Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Volver a actividades futuras
05.12.2017
DATA: 8, 9 e 10 de decembro LUGAR: A Seara (O Caurel) SAÍDA: 8:00 H desde Avda. Camelias CHEGADA: 20:00 h O venres subiremos a Formigueiros, pasando pola lagoa de Lucenza. O sábado iremos ao Montouto. O domingo realizaremos o fermoso percorrido entre A Seara e Rugando, pasando polo Mazo e aa devesa do Cervo. En Rugando nos recollerá autobús de volta a Vigo. Máis información na oficina do Club. Non demores a inscrición para poder confirmar canto antes o autobús. Aloxarémonos no refuxio da Federación de Montaña en A Seara. Hai que levar saco de durmir. Animádevos a percorrer as belezas de outono no Caurel!!!
24.09.2017
DATA: 24 de setembro Con motivo do 75 aniversario do Club Montañeiros Celtas propoñémoslle aos socios e socias e aos amantes da montaña unha actividade na que faremos o que máis nos gusta facer: subir montañas. Ascenderemos 11 montes emblemáticos da nosa provincia, que suman máis de 8.000 metros de altitude, en ascensións simultáneas, facendo coincidir o momento de cumio entre as 13:00 e as 15:00 horas. Anótate a unha das seguintes propostas: A Groba (654m), Monte Galiñeiro (709 m), Chan do Rei (954 m), Faro de Avión (1.151 m), Outeiro Vello (1.055 m), Monte Seixo (1.014 m), Monte Paralaia (446 m), Monte San Benito (1.014 m), Peña de Francia (914 m) e Monte das Mámoas (764 m).
12.08.2017
DATAS: 12-20 agosto LUGAR: Bensaque (Huesca) SAÍDA: venres 11 de agosto ás 23:30 h REGRESO: domingo 20 de agosto ás 9:00 h (hora aproximada de chegada a Vigo) Celebrando os 75 anos de historia de Montañeiros Celtas, o Club está organizando un campamento de verán na zona de Benasque, aberto a todas aquelas persoas que queiran disfrutar da montaña no mes de agosto. Poderemos repetir a xesta dos primeiros socios do club, realizando a ascensión ao Aneto e facendo historia coma eles. Haberá sendeiros e montaña a rabear!! O aloxamento será nun albergue de Cerler, onde temos reservadas 30 prazas, no que nos ofertaron un prezo de media pensión (dormida, almorzo e cea) de 25 € por persoa e día. O albergue conta con máis servicios opcionais: aluguer de roupa de cama e preparación de picnic para as actividades diarias. Para o desprazamento a Pirineos empregaremos autobús. PREZOS: Autobús: 125 € socios, 163 € non socios Albergue: 25 € persoa e día, incluíndo (MP: aloxamento con literas en habitación múltiple, almorzo e cea) A QUE AGARDAS!! DATA LÍMITE: 26 DE XULLO
01.08.2017
DATAS: 1-12 agosto LUGAR: Alpes Berneses (SUIZA) XA NON QUEDAN PRAZAS!!! Viaxe en avión: Santiago-Zurich-Santiago. Vigo-Santiago-Vigo e Zurich-Grindelwald-Zurich en autobús Saída: 1 de agosto ás 8,45h dende o Club, para facturar en Lavacolla ás 10,05h. En Grindelwald sobre ás 16h. Regreso: 12 agosto, saída de Grindelwald a media mañán e chegada a Vigo sobre 20,30h. PREZO: Viaxe: socios con licencia polo Club: 325€, Socios con licencia por outro Club 340€ (inclúe desprazamento Vigo-Santiago-Zurich-Grindelwald-Vigo) Aloxamento: Albergue Mountain Hostel e Camping Eigernordwand (distantes entre si 900m aprox) Albergue: Reservados cuartos de 4 e de 6 persoas. Prezo estancia: 434€/persoa (Está incluído o almorzo. Hai que sumar 42€ de imposto municipal por adulto estancia completa). O albergue dispón de lugar e menaxe (tarteiras, …) para cociñar. Máis información no documento adxunto
03.06.2017
