Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
14.09.2013
Interesantisima actividade a realizar eo 14/15 de Setembro, enfocada a socios entre 12 e 15 anos, ambos incluídos, que se desenvolverá no Monte Pindo conocido tamén como O Olympo Galego, situado na provincia de A Coruña. Nesta actividade faremos noite no monte se as condicións o permiten, sen uso de tendas, polo tanto vivaquearemos, ao abrigo dalguna rocha ou o que atopemos. Ascenderemos a Moa, e percorreremos os seus arredores onde descubriremos enormes rochas con curiosas e orixinais formas, ademáis teremos unhas impresionantes vistas dos pobos de Pindo i Ézaro con preciosas praias, situados na base do monte asi como de toda a costa, dende Finisterre por un lado e Carnota polo outro. Teremos oportunidade tamén de visitar o Castro de Baroña, situado no borde do mar nun enclave privilexiado e poderemos disfrutar de algo único en toda Europa como é a Cascada do Rio Xallas en Ézaro, que verte as súas augas directamente ao mar de forma espectacular. Non o dubidédes, reservade esta data e anotádevos a primeiros de Setembro.
21.05.2011
21 e 22 de Maio, pendente de información, curso orientado para xovenes alpinistas organizado por EGAM-FGM.



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net