Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
15.02.2015
Voltamos o "espazo sagrado" - o "Olimpo Galego " da man do do estudioso do entorno D. Carlos Solla, autor de varios libros entre eles : Monte do Seixo - o santuario perdidos dos Celtas. . Con saida dende Cerdedo ascenderemos o seu cumio como subían e subes os peregrinos do noroeste peninsular para invocar os favores das deidades que alí habitan. Este antiguo santuario , emprazado na cabecera do val do río Lérez e do río Verdugo, na comarca pontevedresa de terra de Montes, era o "centro do mundo " - el "umbilicus mundi" dos pobos célticos. Deuses,mitos e ritos do Monte do Seixo, servirán de guía para coñecer o significado que se esconde tras cada leenda. E seguindo as importantes pegadas históricas e etnógraficas , algunhas de carácter mítico e máxico. Pasaremos pola Costa da Galgareta, Covaladrós, Fonte de Sanabarrigas, Chan das Mamas ( mamoas ), Lagoas Grande e Medias , polo Pozo da Muller Morta para rematar no Portalén ( Porta do Alén ou do máis alá) e o Marco do vento ( espectacular monolito de seis metros de altura ) , así como o lugar onde "morreu o Home", nomes de lugares que nos transportarán nunha actividade de montaña a unha xeira cultural imprescindible para o coñecemento dunha montaña máxica. Imprenscisdible, non faltar. Hora saída: 09:30 horas dende Montañeiros Celtas Hora chegada: 19:00 horas a Montañeiros Celtas BUS Precios: Socios: 11€ Non socios: 16€
01.02.2015
PR Camiño do Glaciar e do Alto Vez Tipoloxía: circular, con tramo lineal Distancia: 13,44km 600 m de desnivel, terreno resbaladizo Duración aproximada: 7:00h Tipo de chan: camiños rurais de montaña Grao de dificultade: 7 horas de pateo, 2 horas de subida. Sairemos as 9.30h fronte ao club.Iniciaremos a ruta as 11.15 aprox. na aldea de Porto Cova ( parroquia de Sistelo ) pertencente ao concello de montaña de Arcos de Valdevez no veciño Portugal. A medida que camiñemos polos chamados alí carreteiros ( por presentar sinais de rodadas dos carros de vacas ) iremos observando diversos elementos paisaxísticos de singular beleza, como son as brandas ou inverneiras, eiras, regadios, espigueiros ( conxuntos de canastros ), e socalcos. Tamen veremos as estranas formas xeolóxicas dos bloques graníticos. Pouco a pouco, entraremos no val glaciar da Serra da Peneda, por onde un antigo glaciar ( xa extinto) foi modelando a superficie da montaña formando os característicos vales en U.Pasaremos por varias brandas, algunhas ainda en uso, ao noso redor poderemos observar agrupacións de carballos ( Quercus robur ) e remataremos no punto de inicio dende onde poderemos achegarnos ao castelo dos vizcondes de Sistelo ( e ve-lo dende fora ). Na volta a casa posibilidade dunha "parada técnica" en Monçao onde degustar " uma bica cuma nata " que nos quente o corpo e o espírito. Recoméndase roupa de abrigo, bastóns e frontal ( polo que puidera pasar... ;-) . Coches particulares Prezos: Socios (con licenza): 8€ Socios (sen licenza): 10€ Non socios (con licenza): 12€ Non socios (sen licenza): 14€
18.01.2015
Empezamos a camiñar nun dos pobos mais importantes do Ribeiro, Leiro. Pasando polas súas rúas veremos polas súas casas nobres e de boa pedra, o que nun dia foi un pobo de grande animación. Ao longo da ruta pasaremos por algún pobo da zona aínda que todos mais pequenos pero moi bonitos e rurais e como non rodoeados de viñedos, despois transitaremos moitos quilómetros por unha zona dun bosque autóctono na súa maioría moi ben conservado. O punto mais importante pono a ascensión a Pena Corneira, gran penedo dende o que teremos unhas bonitas vistas de gran parte desta bisbarra. Finalmente e antes de volver á casa, pararemos en Leiro de novo para pasear un pouco a súa parte de río e tomar a merecida cervecita. Saída as 9:00h. Coches particulares Prezos Socios: 12€ Non socios: 16€