DATAS: 3 e 4 de xuño LUGAR: Pena Trevinca (Ourense) SAÍDA: Sábado 3 de xuño ás 8:00 h, desde Praza de España REGRESO: Domingo 4 de xuño ás 21:00 h NIVEL DE DIFICULTADE: alta PRAZO DE INSCRICIÓN: 30/05/2017 Saída de fin de semana polo Macizo de Pena Trevinca e o Teixedal de Casaio , co percorrido de travesía pero durmindo no Refuxio da Folerpa (Vilanova). Sábado 3 de xuño: Saíndo de "La Cabrita" (1.896 m), realizaremos un percorrido polo Teixedal de Casaio, proseguindo polo Maluro (1.932 m) e baixando a Vilanova. Domingo 4 de xuño: saíndo de Vilanova, subiremos ao Pena Trevinca (2.127 m) e seguiremos cordal en dirección norte, pasando por Pena Negra (2.121m) e Pena Surbia (2.116 m), para rematarmos en "La Cabrita". Para desprazarnos ata a zona empregaremos coches particulares. A durmida é no Refuxio da Folerpa (Vilanova), onde hai posibilidade de encargar cea e almorzo. Hai que levar saco de durmir. PREZOS: Aloxamento: 4,5 € Cea: 13 € Almorzo: 3,5 € Nota: As persoas que se anoten teñen que indicar as opcións que queren reservar
24.05.2017
QUEDAN 3 PRAZAS EN AVIÓN!! hai de prazo ata o día 24 de maio! , día en que será pechado o voo de grupo. Podes anotarte no correo info@celtas.net ou nas oficinas do club. ANÍMATE!!! http://www.celtas.net/glg/actividades_ficha.php?id=928&tit=1-12%20agosto.%20ALPES%20BERNESES%20(SUIZA)
29.04.2017
DATAS: 29-30 abril e 1 de maio LUGAR: La Hermida (Cantabria) SAÍDA: venres 28 abril, ás 12 da noite desde o club CHEGADA: luns 1 de maio, ás 21:00 h Esta saída montañeira combina actividade de ferratas con sendeiros de montaña, nunha paraxe moi montañeira, como é o desfiladeiro de La Hermida en Cantabria. PROGRAMA DE ACTIVIDADES Saímos o día 28 de abril ás 12 da noite. Chegamos ás 7 da mañá ao pobo La Hermida (Cantabria), almorzamos (no propio albergue dan almorzo a quen reserve con antelación) deixamos as cousas no albergue e imos ao centro de recepción para que nos dean uns consellos e quen teña que alugar material o poida recoller. -Día 29 de abril: a) Opción vías ferratas: Faremos a integral da vía ferrata principal de La Hermida (http://www.ferratalahermida.com/images/poster_via_ferrata_recorridos_w.pdf). A metade de vía, esta divídese en dous. Un tramo continua en ascenso ata rematar en cova Ciloña (desnivel de 700 metros), e outro tramo continua en travesía horizontal cruzando dúas pontes tibetanas. Intentaremos facer os dous tramos se nos da tempo e nos quedan forzas. b) Opción sendeiros: realizarase un sendeiro pola zona. -Día 30 de abril: a)Faremos unha preciosa ruta montañeira moi aérea, chamada a "Pasá del Picayo" que enlaza o pobo de San Esteban con Tresviso (http://www.karstic.es/lugar/pasa-del-picayo/). A ruta pasa por canles, outeiros, camiños tallados na pedra, cables, covas e pasos estreitos... non lle falta de nada. Iso si, require esforzo: 19 Km e 1.000 metros de desnivel acumulado. (http://www.montesdeasturias.com/Picos/picayo.htm) b)Tamén haberá opción de sendeiro. -Día 1 de maio: a) Opción vías ferratas: Faremos a curta pero explosiva ferrata do pozo Milar (200 metros nunhas 2 horas) que remata cun salto en tirolina. http://www.ferratalahermida.com/tarifas/70-el-milar b) Opción turista: Visita libre ao pobo de Potes. O autobús levará e traerá o que desexe pasear polo precioso pobo de Potes. Sobre as 14:00, xa comidos, emprenderemos a viaxe de regreso a Vigo para chegar aprox sobre as 21:00. Material necesario para as vías ferratas (pódese alugar na oficina de recepción da ferratas): Arnés. Casco. Cabos de ancoraxe con disipador. Estar federado (polo seguro). Material opcional: Guantes No centro de recepción das vías ferratas da Hermida se pódese alugar o material para todo o día. Si vas a necesitar alugar material ou pedir prestado ao club, hai que reservalo ao facer a inscrición da saída. As tarifas son: Arnés. 