Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
07.01.2019
As montañas chámannos, A nosa ilusión: compartilas. O 2019 abre paso a innumerables percorridos, esperamos contar coa vosa participación, coa vosa imprescindible axuda e coa vosa infinita ilusión. COMPARTE MONTAÑISMO!!!
22.12.2018
Para rematar ben o ano e empezar as festas cos petos un pouco máis cheos este ano contamos con participacións de lotería. O número elixido é o 57751! Non quedes sen ela! Participacións de 5€ disponibles no club.
21.10.2018
LUGAR: Galiñeiro SAÍDA: 10:30H ERMIDA DAS NEVES CHEGADA: 15:00H ERMIDA DAS NEVES O domingo 21 de outubro agardamosvos para participar na VII Andaina pola Protección do Galiñeiro. Haberá dúas rutas, unha duns 10km cunha dificultade media-baixa e outra alternativa de só 6km á que podedes vir cos nenos. Durante a andaina o noso socio e amigo, Sechu López, lerá un manifesto. Recoméndase levar calzado e roupa cómoda, auga e comida para xantar todos xuntos ao remate. Para os que queiran, haberá bocatas e churrasco para comprar alí. Contamos coa vosa participación!
06.10.2018
Ainda quedan algunhas prazas para o NEPAL2018. Estanse ultimando os detalles para pechar a viaxe, na próxima semana tramitaranse os billetes de avión. EN MENOS DE UN MES PARTEN OS E AS PARTICIPANTES DAS TRES RUTAS PREVISTAS, DESEXÁMOSLLE MOITA AVENTURA, IDE PENSANDO NA PRIMAVEIRA, É UNHA BOA ÉPOCA PARA REALIZAR ESTAS RUTAS OU ALGUNHA OUTRA QUE SE PROPOÑA. ANIMÁDEVOS!!! Os proxectos propostos son: - O OUTRO NEPAL: "Celtas Peak" e PIKEY (4063m), datas previstas 5 outubro a 20 outubro (QUEDAN 3 PRAZAS) - SENDA MANASLU, datas previstas 19 outubro a 8 de novembro (QUEDAN 3 PRAZAS) - ALTO MUSTANG, datas previstas 8 de novembro a 27 de novembro (QUEDAN 3 PRAZAS) Ademáis proponse outras rutas á medida dos participantes, como exemplos: Mera Peak, Tres Collados, Lago Phewa, Langtang e Tamang Heritage, a ir pensando para a primaveira e outono do próximo ano. Non deixedes pasar a ocasión!!!
07.07.2018
DATAS: 7 e 8 de xullo LUGAR: Ría de Vigo Un ano máis convocámosvos para pasalo ben na xornada dos días 7-8 de xullo desenvolvendo actividades moi diversas que nos permitirán “saborear” a nosa Ría a través de diferentes modalidades deportivas: 1.Cruzaremos a ría de Vigo en kaiak dende a praia de O Bao. 2. Introducirémonos unha fermosa furna, facendo así un chisco así, á espeleoloxía e a o mundo soterrado, onde o mar é o protagonista. 3.Escalaremos algunha das vías de escalada en Donón, deixándonos seducir por unha espectacular pasaxe. 4.Camiñaremos por vilas, aldeas, e campos descubrindo fermosos recunchos. 5.Cruzaremos de novo a Ría, pero esta vez nadando preto da Ponte de Rande, e finalmente 6.Coa bicicleta e a golpe de pedal chegaremos ao noso refuxio no Monte Aloia. Como noutros anos teremos apoios loxísticos durante o desenvolvemento das actividades. Como sabedes podedes anotarvos a todas as actividades ou parcialmente á que sexa do voso interese. Requisito imprescindible: Moitísimas ganas de pasalo ben PREZOS: Actividade completa: Socios entre 18-35 años: 35€ Non socios entre 18-35 años: 50€ Socios máis de 35 años: 45€ Non socios máis de 35 años: 60€ Para as persoas que non fagan a actividade completa os prezos son os seguintes: Participación en todas ou parte das actividades do 1º día (kaiak, furna, escalada e sendeiro): Socios 30 €; non socios 35 € Participación en toda ous parte das actividades do 2º día (natación e bicicleta): socios 20 €; non socios 25 € * No prezo inclúese o aluguer da piragua, material para realizar a actividade de espeleoloxía e escalada, transporte da bici desde a praia do Bao hasta o inicio da actividade de BTT en Rande, obsequio recordo de participación na actividade, autobús Monte Aloia- Praia do Bao- local social, avituallamentos líquidos e sólidos ao longo da proba, comida e cea do sábado e almorzo e comida do domingo. O número máximo de participantes na actividade de kaiak é de 55 persoas, polo que terán preferencia nesta actividade, en primeiro lugar, as persoas que se anoten a todas as actividades, e en segundo lugar, os que se anoten ás actividades do 1º día completo.
