Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
27.01.2019
DATA: 27 de Xaneiro LUGAR: Cangas - Monte do Facho HORA SAÍDA: 9:30 h dende a Estación Marítima de Vigo(Prégase estar alí ás 9h15) HORA DE CHEGADA: 19:30 h. á Estación Marítima de Vigo DURACIÓN: Colleremos o barco dende Vigo ata Cangas para percorrer o sendeiro costeiro que nos levará ata Cabo Home, dende alí subiremos ata o Monte do Facho e volveremos a Cangas pasando por Liméns. Retorno no barco das 19h pero non sen antes tomar unha cerveciña. Contamos convosco!! PREZOS: Socios: 4€ Non socios: 5€. O prezo do barco ida e volta está incluido. Inscripción ata o 23 de Xaneiro
25.11.2018
DATA: 25 de novembro LUGAR: Toen (Ourense) SAÍDA: 8H dende o club REGRESO: 20H Sairemos ás 8 da mañán, as horas de luz son poucas e hai que aproveitalas, dende o Club. O roteiro partirá das inmediacións de Trelle para continuar cara Moreiras, e rematar en Toén. Veremos sobreiras e madroños, formacións graníticas espectaculares, coñeceremos o casco antigo de Moreiras, a súa igrexa de San Pedro e outras sorpresas máis. Ruta fácil que nos levará unhas 5/5:30h. Inscríbete!!!
18.11.2018
DATA: 18 novembro LUGAR: Arcos de Valdevez (Portugal) SAÍDA: 9H dende o club REGRESO: 20H Nos aventuraremos en terras portuguesas para percorrer este bonito e fácil sendeiro á baira do río Vez. Comenzaremos en Arcos de Valdevez e remataremos en Sistelo, despois de camiñar os 20km que separan os dous puntos. No caso de que chova con intensidade aprazarase esta actividade para outra data. Inscríbete!!!
27.10.2018
DATAS: 27 e 28 de outubro LUGAR: Praia do Rostro - Fisterre SAÍDA: 8:00h. o día 27 dende o Club CHEGADA: 20:30h o día 28 ao Club 27 e 28 de outubro: CAMIÑO DOS FAROS XI e XII. PRAIA DO ROSTRO - FISTERRE (obxectivo conseguido fin de festa) Cando comezamos a aventura do Camiño dos Faros, alá polo 25 de febreiro, lonxe quedaba da nosa mente o Faro de Fisterra. Agora, cando quedan 15,8 km, sorrimos co cheira da meta. Atrás quedan pateos variados e espectaculares, visitas cando menos curiosas (históricas, arquitectónicas, etnográficas,…), experiencias que quedarán na nosa memoria, lugares como o campin de Leis, sorpresa que aínda comentamos, compañeiros/as que non coñeciamos,….. Que nos queda? Máis do mesmo. Praias e acantilados, camiños e balados, … sen que falten un par de repechos para arriba e para abaixo, non moi grandes esta vez. Cruzaremos a longa praia do Rostro, pasaremos por Castromiñán, ao lado onde asustou o Casón, veremos a praia de Arnela, preciosa pero perigosa para o baño, veremos a praia do Mar de Fóra, subiremos ao monte do Facho e veremos o Facho, ao que chegaremos paseniñamente, pero cun sorriso quilométrico. Celebrarémolo como se merece. O domingo faremos algunha visita en liña coas realizadas. Prezos Autobús: Socios 15€ (Inscrición ata o día 15 de outubro 13€) Non socios: 18€ (Inscrición ata o día 15 de outubro 16€) Prezos de Aloxamento: Información proximamente
12.09.2018
DATA: 15 e 16 de setembro LUGAR: Muxía - Touriñán - Praia do Rostro SAÍDA: 8:00 H o día 15 CHEGADA: 20:30 H o día 16 NON QUEDAN PRAZAS!! Continuamos, logo do verán co Camiño dos Faros, comezando na praia de Lourido (Muxía). Voltamos a zona agreste con ascensos e descensos curtos pero considerables. Pasaremos por Faro Touriñán o lugar máis occidental de Galicia. bordeando ata a pequena e xeitosa Ría de Lires ata achegarnos á fermosísima praia do Rostro xa en Fisterre. Aloxarémonos no Mosteiro de Moraime restaurado recentemente convertíndoo nun moderno, cómodo e fantástico albergue. Os cuartos distribúense nos seguintes espazos: 2 cuartos de 10 prazas, 1 cuarto de 16 prazas, 1 cuarto de 22 prazas, todas estas con baño compartido. Ademáis 1 suite para 2 dúas persoas e 1 cuarto doble para dúas persoas. IMPORTANTE!: levar suficiente auga que o sábado non hai onde coller. Suxestión!: Levade pantalóns longos que hai moito toxo e tamén bañador (é posible que crucemos a ría de Lires en marea baixa) Non deixes pasar o tempo que despois non quedan prazas!!! Prezos: - Autobús: Socios 15€ (Inscrición ata o día 10 de setembro 13€) Non socios: 18€ (Inscrición ata o día 10 de setembro 16€) - Aloxamento e almorzo: Litera: 13€, suite 75€, cuarto doble 65€ (Inclúe o almorzo) - Cea no propio albergue: 12€
