Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
09.02.2019
Data:Sábado 9 de febreiro Hora saída: 09h30 Aparcadoiro preto da Igrexa da Cueta Lugar da actividade; Peña Orniz - 2.191m Lugar de Saída: La Cueta 1.440m Desnivel: +/-800m Dificultade:EM, Non exixe demasiado nivel de esquí, xa que se trata dunha travesía con pendentes moderadas e pouco compromiso. Lonxitude: +/- 8,6 km Ida Material: Deberá levarse material proprio para unha actividade de alta montaña en inverno. Debe revisarse o material de esquí e raquetas. Levar gorro, luvas, polainas, roupa de abrigo e impermeable, gafas de factor 3 ou superior, crema protectora, frontal, comida, bebida Material adicional: Crampons e piolets. É obrigatorio material de seguridade de esquí de travesía: ARVA, pala e sonda Cambios na actividade: A organización pode cambiar ou suspender a data e lugar en funcion das condicións metereolóxicas e de neve. Inscripcións: A través da FGM ou do Club Montañeiros Celtas Obrigatorio: Ficha federativa en vigor ano 2019 Máis información no clube
31.01.2019
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO LICENCIAS DEPORTIVAS 2019 Xa pode tramitarse a licencia deportiva para o ano 2019. Ten validez por ano Natural do 1 de xaneiro ao 31 de decembro. Como sabedes, estar federado dá dereito, entre outras vantaxes, a: Participar nas actividades federativas Participar nos cursos EGAM Usar os refuxios galegos a prezos reducidos Participar en competicións oficiais da federación As licencias deportivas conteñen un seguro de accidentes que cubre os accidentes sufridos na práctica do teu deporte segundo a modalidade elexida. Máis información no seguinte enlace: http://fgmontanismo.es/licenza/ infórmate nas oficinas do Club das condicións particulares e descontos de licencias para as nosas socias e socios. Fedérate!!!
30.01.2019
FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA LICENCIAS DEPORTIVAS 2019 Xa pode tramitarse a licencia deportiva para o ano 2019. Ten validez por ano Natural do 1 de xaneiro ao 31 de decembro. Como sabedes, estar federado dá dereito, entre outras vantaxes, a: Participar nas actividades federativas Participar nos cursos da Escola Usar os refuxios galegos Participar en competicións oficiais da federación As licencias deportivas conteñen un seguro de accidentes que cubre os accidentes sufridos na práctica do teu deporte segundo a modalidade elexida. Máis información no seguinte enlace:http://www.espeleoloxia.org/web/es/2017/12/17/tramita-tu-licencia-2018/ infórmate nas oficinas do Club das condicións particulares e descontos de licencias para as nosas socias e socios. Fedérate!!!
30.01.2019
FEDERACIÓN GALEGA DE ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS LICENCIAS DEPORTIVAS 2019 Xa pode tramitarse a licencia deportiva para o ano 2019. Ten validez por ano temporal, un ano dende a data que se tramita. Como sabedes, estar federado dá dereito, entre outras vantaxes, a: Participar nas actividades federativas Participar nos cursos da Escola. Participar en competicións oficiais da federación As licencias deportivas conteñen un seguro de accidentes que cubre os accidentes sufridos na práctica do teu deporte segundo a modalidade elexida. Máis información no seguinte enlace: https://www.fegas.net/licencia-federativa-fegas/ infórmate nas oficinas do Club das condicións particulares e descontos de licencias para as nosas socias e socios. Fedérate!!!
30.01.2019
ESCOLA GALEGA DE ALTA MONTAÑA CURSOS 2019 Está publicado o calendario de cursos que imparatirá a Escola Galega de Alta Montaña, tendes a información no cuadro e tamén no seguinte enlace: https://www.facebook.com/escolagalegadealtamontana/photos/a.196397050549280/960430284145949/?type=3&theater Debedes INSCRIBIRVOS A TRAVÉS DO CLUB, a pesar que no enlace indica que as inscricións sexan a nivel individual directamente a EGAM. Non deixedes pasar a ocasión de completar a vosa formación!
01.11.2018
DATA: 1 a 4 de novembro LUGAR: RAMALES DE LA VICTORIA (CANTABRIA) 51 CAMPAMENTO GALEGO DE ESPELEOLOXÍA. CANTABRIA Neste 51º Campamento Galego de Espeleoloxía decidimos mover un pouquiño os marcos e invadir un pouco as leiras dos cántabros, concretamente ata Ramales da Victoria. As datas escollidas son o 1, 2, 3 e 4 de novembro do 2018. O Campamento Base establecerase no Pavillón Municipal de Ramales, do que disporemos para poder pernoitar e asearnos. O propio aparcadoiro do Pavillón poderá utilizarse para durmir nas autocaravanas e furgonetas.
30.10.2018
PROCESOS ELECTORAIS NAS FEDERACIÓNS: FEDERACIÓN GALEGA MONTAÑISMO Visitade o seguinte enlace para comprobar se estades no CENSO ELECTORAL e facede un esforzo para participar no proceso, é un dereito que non podemos perder. Animádevos ademáis a presentarvos a calquera dos Estamentos que poidadeS. http://fgmontanismo.es/proceso-electoral-2018/
22.09.2018
DATA: 22 e 23 de setebro LUGAR: A Seara - O Caurel SAÍDA: POR CONFIRMAR CHEGADA: POR CONFIRMAR Este ano, o Campamento Infantil -Xuvenil por Montaña organizao o club AMI, realizarase en O Caurel, aloxándose no refuxio da FGM en A Seara. Haberá autobús dende Vigo. As participantes levarán a cea do sábado e o xantar do domingo. O almozo corre por conta da Organización (hai que levar taza e culler). Ademáis non esquezades: saco de durmir, útiles de aseo, calzado axeitado para a ruta, gorra, chuvasqueiro, cantimplora, etc, todo o que se necesita para ir á montaña. Prezo: 15€ Animádevos!!!
04.09.2018
DATA: 9 de setembro LUGAR: Mariña Lucense SAÍDA: 6:30h Praza de España Este ano o Marcha Galega de Montañeiros Veteranos organizaa o Club Os Sendeiros de Foz na Mariña Lucense, realizando un percorrido polo río Ouro e praias de Foz. Poderán participar só as montañeiras e montañeiros federados. Repartiranse bolsas de avituallamento. Haberá un xantar de confraternidade para as/os que o desexen. As/Os particpantes "veteranos e veteranas" con 40 anos cumpridos recibirán un agasallo. Prezos: 12€ Autobús, 15€ Xantar. Participa!!
17.07.2018
DATA: 27, 28 e 29 de xullo LUGAR: Monte Aloia, Serra do Galiñeiro e Melón HORARIO: Entrada o venres 27 de xullo ás 10:00 no Refuxio do Monte Aloia, e saída ás 18:00 horas o domingo 29 de xullo A Federación de Montaña á través da ESCOLA GALEGA DE ALTA MONTAÑA organiza o segurndo campamento infantil de montaña. Actividade formativa encamiñada a adquirir coñecementos e practicar as destrezas técnicas básicas para desenvolverse pola montaña. Máis información no seguinte enlace: https://www.facebook.com/events/178261172802535/ Prazo de inscrición ata o 17 de xullo. As inscricións faranse a través do Club. No caso de facelo directamente á EGAM mandarase copia ao Club.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net