Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
29.10.2016
DATA: 29-30 outubro LUGAR: Montes do Invernadoiro DIFICULTADE: Media SAÍDA: Sábado día 29 ás 7:00h dende o Club CHEGADA: Domingo día 30 ás 20;30h. O sábado chegamos a Vilariño de Conso e realizaremos a "ruta dos Soutos", un camiño de carro que nos leva ata Conso, ascendemos a San Cristo e volvemos pola beira do encoro do Bao. O domingo visitamos o Parque do Invernadoiro realizando varias rutas guiadas. Aloxamento: - Opción 1: Instalacións cedidas polo Concello de Vilariño de Conso. Levar estera e saco. Hai servizos con auga quente. - Opción 2: Hotel Restaurante Marco Longo (5 cuartos duplos e 7 simples). Prezo 25€ por persoa (incluído almorzo) PREZOS - autobús: Socios: 22€, Non socios: 31 - Cea e alomorzo: 15€ (Pode reservarse cea e almorzo no restaurante Marco Longo)
22.10.2016
DATA: 22-23 de outubro LUGAR: A FONSAGRADA (LUGO) DIFICULTADE: media SAÍDA: sábado 22 ás 6 da mañán ACTIVIDADE MONTAÑA-SENDEIRO 22-23 DE OUTUBRO FIN DE SEMANA POLA FONSAGRADA Sairemos cediño o sábado pola mañá, ás 6.00 horas deberemos estar xa en ruta. Levaremos preparada unha mochila de ataque porque xa iremos cara ao lugar do inicio da actividade. Faremos actividade o sábado e o domingo. Sábado.- Dende a aldea de Vilardíaz daremos comezo esta andaina que nos levará por vilas abandonadas, soutos, veremos corripas e outras construcións tradicionais. O camiño levará unhas 7 horas e será un sube e baixa constante. Esta é unhas das rutas máis espectaculares que se poden facer no concello de A Fonsagrada. Domingo.- Raiando entre Asturias e Lugo, percorreremos o desfiladeiro de Bustelin. Con inicio na ponte colgante de Rio de Porcos. Será un pouco máis curta que a ruta do día anterior, pero igualmente fermosa. O aloxamento será no Albergue Cantábrico, na Fonsagrada. PREZOS: DESPRAZAMENTO: 29€ (socios) 40€ (non socios) ALOXAMENTO: 10 Euros, (media pensión 26 euros) Albergue Cantábrico: Dispón de habitacións con liteiras provistas de roupa de cama. O prezo do albergue é: 10 euros Almorzo e cea: 16 euros O albergue dispón de habitacións dobre e individuais. Pendente de confirmar disponibilidade Nota: o albergue ten cociña para quen queira facer uso dela.
23.09.2016
DATA: 23 de setembro LUGAR: local social Montañeiros Celtas HORA: 21:00 Proxeción de fotografías do Campamento de montaña de Alpes 2016
16.09.2016
DATA: 16 a 18 de setembro LUGAR: PEÑA SANTA-PICOS DE EUROPA-MACIZO OCCIDENTAL DIFICULTADE: ALTA SAÍDA: VENRES 16 DE SETEMBRO ÁS 17:00 DESDE O CLUB PREZOS BUS : SOCIOS CON LICENZA 51 EUROS SOCIOS SEN LICENZA 53 EUROS NON SOCIOS 69 EUROS DOUS SOCIOS FAMILIA 98 EUROS PREZO PERNOCTA DARASE INFORMACIÓN EN VINDEIROS DÍAS TRAVESÍA CIRCULAR RODEANDO PEÑA SANTA no MACIZO OCCIDENTAL DE PICOS DE EUROPA • Venres día 16 de setembro: Saímos o venres 16 ás 17:00 h dende o Club (se imos en autobús) e chegaremos sobre as 00:00 h á Vega de Enol (calculamos unhas 7 horas de viaxe en bus) onde pernoctaremos no refuxio de Vega de Enol. O refuxio ten liteiras para 20 persoas, inda que caben ata 27 persoas excepcionalmente. • Sábado 17 de setembro (distancia:19 km, desnivel positivo: 1.200 m, duración aproximada: 9 h). Almorzamos no refuxio (1.100 m) e marchamos cara ó sur pasando por varias vegas (Enol, Pandecarmen, Vega la Piedra, Vega Canraso, Rondielle) ata chegar ó refuxio de Vegarredonda (1.410 m) onde pararemos para coller augar na fonte, pois no recorrido hai moi poucas. A partir do refuxio, desaparece a vexetación e a pedra calcaria gris cúbreo todo. Ademais, o camiño comeza a inclinarse moito. Seguimos en dirección sur cara ó antigo refuxio de Vegarredonda, remontando o incipiente río Junjumia. Ó chegar a Llampa Cimera, o camiño bifúrcase e seguimos ó este, pasando ó pé do muíño rochoso de Porru Bolu (2.025 m). Continuamos subindo ata o Mosquil de Cabollada (2.246 m) para logo ir alternando descensos e ascensos lixeiros típicos dos “jous” (dolina, depresión Kárstica): Jou Lluengu, Jou Las Pozas, Horcada Las Pozas (2.115 m), La Llerona ata chegar a Vega Huerta (2.040 m) onde termina a ruta do día e onde faremos vivac (cada un debe levar a súa propia tenda, saco e cea). En Vega Huerta hai un refuxio non gardado con capacidade para 4 persoas (8 se se apertan moito) pero non está