Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
31.05.2015
Xabriña…. bonito nome, precioso río…. Imos facer o INTEGRAL XABRIÑA Pois por aí imos camiñar o vindeiro 31 de maio. Desde o club plantexamos un percorrido novedoso (por iso o de Integral Xabriña) para coñecer ben o río. Todo o río. Desde o seu nacemento, ao lado da Franqueira, ata o seu abrazo co Tea, en Mondariz (ao lado do balneario). Colleremos o tramo alto do xabriña, conectaremos co sendeiro do mesmo nome, continuaremos polo sendeiro de Mouriscados e continuaremos ata Mondariz. A destacar a arquitectura e enxeñería populares, e a frondosa e variada vexetación do bosque de ribeira. O roteiro ten de todo: todo para abaixo, seguindo o río, pola sombra, haberá onde repoñer auga no 1º tramo, e haberá aventura: non se descarta cruza-lo río, descalzos; non esquezades o frontal, vaise por sendeiros de pescador, con tramos por levadas e con tramos curtos de lameiros, …e con enorme terraza cervexeira ao final…. Total: 21 Km aprox. Sairemos do club ás 8:30 horas da mañá, estando previsto o regreso ao club ás 21 da tarde. PREZOS 10€ SOCIOS 13€ NON SOCIOS
01.05.2015
Saímos o día 30 de abril ás 12 da noite. Chegamos ás 7 da mañá ao pobo La Hermida (Cantabria), almorzamos (en el propio albergue darán desayuno a quien reserve con antelación) deixamos as cousas no albergue e imos ao centro de recepción para que nos dean uns consellos e que teña que alugar material o poida recoller. Día 1 de maio: a) Opción vías ferratas: Faremos a integral da vía ferrata principal de La Hermida (http://www.ferratalahermida.com/images/poster_via_ferrata_recorridos_w.pdf). A metade de vía, esta divídese en dous. Un tramo continua en ascenso ata rematar en cova Ciloña (desnivel de 700 metros), e outro tramo continua en travesía horizontal cruzando dúas pontes tibetanas. Intentaremos facer os dous tramos se nos da tempo e nos quedan forzas. b) Opción sendeiros: As 14 Fervenzas da Ruta de Las Agüeras (12 Km en 7 horas con 500 metros de desnivel aproximadamente ) Ruta que ascende dende o desfiladeiro da Hermida ata o pobo de Cicera pasando por varias fervenzas e brañas, para logo descender por outra rega salpicada de novas fervenzas. Día 2 de maio: Todos faremos un preciosa ruta montañeira moi aérea, chamada a "Pasá del Picayo" que enlaza o pobo de San Esteban con Tresviso (http://www.karstic.es/lugar/pasa-del-picayo/). A ruta pasa por canles, outeiros, camiños tallados na pedra, cables, covas e pasos estreitos... non lle falta de nada. Iso se, require esforzo: 19 Km e 1.000 metros de desnivel acumulado. (http://www.montesdeasturias.com/Picos/picayo.htm) Día 3 de maio: a) Opción vías ferratas: Faremos a curta pero explosiva ferrata do pozo Milar (200 metros nunhas 2 horas) que remata cun salto en tirolina. http://www.ferratalahermida.com/tarifas/70-el-milar b) Opción turista: Visita libre ao pobo de Potes. O autobús levará e traerá o que desexe pasear polo precioso pobo de Potes. Sobre as 14:00, xa comidos, emprenderemos a viaxe de regreso a Vigo para chegar aprox sobre as 21:00. Material necesario para a vías ferratas (pódese alugar na oficina de recepción da ferratas): Arnés. Casco. Cabos de ancoraxe con disipador. Estar federado (polo seguro). Material opcional: Guantes En el centro de recepción de las vías ferratas de la Hermida se puede alquilar el material para todo el día. Si vas a necesitar alquilar material o pedir prestado al club, hay que reservarlo al hacer la inscripción de la salida. La tarifas son: Arnés. 5€ Casco: 5€ Cabos de ancoraxe con disipador: 8€ Para hacer las vías ferratas no hace falta tener conocimientos de escalada. Solo es necesario tener un mínimo de forma física, estar federado, ganas de pasarlo bien y, evidentemente, no tener vértigo. El primer tramo de vía ferrata que haremos el domingo es el más facíl. Está recomendado para principiantes y niños. Con lo cual, si tienes dudas si te gustará o crees que no puedes hacerlo, siempre podrás probar y, terminado ese primer tramo sencillo, decidir si continuas con la vía ferrata o abandonar. A lo largo de las vías ferratas hay varios "escapes" señalizados por si alguien quiere retirase y bajar andando hasta el albergue. En caso de mal tiempo que impida hacer la vía ferrata, realizaremos una ruta de senderismo. Prezo bus: Socios: 55€ Non socios: 75€ Nos alojaremos en el albergue La Hermida (http://www.alberguelahermida.com) que está a pie de las vías ferratas: Media pension 22 euros, Dous dias 44 euros Solo dormir 10 euros Desayuno 1er día: 3€ euros