06.12.2014
Saída Venres 5 de Decembro ás 22.00 horas do lugar habitual. Día 5. Durmida e almorzo en Albergue Ancares MONTAÑA. Día 6. PEÑARRUBIA 1.821 m. Saíndo do refuxio ( 1.050 m.) por Cabana Vella iremos ata a Campa de Brego,subida ao cordal e cume Peñarrubia (1.821 m.).Volta ao refuxio. Día 7 MUSTALLAR 1.924 m. Saída de Piornedo ( 1.080 m.) polo Monte de Acebais o río e a braña de Piornedo alcanzamos a Golada do Porto (1.700 m.) unha forte suba lévanos ao cume do Mustallar (1.924 m.) volta polo Penalonga ( 1.870 m.) e o Cuiña ( 1.987 m.) este opcional pódese faldear ata Porto Ancares. Autobus a Refuxio. Día 8 MIRAVALLES 1.969 m. Saída de Porto Ancares (1.684 m.) e todo pola cresta ata o cume do Miravalles ( 1.969 m.) baixada ata Tejedo (1.000 m.) onde nos recollerá o autobus con previsión de chegada a Vigo sobre as 20.00 Horas. TRAVESÍA. Día 6 Cos de Montaña ata o PEÑARRUBIA, Polo cordal ata o TRES OBISPOS (1.792 m.) e vivac na súa faldra vertente leonesa. Día 7 Subida polo cordal e polos PENEDOIS e Pico LANZA (1.876 m.) unímonos cos de Montaña no MUSTALLAR ( 1.924 m.). PENALONGA (1.870 m.) CUIÑA ( 1.987 m.) e vivace á súa falda. Día 8 Caminada ata Porto Ancares e cos de montaña ao MIRAVALLES ( 1.969 m.) Previsión chegada a Vigo sobre as 20.00 horas Prezos no club
16.11.2014
Saída as 9:00 horas Plaza de España, Kiosko prensa. Lago Castiñeiras - Domaio Concellos: Marín, Vilaboa e Moaña. Saíndo do Lago Castiñeiras ( 393 m.), tras pasar polo seu miradoiro cume en Cotorredondo (531 m.). Continuando pola serra de Domego con vistas á ría de Vigo atravesamos as mámoas e dolmen de Chan D'Armada (377 m.), forte suba en tres tramos con descansos ata cume de Couto D'Home (628 m.).Baixando os montes de Xaxán,pisaremos o seu cume ( 592 m.). Agora Chan D'Arquiña co seu dolmen e a súa umbría, corta subida ao Faro de Domaio (628 m. ) Antenas e abandonado refuxio. Finalmente suave descenso polo Campo dás Bestas, a parroquia de San Lorenzo, as sobreiras de Chan de Paradela e os abandonados muíños do Rego dá Freixa ata a praia Do Río Seco, en Domaio (Palmás). Coches particulares
01.08.2014
Saída: 01 de agosto as doce da noite no Club, estar 15 minutos antes. Regreso: el 09 de agosto as nove da noite ó Club Venres 1: Saída ás 24 h para Arties, Val de Arán. Sábado 2: Chegada a Arties e montaxe de campamento. Domingo 3: Montardo 2833 m. Saída desde o camping ás 7 da mañá (1100 m), pola pista de Valarties ata Pontet de Rius (1 h 30’). Desde o Pontet de Rius (1647 m) seguimos o GR 11 dirección S. En 1 h chegaremos ao lago e refuxio da Pestañea (2010 m ‐ 2h 30’). Seguiremos en dirección LLAS marcas do GR 11 e por un carreiro ben marcado chegaremos ao Estanh deth Cap deth Port (2229 m ‐ 3 h 10'). Seguimos na mesma dirección flanqueando o lago pola esquerda. Veremos unha fonte no extremo esquerdo do lago, parte superior. Sen ningún contratiempo chegaremos ao Coll de Crestada (2475 m ‐ 4 h 10') onde atoparemos o letrero que nos anuncia o límite do Parque Nacional d'Aigüestortes. Continuamos polo mesmo carreiro uns metros e atoparemos un llano onde deixaremos o GR 11 que segue ata o refuxio de Colomérs. Proseguimos o camiño cara ao N, moi marcado con fitos, ata o Cóth deth Montardo (2756 m), e sen ningún problema chegaremos ao cume do Montardo (2833 m ‐ 6 h 30’). Descenso polo mesmo itinerario (10 h). Luns 4: tramo sendeiro GR‐11 desde o porto da Bonaigua ata o camping. Saída desde o camping en bus ás 7 h ata o porto da Bonaigua. Iniciaremos