Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
09.08.2014
Querendo escapar do calor estival e aproveitando a lúa chea, decidimos facer unha saída de boúlder nocturna no Galiñeiro. A data da actividade será o sábado 9 de agosto e quedaremos no refuxio do club ás 22:00h. Os que queran poden durmir no refuxio (socios 1€ e non socios 4€) ou a vivaquear no Gali. Lembrade traer todos frontal. Para anotarvos podedes facelo no club ata o día 31 de xullo ou a través de escalada@celtas.net ata o día 7 de agosto.
15.06.2014
COPA GALEGA DE ESCALADA BASE No rocódromo municipal das Travesas (Pista Vermella do Pavillón) o domingo día 15 de xuño en horario de 9h a 13:30h SEN COMPETICIÓN DE 3 ANOS ATA OS 11 ANOS Masculina: XUBENIL B: Deportistas entre os 12 e15 anos cumpridos entre 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro do ano no que se celebre a competición. XUVENIL A: Deportistas que cumpran 16 e/ou 17 anos entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro do ano no que se celebre a competición. JUNIOR: Deportistas que cumpran 18 e/ou 19 anos entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro do ano no que se celebre a competición. Feminina: XUVENIL B: Deportistas entre os 12 e 15 anos cumpridos entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro do ano no que se celebre a competición. XUVENIL A: Deportistas que cumpran 16 e/ou 17 anos entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro do ano no que se celebre a competición. JUNIOR: Deportistas que cumpran 18 e/ou 19 anos entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro do ano no que se celebre a competición. Información no cartel adxunto
25.05.2014
Hora saída: 09:30h no Club ou 10:00h no refuxio do Galiñeiro Prezo: socios federados de balde, socios non federados: 3€ Non socios: 5€
18.05.2014
Hora saída: 09:30h no Club ou 10:00h no refuxio do Galiñeiro Prezo: socios federados de balde, socios non federados: 3€ Non socios: 5€
13.03.2014
Este xoves 13 de marzo, a partir das 19:30h terá lugar a SUPERFINAL da 3ª Liga Social de Escalada e estades todos convidados a asistir para poder darlle o voso ánimo ós finalistas desta edición.
13.02.2014
Esta actividade está destinada as persoas maiores de idade, preferentemente socios de Club Montañeiros Celtas, e aberta tamén a deportistas federados noutras asociacións ou clubs. Data: 13 ,20 e 27 de febreiro, 6 e 13 de marzo do 2014. Organiza: Sección de Escalada. Este ano terá lugar a 3ª Liga Social de Escalada no boulder do club. O xoves 13 de febreiro ás 19:00h levarase a cabo a presentación e explicarase como vai acontecer a Liga, resolveranse tamén todas as dúbidas que vaian aparecendo, tomando un primeiro contacto coas vías de proba marcadas. O primeiro día de competición será o xoves 20 de febreiro. A Liga abarcará tamén o 27 de febreiro, 6 e 13 de marzo. A liga está aberta para todos os socios maiores de idade e para non socios federados. A lista de inscripción ten como data límite: 12/02/2014 Durante as datas da terceira liga de escalada só poderase a vir a escalar por libre os martes!!!!! (13 febreiro - 13 de marzo)
08.06.2013
Este sábado (8 de xuño) temos no Rocódromo do Pavillón das Travesas a Copa Galega de Escalada Base. Se és menor de 11 anos ven a escalar no rocódromo, faremos xogos e haberá agasallos. As catergorías para competir son as seguintes: De 3 a 11 anos SEN COMPETICIÓN De 12 a 15 anos XUVENIL B De 16 a 17 anos XUVENIL A De 18 a 19 anos JUNIOR Podedes anotarvos no Club, ven pasando por aquí, chamando por teléfono ou mandando un mail. Adxunto a folla que tendes que cubrir para inscribirvos.
26.05.2013
Quedaremos ás 10:00h no club ou ás 10:30h no refuxio que o club ten no Galiñeiro e escalaremos todo o día. Cada día haberá un límite de 20 persoas, por riguroso orde de inscripción, tendo prioridade os socios. Para as persoas que non estean federadas a actividade terá un custo de 3€ que inclúe un seguro de un día para cubrirlles a actividade. A lista xa está aberta no club.
07.03.2013
O xoves 07 de febreiro ás 19:00h levarase a cabo a segunda proba da Liga. A liga está aberta para todos os socios maiores de idade e aos non socios federados (que terán que pagar un prezo de 3€ por inscribirse).
1 2 3 4 5



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net