02.04.2015
Hora Saída: 01 de abril as 23:50 horas Hora chegada: 05 de abril as 20:00 horas. Último día para inscribirse xoves 26 de marzo. Adxuntase documento con información da actividade de montaña e da actividade de sendeirismo
29.03.2015
Serra de Arga Dificultad moderada Distancia 14 km Altitud min/max 287/743 Aprx 5-6 h Inicio y fin en Boucinha-Dem en la zona de Caminha (Portugal) Ascension al Alto de Pedra Alçada desde Boucinha regresando por el Mosteiro de S. Joao d'Arga y Vale de Sabrosa. Hora saída: 09:30 a Montañeiros Celtas Hora de chegada: 20:00 a Montañeiros Celtas
20.03.2015
Serán dos tipos de actividades. 1) Travesía comenzando en Santa Marina de Valdeón hacía el refugio de Collado Jermoso (estará abierto aunque sin guarda) donde se pernoctará para continuar a la mañana siguiente hacía La Palanca donde haremos cumbre 2.000m. Bajaremos hacía el Hoyo Grande por la canal de Dobresengos finalizando en Caín. Esta actividad es solo para montañeiros expertos, federados, y se precisarán piolets, crampones y raquetas. Se precisa llevar cena, comida de ataque, desayuno… 2) Actividad de ida y vuelta al refugio La Ardilla Real en Santa Marina de Valdeón. Primer día (día 20) subiremos a Torre de Salinas, 5-6 horas, dificultad alta. Segundo día (día 21) ida y vuelta a Vega de Liordes por la Canal de Pedabejo. Tercer día (día 22) sin definir.
08.03.2015
CAMIÑANDO POLA SERRA DO SUIDO Tipoloxía: Sendeiro Distancia: 19,00km 557 m de desnivel, sendeiro – crestería Duración aproximada: 7:00h Tipo de chan: camiños rurais de montaña, sendeiro, crestería sen senda. Grao de dificultade: 7 horas de pateo, ( 3 horas de subida. ) Continuamos descubrindo a natureza na Serra do Suído con esta bonita proposta para recrearnos nunhas construccións antigas e tradicionais moi importantes da Serra do Suido: O foxo do lobo, o chozo, a poza de Piñeiro e o pico Bidueiros. A vella e fortemente erosionada formación granítica da Serra do Suído, caracterizada pola combinación de pendentes abruptas nas súas caeiras con planaltos na liña de cumes, representa o límite meridional da Dorsal Galega, e a fronteira administrativa entre as provincias de Ourense e Pontevedra. Sairemos as 9.00h fronte ao Club. Una vez pasado Covelo e Maceira, deixaremos parte dos coches en Fofe e seguiremos ata Piñeiro (10 m.), onde iniciaremos a ruta. Subiremos por sendeiro ata Poza Piñeiro, con una ascensión suave, A Poza de Piñeiro foi construída para almacenar auga destinada a regar os campos e hortas dos veciños de Piñeiro, con riguroso turno de rega; ladearemos a Poza e seguiremos cresteando ata Pico Bidueiros (943 m) no seu punto xeodexico, se acompaña o día, sorprenderanos unha curiosa panorámica. Baixaremos as brañas, na caeira leste do Coto de Bidueiros, onde se asenta o conxunto etnográfico de Bidueiros formado polas chozas, currais e sesteiros destinados á explotación gandeira dos pastos deste macizo, denominados no seu conxunto “Campos de Barcia de Mera”. Os chozos, construídos na súa totalidade en pedra servían de refuxio aos pastores. (Estas brañas chegaron a ter 16.000 cabezas de gando, según nos conta un veciño de Piñeiro). Despois do almorzó, cruzaremos o seguinte val e chegaremos “O Foxo do Lobo”. A primeira referencia escrita deste elemento, recóllese nun pleito, da Real Chancillería de Valladolid do ano 1653, un litixio veciñal pola posesión e uso de terreos de pasto no Suído, entre a parroquia de Barcia de Mera e as que constituían por aquel entonces o Val do Tielas, Campo e Fofe. No prego noveno, fálanos da posesión, uso, mantemento e xestión compartida polas tres ferigresías dun “foso” para a realización de “monterías y correrías de venados y otras fieras. O que nos leva a pensar como sería a vida nestos montes no siglo XVII. E xa feito un cumio de casi mil metros, seguiremos baixando polo camino de laxiñas ata chegar a Fofe. Recoméndase roupa de abrigo, bastóns e frontal (polo que puidera pasar... ;-) Dependendo dos asistentes iremos en bus ou en coches particulares. Hora de saída 09:00h (chegada 19:00h)