15.04.2018
10 de abril de 2018: ISLAND PEAK (6189m) ás 8,05h. ...lucindo camiseta no cumio do Island Peak, así nos comunicou Sechu a súa estadía por terras nepalís. FELICIDADES SECHU!!! O noso socio e amigo, Sechu López, volve ás andadas, a atracción polo Nepal pódelle. Nesta ocasión acompañou a Carlos Soria nun trekking de aclimatación polo Khumbu e ascensións a 4miles e 5miles, case nada!, con vistas a ascender o Island Peak cando o equipo de Carlos Soria se desprazara ao seu obxectivo: o Dhaulagiri. Onte día 10, Sechu, alcanzou o cúmio do Island Peak ás 8,05h, tras 6 horas de ascensión. A ascensión está equipada para facelo por cordas pero Sechu o fixo ao seu máis puro estilo: con piolet. A ruta está en bastante mal estado dende o terremono do 2015 "...ten bastantes gretas, unha delas duns 10 metros de ancho que hai que cruzar sobre varios tramos de escaleiras unidos que impón un pouco...". Tras algo máis de 13 horas de comenzo da ascensión, volveu feliz e canso a Lodge. ¿con que outras aventuras nos agasallará? Xa puxemos o primeiro Montañeiro Celta Vigués Distinguido en cúmios do Nepal!!! Moitas grazas e moitísimo ánimo e forza Sechu!
13.04.2018
Club Montañeiros Celtas en colaboración co Festival de Cine de Montaña de Bilbao, por primeira vez en Vigo, organiza a MOSTRA DE CINE DE MONTAÑA. DOUS DÍAS DE FANTÁSTICO CINE DE MONTAÑA: ESCALADA, ESQUÍ, BICI, CARREIRAS, ETC. AFORO COMPLETO, NON QUEDAN INVITACIÓNS Día: 12 de abril Hora: 20:00 a 22:00h Lugar: Auditorio Centro Visitantes Parque Nacional das Illas Atlánticas (rúa Oliva, 3) Aurrera. 7' (Carreira) Safety Third. 28' (mellor película escalada BMFF2017) Mountain. 73' (Mención especial xurado BMFF 2017) Día: 13 de abril Hora: 20:00 a 22:00h Lugar: Auditorio Centro Visitantes Parque Nacional das Illas Atlánticas (rúa Oliva, 3) Apex predators of the Northern Deep. 7' The Last Honey Hunter. 35' (Mellor película cultura e natureza BMFF 2017) The Frozen Road. 24' (Mellor director BMFF 2017) Mama. 44' (Premio do xurado BMFF 2017 Aforo limitado. Só con invitación que se recollerá en Montañeiros Celtas.
03.04.2018
DATA: 3 de abril HORA: 20:00h LUGAR: Teatro Afundación MONTAÑEIROS CELTAS, VIGUESES DISTINGUIDOS!!! Queridas socias e socios: o noso percorrido nesta longa traxectoria levounos a este fin presente: VIGUESES DISTINGUIDOS, un recoñecemento que reforza o camiño para outros moitos futuros e renova o noso compromiso da difusión e práctica do MONTAÑISMO, con todas as súas disciplinas (alpinismo, montaña e sendeiros, escalada, esquí, espeleoloxía, OB, subacuáticas, descenso de barrancos, carreiras por montaña, bici, etc.) Cada unha e cada un de nós aporta ese gran para que o camiño sexa ata o infinito. Agradecemos ao Concello de Vigo este recoñecemento e tamén agradecemos a toda a cidadanía, socios ou non socios, que participando nas nosas convocatorias fixeron posible esta realidade. As invitacións ao acto recóllense na oficina do Club, chamade antes para confirmar asistencia. FELICIDADES CLUB MONTAÑEIROS CELTAS VIGUÉS DISTINGUIDO!!!
31.03.2018
"O OUTRO NEPAL" e "OUTRAS MONTAÑAS" 2018 REUNIÓN O DÍA 23 DE MARZO ÁS 20:30H NO LOCAL SOCIAL Os proxectos propostos son: - O OUTRO NEPAL: "Celtas Peak" e PIKEY (4063m), datas previstas 5 outubro a 20 outubro - SENDA MANASLU, datas previstas 19 outubro a 8 de novembro - ALTO MUSTANG, datas previstas 8 de novembro a 27 de novembro Ademáis proponse outras rutas á medida dos participantes, como exemplos: Mera Peak, Tres Collados, Lago Phewa, Langtang e Tamang Heritage. Son proxectos á realizar con un mínimo de 8 e máximo de 12 participantes en outono do 2018 e/ou primaveira do 2019 para socios e socias, aberto tamén a participación de non socios. Animádevos, non o podedes perder!!!
07.01.2018
O PROXIMO ANO 2018 ESPERÁMOSVOS PARA COMPARTIR, AXUDAR, ORGANIZAR, PARTICIPAR...NO QUE SABEMOS FACER MELLOR: MONTAÑISMO!!!
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net