descendendo en dirección S ata a ribeira do Ruda (1800 m), seguiremos as marcas do GR211‐4 que nos conducirán a través do circo glaciar de Saboredo ata o porto de Ratera de Colomers (2572 m). A partir de aquí seguiremos o GR11 ata o glaciar de Colomers, Pont de Ressec e logo pista de Valarties ata o camping (8 h 30’). Martes 5: Besiberri Nord, 3015 m/ Sendeiro GR‐11 Saída ás 7 h desde o camping en bus ata o Hospital de Vielha (1600 m). Seguiremos as marcas do GR‐11 ata o Port de Rius (2340 m 3h), e baixaremos ata o Lac de Rius. Alí dividirémonos en función dos nosos intereses. Sendeiros: Seguiremos o GR‐11 ata o refuxio da Restanca (2010 m 5 h), baixar ata o Pontet de Rius (1647 m) e pista de Valarties ata o camping (6 h 30’). Montaña: Seguiremos por un carreiro que rodea o Lac de Rius pola esquerda, daquela o Lac Tort de Rius e subiremos ata a collada Lac de Mar (2502 m) e baixaremos ata Lac de Mar. Subimos seguindo os fitos en dirección S, para gañar altura cara ao Estanh Gelat dera Aubaga por unha forte subida entre bloques de pedra. Estanh Gelat dera Aubaga (2421 m ‐ 6 h). Xunto ao lago veremos grandes fitos que nos levarán entre carreiros e bloques, sempre en dirección S e en forte subida á Bretxa d'en Peyta, (2765 m ‐7 h 15'). Unha vez na brecha perderemos un pouco de altura polo lado de Boí, seguindo o camiño en dirección SW ata situarnos debaixo da pirámide final do Besiberri Nord (3015 m). Hai varios itinerarios para ascender á cima, pero o máis lóxico é seguir os fitos xunto á arista N que vai cruzando a parede aproveitando as distintas canles que fan fácil a subida. Tan só hai un pequeno muro de 4 m con algún paso de IIIo, o resto é de fácil rubida, aínda que non exenta de perigo (9 h). Descenso de volta ao Lac de Mar, deixalo á izquiera por un carreiro que nos conduce ata o refuxio da Restanca e de aí ao camping polo val de Valarties (12 h). Mércores 6: Ruta do Románico Aranés Saída do camping ás 9 h, cruzar o Garona para coller as marcas do GR‐211 seguindo a ribeira do río visitando Escunhau, Betren, Vielha, Vilac, Aubert, Begos, Vilamos. Descenso ata Bossost onde nos collerá o autobús de volta ao camping (7 h). Xoves 7: Pico de Russell (3205 m)/Tramo Carreiro GR‐11 Saída do camping en bus ás 7 h para o Pont de Salenques (1500 m). Seguiremos o GR‐11 ata o refuxio de Anglos (2220 m). Pola variante norte do GR‐11 seguiremos entre os lagos de Anglos, e logo ata o lago Cap de Llauset. Aquí nos dividíremos segundo os nosos intereses. Sendeiros: Baixaremos pola variante sur do GR‐11 ata o Lago de Llauset, subida á collada de Anglos e volta ao refuxio de Anglos para volver ao Pont de Palenques polo mesmo camiño que subimos. Montaña: Seguiremos o GR‐11 ata o collado de Ballibierna (2728 m), baixamos e abandonamos o GR‐11 para ir pola brecha de Adoitar i Coll (2658 m), baixar outro pouco, e logo subida continua ata o Pico de Russell. A subida non ten complicación si acértase co pico e a ruta normal, que é unha rampa bastante característica así que non debese ter problema. O descenso ímolo a facer pola cara norte baixando ata o val de lles Salenques que nos devolverá ao pont de Salenques onde nos estará esperando o bus. Venres 8: Sendeiro polo Parc de Aigüestortes e Estany de Sant Maurici Sábado 9: Saída cara a Vigo 8 da mañá. Nota: A organización resérvase o dereito a modificar este programa en función das circunstancias meteorolóxicas ou doutro **Mapas no pdf adxunto Adxuntamos información de Pirineos 2014 con algunha modificación na programación debido as inundacións que han destrozado os sendeiros do río Garona. Por agora está facendo moi mal tempo,por si acaso ide preparados para a choiva.