5€ Casco: 5€ Cabos de ancoraxe con disipador: 8€ Para facer as vías ferratas non fai falta ter coñecementos de escalada. Só é necesario ter un mínimo de forma física, estar federado, ganas de pasalo ben e, evidentemente, non ter vertixe. O primeiro tramo de vía ferrata que faremos o domingo é o máis facíl. Está recomendado para principiantes e nenos. Co cal, se tes dúbidas se gustarache ou crees que non podes facelo, sempre poderás probar e, terminado ese primeiro tramo sinxelo, decidir se continuas coa vía ferrata ou abandonar. Ao longo das vías ferratas hai varios "escapes" sinalizados por se alguén quere retirarse e baixar andando ata o albergue. En caso de mal tempo que impida facer a vía ferrata, realizaremos unha ruta de sendeirismo ou visita a algunha cova da zona. PREZOS: Prezo bus: Socios: 48€ Non socios: 60€ Aloxarémonos no albergue La Hermida (http://www.alberguelahermida.com) que está a pé das vías ferratas: Media pensión 23 euros (2 dias 46 euros). Solo durmir 10 euros (2 días 20 euros) Almorzo 1er día: 3€ euros
13.04.2017
DATAS: 13-16 abril SAÍDA: Mércores 12 de abril, ás 12 noite REGRESO: domingo 16 de abril, ás 20:00 h XOVES 13 ABRIL Percorrido polo Cañón do Río Lobos. Entrada por Hontoria del Pinar (Burgos) e saída en Ucero (Soria) VENRES 14 DE ABRIL Actividade montañeira en Parque Natural de Laguna Negra y Circos Glaciares de Urbión (2228 m) SÁBADO 15 DE ABRIL Actividade montañeira en Parque Natural de Laguna Negra y Circos Glaciares de Urbión (2228 m) DOMINGO 16 ABRIL Regreso a Vigo PREZO BUS: Socios con licenza: 55 € Non socios: 72 € ALOXAMENTO: Cabanas (3 persoas): 46 € (só hai praza para 15 persoas) Bungalow (6 personas): 120 € (hai prazas para 12 persoas) Tenda (2 persoas): 7,5 euros/persoa e día (con 2 persoas mínimo) O aloxamento é nun camping de 1ª categoría, con restaurante, polo que hai posibilidade de menú para cear e almorzos (prezos por determinar)
11.03.2017
DATAS: 11 e 12 de marzo SAÍDA: 11 de marzo, desde Montañeiros Celtas ás 8:30 h (Avda. das Camelias) REGRESO: 12 de marzo, ás 17:00 h, chegada a Vigo ás 20:00 h SÁBADO 11 DE MARZO Dende os Codos do Larouco ascenderemos ao alto de Feixeiro (861 m) cunha subida tendida e moi doada. Descenderemos cara o pobo do Larouco para continuar a Petín, onde remataremos a xornada do sábado. Visita ao museo da Pobra de Trives (Montañeiros Celtas convida á entrada ao museo) DOMINGO 12 DE MARZO Saída dende a Ponte da Cigarrosa (A Rúa) dirixíndonos cara Valdegodos, pasando por Cógomo e rematando no Barco de Valdeorras. Estase xestionando a visita a unha adega. PREZOS ALOXAMENTO: Albergue Villamartín de Valdeorras: 17,50 €/persoa. Incluíndo pernota, cea e almorzo. Hai que levar saco de durmir. BUS: Socios con licenza 21€ Non socios 28€
17.02.2017
DATA: 17 LUGAR: Local social Montañeiros Celtas HORA: 20:15 Reunión informativa sobre a actividade de montaña programada para o 1-12 de agosto nos Alpes Berneses.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net