Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
12.06.2010
Actividade para socios que teñan experiencia en escalada en rocha. caracteristicas rocha caliza, altura media 130 m. altura maxima 365 m, mellor época do ano é primaveira e outono, vías con Sol e sombra. Número de Vías:200 Vías hasta V: 30% Vías de V+ a 6c+: 55% Vías de 7a a 7c+: 10% Vías de octavo: 5% Simos o Venres 11 pola tarde escaldo o Sabado 11 e Domingo 12, e voltamos pola tarde , imos en vehiculos particulares.
05.06.2010
Club Montañeiros Celtas en colaboración coa Vogalía de Escalada de Competición da FGM, organiza o “VI CAMPIONATO GALEGO DE ESCALADA BASE”, que se celebrará en Vigo, no rocódromo municipal das Travesas (Pista Vermella do Pavillón), o sábado día 5 de xuño a partir das 16:00 horas (inicio da competición), e remate ás 19:00 horas. Está dirixido aos menores de idade e dividido en dous rangos de idade: · Os que teñan entre de 3 a 11 anos poderán participar na fase NON COMPETIVA. Non precisan estar federados nin pertencer a ningún club. Con xogos sinxelos poderán coñecer máis de cerca o mundo da escalada, gabearán no rocódomo e poderán intentar algunha escalada sinxela, co seu arnés, o seu casco..... Os que teñan entre 12 e 17 anos deben estar federados e COMPETIRÁN nesta proba de escalada deportiva. Haberá agasallos para os participantes e PREMIOS para os gañadores nas diferentes categorías. Durante o transcurso da actividade haberá así mesmo merenda e refrescos para todos.
1 2 3 4 5



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net