09.06.2018
DATA: 9 e 10 de xuño LUGAR: Faro Vilán - Ponte do Porto - Muxía SAÍDA: 8:00 H o día 9 CHEGADA: 20:30 H o día 10 Sairemos do impresionante Faro Vilán, pasaremos o núcleo de Camariñas, Ponte do Porto, bordearemos toda a ría de Camariñas, rematando o domingo en Muxía. Aloxarémonos no camping Praia de Leis. Un par de tramos de asfalto da ruta farémolos en autobús. Visitaremos algún monumento e lugar de interés histórico e cultural. Animádevos!!! Prezos: - Autobús: Socios 15€ (Inscrición ata o día 4 de xuño 13€) Non socios: 18€ (Inscrición ata o día 4 de xuño 16€) - Aloxamento: (En bungalows de 8 persoas)
12.05.2018
DATAS: 12 e 13 de maio LUGAR: Laxe - Arou - Faro Vilán SAÍDA: 8:00h. o día 12 dende o Club CHEGADA: 20:30h o día 13 ao Club Logo de bordear a Ría de Corme e Laxe, voltamos a mar aberto. Desde a praia dos Cristais (Laxe) pasaremos pola inigualable praia de Soesto, o humidal de Traba, e a Vila de Camelle para rematar en Arou, xa no Concello de Camariñas, esta primeira etapa. O domingo pasaremos polo areal dunar de Trece, o cemiterio dos Ingleses e remataremos en Cabo Vilán. Todo o percorrido vendo como as ondas baten a costa por onde pisamos. Proximamente máis información do aloxamento. Prezos Autobús: Socios 15€ (Inscrición ata o día 8 de maio 13€) Non socios: 18€ (Inscrición ata o día 8 de maio 16€) Prezos de Aloxamento: Información proximamente
22.04.2018
DATAS: 21 e 22 de abril LUGAR: Corme - Laxe (A Coruña) SAÍDA: o 21 ás 8:00 h dende o Club CHEGADA: o 22 ás 20:30 h a Vigo XA NON QUEDAN PRAZAS Logo das 2 primeiras etapas, es-pec-ta-cu-la-res, afrontaremos unha de fin de semana: Corme-Cabana e Cabana-Laxe. Serán etapas bordeando a ría de Corme e Laxe, sobre 18 km, con apenas desniveis. Suaves. Nestas etapas seguimos o percorrido dos Trasnos só pola costa, pero visitaremos o Castro de Borneiro e o dolmen de Dombate. Atravesamos as marismas do Anllóns lugar de especial interés para as aves, asi que podemos avistalas, e con prismáticos incluso mellor. Está prevista a dormida en Cabana de Bergantiños, ao lado de onde remata a etapa do sábado: hotel ou Pavillón de Deportes. Cea e almorzo para quen queira (+ info no club). Aqueles que non teñan disponibilidade os dous días, poden incorporarse, nesta oasión, o sábado pola noite ou domingo pola mañá, viaxando pola súa conta (+ info no club). Prezos Autobús: Socios 14€ (Inscrición ata o día 13 de abril 12€) Non socios: 17€ (Inscrición ata o día 13 de abril 15€) Prezos de Aloxamento: Información no Club Anímate!!!
18.03.2018
DATA: 18 de marzo LUGAR: Malpica - Corme (A Coruña) SAÍDA: ás 8:00 h dende o Club CHEGADA: ás 20:30 h a Vigo Etapa de Faro a Faro polos acantilados do Roncudo. Ademáis, prais, calas, furnas, más acantilados, etc nos guiarán este espectacular recorrido. Prezos: Socios 12€ (Inscrición ata o día 15 de marzo 10€) Non socios: 15€ (Inscrición ata o día 15 de marzo 13€) Anímate!!!
04.03.2018
DATA: 4 de marzo LUGAR: Paradas de Sil (Ourense) HORA SAÍDA: 8:00 h desde Avda Camelias (en frente club) HORA DE CHEGADA: 21:00 h, hora de chegada a Vigo aproximada DURACIÓN: 6 horas Roteiro circular con saída e chegada a Parada de Sil (Ourense). Discorre por corredoiras, pasando por soutos e carballeiras, chegando aos balcóns de Madrid, lugar con fermosas vistas aos canóns do Sil e a Ribeira Sacra. Continuando o percorrido, chegamos ao mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, situado nunha paraxe á beira do río Sil, na castiñeira de Merilán, por baixo do monte Varona, na parroquia de Caxide. O seu templo, un dos mellores exemplos do románico rural galego, realizouse entre os séculos XII e XIII. Desde aquí proseguiremos camiño ata retornar ao punto de inicio. Contamos convosco!! PREZOS: Socios: 12€ (Inscrición antes do día 27 de febreiro 10€) Non socios: 15€ (Inscripción antes do día 27 de febreiro 13€)
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net