15.02.2015
Voltamos o "espazo sagrado" - o "Olimpo Galego " da man do do estudioso do entorno D. Carlos Solla, autor de varios libros entre eles : Monte do Seixo - o santuario perdidos dos Celtas. . Con saida dende Cerdedo ascenderemos o seu cumio como subían e subes os peregrinos do noroeste peninsular para invocar os favores das deidades que alí habitan. Este antiguo santuario , emprazado na cabecera do val do río Lérez e do río Verdugo, na comarca pontevedresa de terra de Montes, era o "centro do mundo " - el "umbilicus mundi" dos pobos célticos. Deuses,mitos e ritos do Monte do Seixo, servirán de guía para coñecer o significado que se esconde tras cada leenda. E seguindo as importantes pegadas históricas e etnógraficas , algunhas de carácter mítico e máxico. Pasaremos pola Costa da Galgareta, Covaladrós, Fonte de Sanabarrigas, Chan das Mamas ( mamoas ), Lagoas Grande e Medias , polo Pozo da Muller Morta para rematar no Portalén ( Porta do Alén ou do máis alá) e o Marco do vento ( espectacular monolito de seis metros de altura ) , así como o lugar onde "morreu o Home", nomes de lugares que nos transportarán nunha actividade de montaña a unha xeira cultural imprescindible para o coñecemento dunha montaña máxica. Imprenscisdible, non faltar. Hora saída: 09:30 horas dende Montañeiros Celtas Hora chegada: 19:00 horas a Montañeiros Celtas BUS Precios: Socios: 11€ Non socios: 16€
01.02.2015
PR Camiño do Glaciar e do Alto Vez Tipoloxía: circular, con tramo lineal Distancia: 13,44km 600 m de desnivel, terreno resbaladizo Duración aproximada: 7:00h Tipo de chan: camiños rurais de montaña Grao de dificultade: 7 horas de pateo, 2 horas de subida. Sairemos as 9.30h fronte ao club.Iniciaremos a ruta as 11.15 aprox. na aldea de Porto Cova ( parroquia de Sistelo ) pertencente ao concello de montaña de Arcos de Valdevez no veciño Portugal. A medida que camiñemos polos chamados alí carreteiros ( por presentar sinais de rodadas dos carros de vacas ) iremos observando diversos elementos paisaxísticos de singular beleza, como son as brandas ou inverneiras, eiras, regadios, espigueiros ( conxuntos de canastros ), e socalcos. Tamen veremos as estranas formas xeolóxicas dos bloques graníticos. Pouco a pouco, entraremos no val glaciar da Serra da Peneda, por onde un antigo glaciar ( xa extinto) foi modelando a superficie da montaña formando os característicos vales en U.Pasaremos por varias brandas, algunhas ainda en uso, ao noso redor poderemos observar agrupacións de carballos ( Quercus robur ) e remataremos no punto de inicio dende onde poderemos achegarnos ao castelo dos vizcondes de Sistelo ( e ve-lo dende fora ). Na volta a casa posibilidade dunha "parada técnica" en Monçao onde degustar " uma bica cuma nata " que nos quente o corpo e o espírito. Recoméndase roupa de abrigo, bastóns e frontal ( polo que puidera pasar... ;-) . Coches particulares Prezos: Socios (con licenza): 8€ Socios (sen licenza): 10€ Non socios (con licenza): 12€ Non socios (sen licenza): 14€
18.01.2015
Empezamos a camiñar nun dos pobos mais importantes do Ribeiro, Leiro. Pasando polas súas rúas veremos polas súas casas nobres e de boa pedra, o que nun dia foi un pobo de grande animación. Ao longo da ruta pasaremos por algún pobo da zona aínda que todos mais pequenos pero moi bonitos e rurais e como non rodoeados de viñedos, despois transitaremos moitos quilómetros por unha zona dun bosque autóctono na súa maioría moi ben conservado. O punto mais importante pono a ascensión a Pena Corneira, gran penedo dende o que teremos unhas bonitas vistas de gran parte desta bisbarra. Finalmente e antes de volver á casa, pararemos en Leiro de novo para pasear un pouco a súa parte de río e tomar a merecida cervecita. Saída as 9:00h. Coches particulares Prezos Socios: 12€ Non socios: 16€
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net