Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
27.06.2016
¡¡¡NOVEDADE!!! CARREIRAS POR MONTAÑA ¿corres por montaña?.... NACE o grupo de carreiras de Club Montañeiros Celtas, dentro da Sección de Montaña, así terás con quen compartir paixóns, ilusións, adestramentos, desprazamentos... Contacta con Patri e/ou Santi a través do correo: carreiraspormontes@celtas.net. ¡¡esperámoste!!
24.06.2016
DATA: 24 a 26 de xuño LUGAR: PUERTO PAJARES-UBIÑA DIFICULTADE: ALTA SAÍDA: 07:00 DENDE O CLUB PREZOS: BUS SOCIOS CON LICENZA 31 EUROS SEN LICENZA 33 EUROS NON SOCIOS 43 PERNOCTA FEDERADOS 10 EUROS/ NON FEDERADOS 20 EUROS A actividade consistirá nunha travesía en autonomía que nos levará dende o Puerto de Pajares a Peña Ubiña, con dous vivacs. Para os de sendeiros hai organizadas varias rutas dende Puerto de Pajares a Caldas de Luna, ascencións no Porto da Ventana, e o sendeiro dende Tuiza a Torrebarrio. Tamén haberá, de manera paralela, unha actividad de sendeiros que realizará diferentes rutas durante eses días. (Puerto de pajares/Caldas de Luna, ascensións a Puerto de Ventana, sendeiro Tuiza / Torrebarrio. O grupo de sendeiros pernoctará no refuxio da Federación Galega de Montaña en Torrebarrio. LEMBRA que o día 26 hai ELECCIÓNS XERAIS e pode xurdir algún imprevisto que non permita chegar a Vigo antes das 20:00h, inda que se intentará. Solicita o voto por correo para máis seguridade.
15.06.2016
REUNIÓN DATA: 15 de xuño HORA: 20:00H LUGAR: Local social REUNIÓN INFORMATIVA de participanes no campamento.
05.06.2016
DISTANCIA: 16 KM, circular DIFICULTADE: FACIL TEMPO ESTIMADO: 6 H. HORA de SAÍDA: 09:00h dende o local do Club. HORA de CHEGADA: 20:00h. A Serra de Arga está ubicada no sistema montañoso Peneda-Gerés do veciño Portugal. A súa altitude máxima supera os 800m. Realizaremos unha ruta circular sen grandes desniveles. Comenzaremos a camiñar en Montaria dirixíndonos á virxen do Minho, continuamos na dirección do mosteiro de S.Joao desviándonos un pouco antes cara a rio e Montaria. ¡¡anímate!!
29.05.2016
DISTANCIA: circular de18 KM. DIFICULTADE: FACIL TEMPO ESTIMADO : 5 H. HORA DE SAÍDA: 8:30h dende o local do Club. Antigamente, toda a costa atlántica europea, estaba cuberta por un denso bosque que o home foi eliminando durante séculos de explotación, quedan actualmente recunchos que todos coñecemos, como as Fragas do Eume ou a Devesa da Rogueira entre outros, imos percorrer a “Devesa de Nimo” na serra do Barbanza, bosque autóctono de carballos, abeduis, salgueiros, loureiros, acivros, musgos e grandes fentas e lianas, cuberta vexetal que se mantén pola gran humidade durante todo o ano. Partiremos do Esteiro do Tambre, zona protexida pola Red Natura 2000, cunhas boas vista da Ponte Nafonso, logo de cruzar a ponte colgante sobre o Tambre, chegaremos á Area Recreativa, o edificio central foi proxectado polo arquitecto galego Antonio Palacios en 1932, de alí sae una senda de pescadores, que se vai estreitando a medida que nos diriximos á garganta, ladearemos o cañon por unhas pasarelas de madeira ata chegar á fraga, onde, se temos sorte, atoparemos os restos do “Ermitorio de San Gregorio” e do “Monasteiro de Corentia” (construcións medievais que un grupo de arqueólogos están intentando datar). No último treito a senda desaparece, !Pero nada que os nosos