Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
14.04.2019
DATA: 14 de Abril LUGAR: Monte Cepudo HORA COMEZO: 10,30h no Monte Cepudo HORA REMATE: 17,00h. Seguimos a explorar os lugares da nosa contorna!!!! Esta vez imos ao Monte Cepudo que está situado a 527 m de altura na parroquia de Valadares. É un dos puntos de máis altura de todo o Concello de Vigo e é 20 m máis alto ca o seu monte xemelgo, o Alba. PREZOS: - nenos menores de 2 anos 0€ - nenos socios: 1 euro - nenos non socios: 2 euros - adultos socios con licenza: 1€ - adultos socios sen licenza: 2€ - adultos non socios: 4€ Máis información proximamente.
12.04.2019
DATAS: Do 9 a 12 de abril de 2019 LUGAR: Vigo: Multicines Norte MENDITOUR 2019 VIGO: 2ª MOSTRA DE CINE DE MOTAÑA E AVENTURA CATRO días, si, catro días do MELLOR cine de MONTAÑA nos esperan na sala do Multicines Norte en abril. O ano pasado conseguimos programar dous días de proxección onde disfrutamos moitísimo, este ano duplicamos sesións e engadimos unha para os máis pequenos, as nenas e nenos tamén poden disfrutar do cine de montaña. Serán dez horas de cine que non nos deixará indiferente, cine documental para gozar tanto montañeiras e montañeiros como o público en xeral. Pretendemos mellorar a Mostra e para eso precisamos participación e divulgación. Fagamos visible a necesidade de continuidade destes eventos na cidade de Vigo!. O dia 11 haberá sesión doble, unha máis cedo, ás 18:30 para que nenas e nenos poidan ir a durmir á súa hora, o que non quita que aqueles menores que os país e nais o permitan poidan asistir tamén ás sesión das 20:10h. Tamén haberá sorteo de prendas Ternua. As entradas xa están á venda. Poden adquirirse na taquilla de Multicines Norte e a través da súa paxina as anticipadas. O club adquirirá un número de entradas para poder distribuir a socias e socios. Na sesión infantil as nenas e nenos socios poderán recoller as entradas de balde no Club. Non demoredes a vosa adquisición porque o aforo é limitado!!! Prezos: - Socias e socios: 4€ (o club fará descontos a familias - Non socios: Anticipada: 4€ (en taquilla: 5€) - Bono de 4 días: 13€ - Sesión Infantil: 2€ menores e 4€ adultos
17.03.2019
Data: 17 de marzo Lugar: Monte Galiñeiro Hora comenzo: 10,30h en Area de Recreo de Vincios. Hora remate: 18,00h Xa queda menos para a agardada primeira Pequemarcha do ano. Como xa vai sendo tradición faremos unha bonita ruta polo Galiñeiro. Como xa sabedes o noso querido Galiñeiro sufriu moito nos incendios de outubro de 2017, así que en colaboración coa Comunidade de Montes de Vincios imos participar a que os nosos montes volvan ser de cor verde. O proxecto se chama o Bosque dos Nenos, son 6 héctareas de monte nos que se están a plantar árbores e que serán un espacio protexido e un raio de esperanza para o noso futuro. O clube participará con 50 árbores(castiñeiros, cerdeiras e nogueiras) que plantaremos despois de xantar. Anímamosvos a que os que poidades participedes tamén mercando árbores que poderedes reservar no clube ao prezo de 2€. A Comunidade de Montes de Vincios dará a tódolos nenos participantes un diploma co nome e coa súa participación no proxecto Bosque dos Nenos. Para isto é imprenscindible anotarse antes do 6 de marzo. Inscricións ata o día 13 para a pequemarcha. Inscricións ata o día 6 para o diploma Bosque dos Nenos Precios: - nenos menores de 2 anos 0€ - nenos socios: 1 euro - nenos non socios: 2 euros - adultos socios con licencia: 1€ - adultos socios sen licencia: 2€ - adultos non socios: 3€ -Árbores(cerdeira, Nogueira ou castiñeiro): 2€ por árbore E xa sabedes, a revisar que o calzado aínda vos serve, preparar a roupa, avisar á familia e amigos que tedes o día comprometido e ...poñedevos a soñar coa ruta.
16.12.2018
DATA: 16 de decembro LUGAR: Galiñeiro HORA: 11h na area de recreo subindo dende Vincios REMATE: 18h ANULADA POR MOR DO MAL TEMPO. Por segunda vez neste outono quedaremos con un representante da Comunidade de Montes de Vincios para que nos indiquen zona e labouras a desenvolver, a máis urxente neste momento é desterrar os pequenos eucaliptos que están nacendo e invadindo toda a superficie e poñendo en peligro a biodiversidade. Estaremos dende as 11 da mañán ata as 14h, logo iremos comer ao refuxio do Galiñeiro, levade vivandas aínda que teremos chouripans. Despois de comer limparemos e acondicionaremos os arredores do refuxio. Traede gorra e auga, e por suposto roupa e calzado axeitado para andar polo monte. O club porá a vosa disposición algúns pares de guantes pero traede tamén se tendes. É NECESARIO INSCRIBIRSE Data límite de inscripción: 13/12/2018
05.12.2018
DATAS: 7,8 e 9 de decembro LUGAR: BILBAO ÚLTIMO DÍA DE RESERVA DE ENTRADAS: 13 NOVEMBRO Xa está toda a programación do Bilbao Mendi Film Festival, tendes información detallada do que podemos ver nos días de estancia en Bilbao no documento adxunto. Podedes ver os trailer das películas no enlace a continuación. As películas do día 7 e 8 son: The Dawn Wall Up to speed Sen o Nandze The Lines of Life Ara Salvaje In The Starlight Notes From The Wall Everest Green unha gran oportunidade de ver cine de montaña da mellor calidade!!!