garantido que haxa sitio. Tamén hai unha fonte que é difícil, pero non imposible, que se seque no verán, pequenas pradeiras de herba onde poder vivaquear comodamente e unhas vistas impresionantes da muralla sur de Peña Santa. Se chegamos pronto, e inda hai forzas, podemos ascender ata os Moledizos (2.295 m, 6 km en 3 horas). • Domingo día 18 de setembro (distancia:14 km, desnivel positivo:300m, duración aproximada: 6 h): Almorzamos e recollemos o noso vivac mentres vemos amencer polo macizo central. Saímos en dirección Oeste e en lixeiro descenso pola Pedroza Carbanal ata chegar á gudiña dos Portao de Cuba (1.957 m), un oasis chan e verde entre tanta pedra e desnivel. Abaixo vense Caín e o comezo da ruta do Cares. Xiramos á esquerda cara ós Basares para entrar ó Jou Santu polo paso encaixado do Boquete (2.015 m). Cruzamos o impresionante Jou Santu flanqueado por altas torres (Peña Santa, Piedra Luenga, Alba, Canal Parda) ata a gudiña do Jou Santu (2.112 m) e pasar ó Hou dos Asturinos. Dende aquí comeza un descenso pronunciado polas Barrastrosas ata volver ó refuxio de Vegarredonda (1.410 m), e logo ó refuxio de Vega Enol de novo. O autobús recolleranos sobre ás 16:00 h e chegaremos a Vigo sobre as 23:00 h. NOTA: existe a posibilidade de que todas aquelas persoa que queiran ir a esta zona, pero que non estean interesadas en facer a travesía, teña a posibilidade de ir no bus e reservar aloxamento no Refuxio de Vega de Enol para dous días. Neste caso a actividade que realicen sería libre.
04.08.2016
CAMPAMENTO AGOSTO 2016: PIRENEO NAVARRO Dado que hai socias e socios que non poden acudir a Alpes2016, proponse unha actividade de montaña para un grupo reducido de participantes, en datas a concretar, quizáis do 5 ao 14 ou 15 de agosto, no Pirineo Navarro, ANÍMATE!!, ponte en contacto o antes posible co Club para continuar coa planificación das actividades.
27.07.2016
GRUPO COMPLETO VISITA O BLOG: https://alpes2016campamentodemontanachamonixmontblanc.wordpress.com/
30.06.2016
Alpes 2016: Campamento de Montaña. Chamonix-MontBlanc ¡¡ÚLTIMOS DÍAS!!... ¡¡¡QUEDAN TRES PRAZAS EN AVIÓN!!!... ¡O DIA 27 DE MAIO PECHAMOS GRUPO! Viaxe en avión: Vigo-Xenebra, transporte en autobús Xenebra-Chamonix Datas: 30 de xullo a 14 de agosto 30:xullo: Saída ás 6,45h de Peinador, escala en Madrid, e chegada a Chamonix sobre 13,30h. 14 agosto: Saída de Chamonix a mediodía e chegada a Vigo ás 23,05 Prezo socios: 340€ (inclúe desprazamento Vigo-Chamonix-Vigo) A axencia pon á disposición un seguro de viaxe por 6 euros, opcional. Imprescindible licencia de montaña con cobertura na zona Prazas: 50 participantes Inscripcións no Club, hai prazos de inscripción e de pago. Información máis detallada no Club. Máis información no seguinte enlace:
27.06.2016
¡¡¡NOVEDADE!!! CARREIRAS POR MONTAÑA ¿corres por montaña?.... NACE o grupo de carreiras de Club Montañeiros Celtas, dentro da Sección de Montaña, así terás con quen compartir paixóns, ilusións, adestramentos, desprazamentos... Contacta con Patri e/ou Santi a través do correo: carreiraspormontes@celtas.net. ¡¡esperámoste!!
24.06.2016
DATA: 24 a 26 de xuño LUGAR: PUERTO PAJARES-UBIÑA DIFICULTADE: ALTA SAÍDA: 07:00 DENDE O CLUB PREZOS: BUS SOCIOS CON LICENZA 31 EUROS SEN LICENZA 33 EUROS NON SOCIOS 43 PERNOCTA FEDERADOS 10 EUROS/ NON FEDERADOS 20 EUROS A actividade consistirá nunha travesía en autonomía que nos levará dende o Puerto de Pajares a Peña Ubiña, con dous vivacs. Para os de sendeiros hai organizadas varias rutas dende Puerto de Pajares a Caldas de Luna, ascencións no Porto da Ventana, e o sendeiro dende Tuiza a Torrebarrio. Tamén haberá, de manera paralela, unha actividad de sendeiros que realizará diferentes rutas durante eses días. (Puerto de pajares/Caldas de Luna, ascensións a Puerto de Ventana, sendeiro Tuiza / Torrebarrio. O grupo de sendeiros pernoctará no refuxio da Federación Galega de Montaña en Torrebarrio. LEMBRA que o día 26 hai ELECCIÓNS XERAIS e pode xurdir algún imprevisto que non permita chegar a Vigo antes das 20:00h, inda que se intentará. Solicita o voto por correo para máis seguridade.
15.06.2016
REUNIÓN DATA: 15 de xuño HORA: 20:00H LUGAR: Local social REUNIÓN INFORMATIVA de participanes no campamento.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net