montañeiros non poidan superar!. A volta podémola facer polo mesmo sitio, ou para os mais atrevidos pola canle do encoro de Barrié de la Maza, a canle ten un muro duns 50 cm., e algunhas barandas, con boas vistas sobre o val e a garganta. É unha ruta para gozar, para cheirar a fraga, escoitar a auga e sentir o musgo nos pés, ás veces terá que ser nas mans , iso si, Auga terémola a fartar!! (levade un calzado que agarre ben). Nota: Como xa sabedes, dependendo dos que sexamos desprazarémonos en autobús ou en coches particulares, polo que cando vos anotedes indicar se tedes posibilidade de levar coche, aboaráselles ós condutores os gastos . PREZOS: SOCIOS 11€ SOCIOS SEN LICENCIA: 13€ NON SOCIOS: 17€
22.05.2016
DISTANCIA: circular de 14 Km. DIFICULTADE: Media (desnivel 680 m.)Apta para todas as edades TEMPO ESTIMADO: 6 H. HORA DE SAÍDA : 9:00h dende Montañeiros Celtas HORA DE CHEGADA: 20:00h ¡¡¡ANULADA!!! Ruta circular en la Peneda, de 6 horas de duración, aproximadamente. Socios c/lic: 11€ Socios s/lic: 13€ Non socios: 17€
18.05.2016
O día 21 de marzo é o último día para tramitar o billete de avión a Alpes. Ainda quedan algunhas prazas. As actividades previstas serán diversas e aptas a para todos os participantes. ANIMADEVOS!!!
14.05.2016
REUNIÓN: 12 de maio ás 20,30h, no Club Travesía circular polas Serras: Calva , Segundeira e Rábano. Lagoas: Lombo dos Currais, Serpe, Lacillo, Sextil alto,...Lago Sanabria Cúmios: Sextil, Montouto, Moncalvo, Sixtral SaÍda e chegada da travesía: Porto (Zamora) ¡ANÏMATE!
23.04.2016
TRAVESIAS MONTAÑEIRAS Nacen novas propostas de actividades, un socio, Victor, propón realizar certas travesías en Montaña en fins de semana, para socios federados con coñecementos suficientes en progresión na montaña, tanto en terreos nevados como non nevados. Grupo máximo de participantes entre 10 e 12. Esperamos que sexan todo un éxito. ¡non perdas a oportunidade de volver ou coñecer estas marabilosas montañas! O funcionamento será o seguinte: - Publicitaranse os luns na web, tamén no fcb - Os xoves haberá reunión dos participantes para organizar a actividade. • Segunda Travesía: TREVINCA SUR (AS LAGOAS IGNORADAS): Sextil (1757)-Moncalvo (2044) Data: 30 abril-1 maio Reunión: 28 abril ás 20,30h, no Club
09.04.2016
A Escola deportiva de Montañismo do Club vai á neve a experimentar e poñer en práctica os coñecementos de teoría impartida na aula, co seguinte programa: Datas 9 e 10 de abril Saída, venres día 8, ás 17,30h. do Club Chegada: domingo arredor das 20,30h. Aloxamento: O Trisquel Obxectivo a cumprir durante as dúas xornadas: Asimilara as técnicas de progresión en terreo nevado de pendentes moderadas Contidos: *Progresión sen crampóns ni piolets *Progresión sen crampóns e con piolet *Progresión con crampóns (se as condicións de neve o permiten) *Autodetencións en neve *Sistema de encordamento en neve Programa das xornadas: Sábado día 9 Comezaremos cedo a mañá, aredor das sete e remataremos as sete da tarde Adicado aos contidos da mellora da técnica persoal na progresión e as técnicas de seguridade de autodetención Domingo día 10 Comezaremos cedo aredor das sete e remataremos as catro da tarde Adicado á asimilación das técnicas do sábado máis o traballo técnico de progresión encordados
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net