07.06.2014
ANULADA A Seara-Vieiros o 7-8 Xuño Sábado 7 de Xuño: 10:00h saída do Club 16:00h nocións teóricas: dinámica dos distintos tipos de carreiras de orientación, mapas, regulamentos, material.. Domingo 8 de Xuño: 10:00h carreira de orientación polos arredores de A Seara. 20:00h chegada a Vigo Material a levar: compás, roupa e calzado axeitado Moitas gañas de disfrutar!!!!!
28.03.2014
Ambas as dúas rutas presentan a posibilidade de ascender a cumios de máis de 2.000 m, de tal forma que se as condicións metereolóxicas permíteno, un grupo de persoas equipadas co material axeitado poden ascendelas. O material axeitado dependerá de como estean as cousas. Así, estaría ben que a xente viñese con crampóns, piolets e raquetas. Ademais unha ou dúas cordas sería recomendable levar por se acaso (permite solucionar case calquera situación de forma rápida e segura). As rutas son: *Enol-Cuivicente-H.ultayu-Ariu-Lagos-Enol, a xente que imos non sube Cuivicente e H.ultayu bordea estes Picos ata Ario (alí podemos mesmo ascender a Cebeza H.ulagua, con vistas guapas). *Enol-Vegarredonda-Torre Canal Parda. Os que non suban a este cumio van ver o H.ou Santu.
06.12.2013
Asturias no outono promete paraxes espectaculares cheos de encanto, por iso a proposta para los días 6, 7 e 8 de novembro é deixarnos perder por esta zona para gozar das cores outonais camiñando por sendeiros accesibles a todos e con algunha interesante ascensión. Subiremos ao Maciédome (1.899 m), a segunda altura da cordal de Ponga despois do Tiatordos. Partiremos dende Pendones pasando por bosques de carballos, acibros e faias. No cumio se o tempo nolo permite, teremos impresionantes vistas de Picos de Europa, Ponga e Caso. Outra das actividades propostas levaranos dende Orlé e pasando polas impresionantes foces de Melordaña e Valloseru ata o cumio de Campigüeños (1.838m Dende o cumio teremos vistas tamén de Picos de Europa, os Mampodres, Ubiñas… Xa o domingo e antes do regreso, faremos unha ruta tranquila e curta que partirá dende Orlé.. Só queda esperar que teñamos un tempo estupendo para gozar das actividades propostas. Teredes máis información no club. Hora saída: xoves 5 de decembro as 24:00 horas Hora chegada: 8 de decembro as 20:00 horas aprox Prezo Bus Non socios: 65€ Socios: 48€ Se pagas despóis do 25 de novembro: Socios: 63€ Non socios: 80€ Pernocta refuxio Camin de Redes 985 61 28 16 móvil: 699959279 Dormir: 14€ Desayuno: 4€ Media Pensión: 26€
01.11.2013
Na ponte de todolos santos ímonos ó vale de Quirós (Asturias) conocido porque alí comeza a famosa senda do oso (unha das máis bonitas vías verdes que existen) e por unha das mellores escolas de escalada do país. Sairemos en bús dende o club o xoves 31 de Outubro ás 24:00 e chegaremos a Quirós sobre as 6 da mañá. Despois de almorzar, comezaremolas rutas: Venres 1 de novembro: - Sendeiros: Ruta Bermiego - Desfiladeiro as Xanas - Villanueva (Distancia: 20 Km, duración: 7 horas). O bús deixarános no pequeno pobo de Bermiego (760 mts.), onde se atopan un teixo e un carballo centenario declarado monumento natural, e subiremos hata o Pando da Mortera (1.111 mts.) pasando