír do río, unha media hora. Recomendable levar unhas mallas e camiseta para non rabuñarnos moito coa vexetación (despois a roupa levarase en bidóns estancos ata o final da actividade). Para a actividade de barrancos deberedes traer:      - Traxe de neopreno longo (para protexernos da auga fría e dos roces).      - Escarpíns (sen sola), para meter dentro das botas.      - Calzado que agarre ben os nocellos (botas de montaña vellas ou similares)      - Bañador, toalla e roupa de recambio.      - Comida para cando acabemos. O club proporcionará o material de seguridade necesario para esta actividade (casco, arnés, descendedores, cordas, material de instalación e sacas) Pola tarde iremos a algunha cova da zona, sinxela, de desenvolvemento horizontal (non imos baixar colgados por cordas). Haberá que arrastrarse, pero tamén sitios amplos. Deberedes traer:      - Mono de tela ou roupa vella que non importe ensuciar.      - Calzado que agarre ben os novellos (botas de montaña vellas ou similares) para meter na cova.      - Roupa de recambio (incluído calzado).      - Guantes se se quere.      - Lanterna frontal se se ten. O club proporcionará o material necesario para esta actividade (cascos, cascos con iluminación eléctrica e sacas) Podedes apuntarvos ás dúas actividades ou a unha delas. PREZOS PARA CADA ACTIVIDADE: Socios federados: 3€ Socios non federados: 6€ Non socios: 12€ Os gastos de desprazamento correrán a cargo dos participantes. Será necesario que dispoñades de licencia federativa que vos cubra a actividade de descenso de canóns, ben da Federación Galega de Espeleoloxía ou ben da Federación Galega de Montañismo (modalidade Zurich B ou superior). Se non se dispón de seguro federativo, tramitarásevos un seguro de actividades para esta actividade. Encontrarémonos con aqueles que so participen na actividade de espeleoloxía ás 16.30 diante da igrexa de Folgoso do Courel. Desprazamento en coches particulares. Xa podedes anotarvos no club, temos prazas limitadas.
1 2 3 4 5 6 7 8



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net