Volver a actividades futuras
27.10.2018
DATA: 27 e 28 de outubro
LUGAR: PARQUE NATURAL MONTE ALOIA
SAÍDA: día 27 ás 16h dende o Club
REGRESO: DÍA 28 ÁS 20h ao Club
Despois das aventuras da Operación Benxamín, este outono regresaremos ao monte Aloia, en
todo o seu esplendor. O outono é unha época ideal na natureza onde as cores vermellas dás
árbores autóctonas son predominantes e nos falan dos tempos de magosto e dos rigores e
fríos da invernía que está aínda por chegar.
O querido refuxio do noso club será o noso aloxamento. Nos esquezades traer o saco de
durmir e a esterilla.
No prezo da actividade está incluído o almorzo (leite con cacao e galletas), que correrá a cargo
da organización e o sábado haberá leite e cacao quente despois da cea para quen o desexe. É
necesario traer a merenda e algún complemento de cea para o sábado, e a comida do
domingo, ademais de algo para picar para as marchas, como ven sendo habitual.
Hai que levar cea para o sábado e xantar para o domingo.
Máis información en secretaría.
Inscríbete que quedan poucos días!!!
Prezos: 17€ socios/as. 22€ non socios/as
08.06.2018
8 de xuño: CLAUSURA OPERACIÓN BENXAMÍN 2018
ATENCIÓN CAMBIO DE LOCAL: Auditorio EDIFICIO FEDERACIÓNS!!!
Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17, baixo
Proxección audiovisual. Premios concurso de cociña. Diplomas. Agasallos. Exposición concurso de dibuxos e premios,....e moito máis.
Anécdotas, reencontro, planificación novas actividades, non o perdas!!
Trae a mamá, papá, avó, avoa, irmáns, primos, ...amigos, a quen queiras para que disfruten das túas aventuras.
Contamos contigo!!!
27.05.2018
DATAS: 26 e 27 maio
LUGAR: Liméns (Cangas)
SAÍDA: 26 de maio ás 10:30 na estación marítima de Vigo
CHEGADA: 27 maio ás 20:00 a estación marítima
Sábado 26 maio
Barco a Cangas. Ruta ata o cámping de Liméns. Montaxe de tendas. Charla de escalada e ruta nocturna
Domingo 27 maio
Ruta e actividade de escalada en Donón. Baño na praia de Liméns. Recollida do campamento. Barco a Vigo
12.05.2018
DATAS: 12-13 maio
LUGAR: Monte Aloia
SAÍDA: sábado 12 maio ás 15:00 h
CHEGADA: domingo 13 maio ás 20:00 h
Sábado:
Chegada a parque do Monte Aloia. Charla e práctica de orientación en montaña. Visión de estrelas. Cea
Domingo:
Almorzo. Concurso de cociña. Charla sobre alimentación. recollida do refuxio
28.04.2018
DATA: 28-29 abril
LUGAR: Pena Trevinca
SAÍDA: 28 de abril ás 10:00 da maña
CHEGADA: 29 de abril en torno ás 20:00 h
Sábado:
Chegada ao Hotel Rural Fonte da Cova. Distribución de habitacións. Presentación da actividade. Actividade de neve. Charla sobre montañismo. Cea
Domingo:
Almorzo. Ruta de montaña invernal. Charla: "como se prepara a mochila". Recollida e saída
24.04.2018
OPERACIÓN BENXAMÍN 2018
Datas:
- 24 de abril. PRESENTACIÓN. Local Social ás 20,30h
- 28 e 29 de abri. TREVINCA
- 12 e 13 de maio. MONTE ALOIA
- 26 e 27 de maio. CANGAS
- 8 de xuño. PROXECCIÓN, ENTREGA DE AGASALLOS E CLAUSURA. Local social 20h.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
24.03.2018
DATA: 24 e 25 de marzo.
LUGAR: TREVINCA
SAÍDA: sábado día 3 ás 10h de Montañeiros Celtas
CHEGADA: domingo día 4 ás 20h a Montañeiros Celtas
Primeira actividade do ano da Sección Infantil, hai que abrigarse, imos á neve, cambiamos de Ancares que foi aprazado por mal tempo a Trevinca.
Non perdas a ocasión que non temos moitos momenots de ir á neve.
Máis información no documento adxunto e no Club.
ANÍMATE!!!
01.10.2017
DATA: 1 de outubro
LUGAR: Refuxio Monte Aloia
HORA: 13:00 h
Para celebrar este 50 aniversario queremos reunir a tod@s @s que ao longo destes anos participaron nalgunha das benxamíns coma cursillistas, monitores ou colaboradores.
Quedamos no mítico refuxio do monte Aloia o vindeiro domingo 1 de outubro ás 13:00 horas para compartir entre todos, os nosos recordos e degustar unha selección de cociña de montaña de autor (realmente un pequeno aperitivo). Podes traer a túa familia.
É unha boa ocasión para por en practica todas esas veces que dis “si eso nos chamamos e quedamos” e nunca o fas.
MATERIAL NECESARIO
-Ganas de pasalo ben-
-Fotos antigas-
-Historias que contar-
CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA
antes do venres 29 de setembro
no teléfono 986 438 505
de luns a venres de 19:00 a 21:30 horas
08.07.2017
DATAS: 8-9 de xullo de 2017.
LUGAR: O Grove
SAÍDA: sábado ás 10:30 horas en Montañeiros Celtas.
CHEGADA: domingo ás 20:00 horas en Montañeiros Celtas.
Para despedir a tempada imos a desfrutar da praia na costa privilexiada da vila de O Grove. Faremos as mochilas e marcharemos ao camping Moreiras, sito na localidade de O Grove e a pé de praia. Aparte de darnos un ou varios baños, faremos unha pequena ruta cara o monte de Siradella onde se temos sorte poderemos visitar o centro de interpretación da zona. Así que xa sabes, colle o bañador e a toalla e a nadar!!!!!
PREZOS:
35€ socios | 45€ non socios | 60 € dous irmáns
-Está incluída a cea do sábado e o almorzo do domingo.
-O resto de COMIDAS NON ESTÁN INCLUÍDAS (comida del sábado y domingo).
Para obter máis información descárgate o documento anexo
26.06.2017
DATAS: durante os meses de xuño, xullo e agosto
LUGAR: Vigo
EDADES: 8-14 anos
ACTIVIDADES: escalada, kaiak, tirolina, slackline, rastrexos, visita a Cíes…
O club Montañeiros Celtas organiza o I Campamento Urbán Multiaventura
para nenos e nenas entre 8 e 14 anos.
Haberá tres quendas:
-do 26 ao 30 de xuño,
-do 17 ao 22 de xullo
-do 7 ao 12 de agosto.
Será unha semana intensa chea de actividades en pleno contacto coa
natureza: escalada en rocha, kayak, tirolina, slackline, rastrexos,
visita ás Cíes... Cun horario de 09.00 a 18.00 (e horario especial
para madrugadores a partir das 08.00), da man de monitores con ampla
experiencia e con tódolos seguros cubertos.
Non deixes escapar esta oportunidade!
PREZO POR SEMANA:
Socios/as: 130 euros. Non socios/as: 150 euros.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
No correo electrónico info@celtas.net,
No teléfono 986438505
Na web www.celtas.net ou na oficina do club: Camelias 78,oficina K.
INSCRICIÓNS ATA O 26 DE MAIO!
No documento adxunto tes a ficha de inscrición.