polas brañas de Linares. Dende alí será practicamente todo un lento descenso por prados, cabanas, bosques e pobos típicos asturianos hata un final espectacular: o desfiladeiro das Xanas. Trátase dun estreito camiño escavado na rocha con "pico e barrena" para atravesar o angosto canón do río Xanas, parecido ó do río Cares pero de menor lonxitude anque igual beleza. O desfiladeiro remata no pobo de Villanueva onde agarda o autobus para levarnos ó albergue. - Montaña: Ruta Bermiego - Moncuevu - l'Angliru - Gamonal - Aciera (Distancia: 17 Km, duración: 7 horas). Sairemos dende Bermiego (760 mts.) e compartiremos camiño con ruta de sendeiros hata o Pando da Mortera, onde nos desviaremos hacía o leste para adentrarnos na serra de Aramo, subir á cima d Moncuevu (1.718 mts), baixar ás cabanas e lagos do l'Angliru (si, si.... é onde remata a famosa etapa ciclista). E si o tempo e as forzas nolo permiten, subiremos ó pico La Gamonal (1.710 mts) para logo baixar hata o refuxio en Aciera (430 mts.) atravesando terreo karstico e prados. Sabado 2 de novembro: - Sendeiros: Ruta portos de Agüeria (Distancia 14 Km, duración: 6 horas) O autobús levarános hata o pobo de Lindes (940 mts.) onde arranca o camiño que vai subindo entre prados, cabanas, bosques de carballos e faias en pleno outono. Outra vez, pasaremos por outro desfiladeiro: a Foz Grande. A subida continua entre faias e algún teixo, hata chegar ás vegas de Agüeria, sempre ós pés do Peña Rueda e co pico Fontán de frente. Atravésanse unha paisaxe kárstica e de modelado glaciar hata o collado de Lingleo a 1.632 mts. (punto máis alto da ruta). A partir de aquí descéndese hacía o pobo de Ricabo (670 mts) onde nos agardará o autobús. - Montaña: Ruta Lindes-Peña Rueda- Ricabo (Distancia 16 km., duración 6,5 horas). A saída a compartiremos no seu inicio e seu final coa ruta de portos de Agüeira que fará a sección de sendeiros. Nas cabanas de Manín (1.280 mts.) separaremonos para subir hata Peña Rueda (2.152mts.). Despois baixaremos pola cara noroeste hata a Portiechas onde enlazamos de novo coa ruta de Agüeria e que nos levará hata Ricabo (670 mts) nun cómodo paseo. Domingo 3 de noviembre: Sendeiros e montaña: Ruta Aceira - Villamejín (Distancia 5 Km, duración 2,5 horas). Sairemos dende o refuxio (430 mts.) en dirección norte hata o collado de Aciera (681 mts.) para logo baixar ó pobo de Villamejín onde nos agardará o autobús para levarnos a Vigo. Para os máis fortes e rápidos, hai a opción de subir ó pico Forcá (1.108 mts) dende o collado de Aciera. Outra posibilidade é baixar a Proaza dende o refuxio hata Proaza con bicletas alquiladas pola senda do oso. Hora saída 31 outubro as 24:00 horas dende Celtas Hora chegada 3 de novembro as 20:00 horas a Celtas Prezo Bus: Socios: 50€ Non socios: 75€ Se pagas despóis do 21 de outubro: Socios: 65€ Non socios: 95€ Pernocta Refuxio “El llano” Pernocta federados: 6€ Non federados: 12€ Desayuno: 4.5€ Cea: 12€ Media Pensión: Federados: 22.5€ Non federados: 28.5€ O lisatado xa está aberto. Pechamos lista o 24 de outubro. Máis información próximamente.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net