02.12.2018
DATA: 2 decembro LUGAR: Parque Forestal de Zamans HORA: 11:00 Imos disfrutar dunha mañán de busca e recoñecemento de cogumelos da man do noso amigo Pedro da Zarrota. A actividade rematará sobre ás 14:00 h, aínda que se levades bocata poderemos rematar cun xantar todos xuntos. ANIMÁDEVOS A PASAR UNHA XORNADA DE BUSCA DE COGUMELOS!!! Data limite de inscrición: 29/11/2018
17.11.2018
DATA: 17 de Novembro LUGAR: Monte Aloia COMEZO: 10H30 na área de Recreo antes de chegar ao Refuxio REMATE: 18h00 no Refuxio Esta Pequemarcha é a última da temporada, se o tempo micolóxico o permite faremos outra pequemarcha-cogumelos antes de que remate o ano. Quedamos ás 10h30 na area de recreo que está antes de chegar ao Refuxio (a estrada que ven do Galiñeiro). Achegarémonos á Macoca para comezar o roteiro ao Castro dos Cubos onde xantaremos ou tomaremos un forte "tenteempé". Despois de xantar teremos a agardada carreira de orientación. E como todo bo magosto se merece remataremos a xornada con castañas, roscón e chocolate, no refuxio. Para facer todo esto hai que traer (NON ESQUEZADES): 200gr de castañas, por familia, co corte feito para que non estoupen Unha cunca para tomar o chiculate. Xornais, para facer cucuruchos. (Papis/mamis, practicade na casa, que logo quedamos fatal) ATENCIÓN: prazas limitadas. Por orde de inscrición. (que logo o chiculate non chega...) PREZOS: Nenos socios, 1 (menores de 2 de balde). Non socios: 2€ Adultos socios club: 3€; Non Socios: 5€. INSCRICIÓN: Ata o xoves 8 de novembro Por suposto, se os elementos non o permiten. Caso de suspensión ou aprazamento, colgarémolo na web e mandaremovos un e-mail.
10.11.2018
DATAS: Do 6 ao 9 de decembro LUGAR: Bilbao Nestas datas, algo distinto: Montaña –Cine de Montaña – Cultura – Turismo – Potes - …¿Qué máis podemos pedir? ¿Qué máis podemos ofrecer? Aqueles que queirades asistir ao Mendifilm comunicadeo o antes posible xa que é necesario reservar a entrada. Para asegurar a reserva de entradas ao cine temos ata o 9 de novembro para confirmalo. As sesión serán as seguintes: Viernes 7 diciembre: Euskalduna 19:30 (12€) Sábado 8: Sala BBK 11:30 Sábado 8: Sala BBK 15:30 Sábado 8: Sala BBK 17:15 Sábado 8: Sala BBK 19:30 A inauguración será coa proxección da esperada película: The Dawn Wall dirixida por Peter Mortimere sobre a mítica conquista en libre da parede Dawn Wall do Capitán en Yosemite National Park por Tommy Caldwell y Kevin Jorgeson no ano 2015. O resto da programación ainda non está publicado. Visitade a web: http://mendifilmfestival.com/MFF/index.php/es/69-2018/noticias/2291-the-dawn-wall-filmak-eta-tommy-caldwell-eskalatzaileak-zabalduko-dute-11-bilbao-mendi-film-festivala-2000-ikusleren-aurrean-euskalduna-jauregian-2 Non quededes sen entradas!!!
03.11.2018
DATA: 3 de novembro LUGAR: Galiñeiro HORA: 11h na area de recreo subindo dende Vincios REMATE: 18h. Para todas e todos os que non podedes facer ponte ou que podedes pero quedades na zona, socias, socios, acompañantes, nenas e nenos, mozos e mozas, temos unha cita no noso querido Galiñeiro. Quedaremos con un representante da Comunidade de Montes de Vincios para que nos indiquen zona e labouras a desenvolver, a máis urxente neste momento é desterrar os pequenos eucaliptos que están nacendo e invadindo toda a superficie poñendo en peligro a biodiversidade Estaremos dende as 11 da mañán ata as 6 da tarde, podedes ir todo o día ou as horas que teñades dispoñibles nese intervalo horario. Se ides todo o día levade o bocata. Tamén gorra e auga, e por suposto roupa e calzado axeitado para andar polo monte. O club porá a vosa disposición algúns pares de guantes pero traede tamén se tendes. Animádevos a participar!!!
07.10.2018
DATA: 7 de outubro LUGAR: ILLA DE SÁLVORA SAÍDA: 9,45h. O GROVE CHEGADA: 17:30h O GROVE ESTA ACTIVIDADE ESTÁ ABERTA A TODAS AS SECCIÓNS: INFANTIL, SENDEIROS, MONTAÑA,.... O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrécenos infinitos recursos naturais que explorar e admirar. As nosas Pequemarchas só lle falta percorrer a Illa de Sálvora. Se o mar de fondo nolo permite, iremos a admirar esta illa o día 7 de outubro. En caso de que o mar non o permita aplazaremos esta actividade para máis adiante, se temos previsión con suficiente antelación. Se non podemos prevelo con antelación cambiaremos esta viaxe a Sálvora por unha ruta en barco pola ría Arousa, con explicacións de cultivos de mariscos e degustación de mexilóns a bordo, de 1,15h de duración aproximada, que completaremos con algunha pequena ruta a pé pola zona. Inscricións ata o día 3. Prezos: - menores de 2 anos 0€ - de 3 a 12 anos socios: 5 euros - de 3 a 12 anos non socios: 8 euros - adultos socios: 16€ - adultos non socios: 19€
1 2 3 4 5 6 7 8 9



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net